Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de abril de 2019

CARTA ABERTA A SABELA FOLE, Nº 2 DO PP ÁS ELECCIONS MUNICIPAIS

Imaxe: Faro de Vigo
Apreciada Sabela:
Mentiríache  si che dixera que non me sorprendeu a túa candidatura como nº 2 nas listas municipais do Partido Popular ao Concello de Cambados, non por que non sexas unha muller lista e  sobradamente preparada para ocupar tal posto senón, mais ben, por que hai que ter moitos collóns (no teu caso, mais ben, ovarios) para decidir ir de nº 2 dun tipo tan mediocre, inútil e incompetente como é (e como non deixa de  demostrarnos cada dia ) Luís Aragunde; supoño que, a mellor expresión, que se pode aplicar e que me ven a cabeza neste caso é aquela famosa frase que aparece no Cantar do Mio Cid: “Que buen vasallo sería si tuviera un buen señor”  pero como estamos en democracia e cada quen é libre de presentarse onde e con queira, non serei eu quen che quite a túa  ilusión nesta nova e apaixonante experiencia.
En calquera caso e se mo permites vouche dar uns sinxelos consellos para que o teu salto á política local da man do partido da gaivota sexa o mais frutífero posible.
Para empezar debes saber que   sendo muller e ocupando un posto tan alto nas listas peperas cambadesas hai dous formas de proceder totalmente opostas, eu vouchas a describir ámbalas dúas   para que escollas a que consideres mais axeitada e para elo vounas a nomear como o Método “ANABEL CARRO” e o Método “ROSIÑA OUBIÑA”.


O Método “ANABEL CARRO”  
A priori, querida Sabela, este método semella ser o que mellor se che podería  aplicar por que contas con todas as condicións necesarias: unha muller nova , con estudos, capacidade e con gañas de aportar ideas propias, en resumidas contas, un sopro de aire fresco para o partido que ten a  súa sede na rúa Castelao e (aínda) a nome dun histórico contrabandista.
En calquera lugar do mundo recomendaríache, cos ollos pechados,  este método pero Cambados e, sobre todo, o PP cambadés sonche moi “particulares”:  si optas por destacar, por demostrar a túa valía, os que están por riba túa xerarquicamente poden entender que lles poderías “mover o asento” e deixar, ben ás claras, a súa  mais que evidente incompetencia, co que acabarían buscándoche un posto, un cargo sen ningunha relevancia para que non lle resultes “incomoda” ao bulto sospeitoso que está ao fronte; por todo  elo, véxome na necesidade de explicarche o segundo método, que optei en denominar como: o Método “Rosiña Oubiña”
O Método “ROSIÑA OUBIÑA”
Para este método, Sabela,  non necesitas reunir ningunha condición especial, si cadra ter un corpo de infarto que esperte os desexos mais escuros, pecaminosos e inconfesables  e, sobre todo, aparentar ser unha perfecta incompetente, canto mais burra aparentes ser moito mellor; poderías pensar que estou esaxerando pero podo  asegurarche que, mesmamente, poderías chegar a tenente de alcalde ou, incluso, a deputada no Parlamento de Galicia. Como xa sinalei anteriormente, para este método non necesitas de ningún don especial, limítate a sorrir coma unha parva, non levarlle a contraria ao teu líder supremo   e a repetir o que el diga.
Vista a  presentación da túa candidatura a semana pasada e vista a primeira parida que soltaches por esa boquiña de piñón no referente a que “los partidos gobernantes estuvieron más preocupados por sus problemas internos que por las necesidades del pueblo” podo afirmar, sen temor a equivocarme, que apostaches decididamente por este último método: repites coma un papagaio  as mesmas “chorradas” que ven dicindo Luisiño dende fai tempo.
Gustaríame que tiveras un pouco de criterio propio e me dixeras cales consideras   que son, para ti, “las necesidades del pueblo” por que para min son, por poñerte, soamente,   algún exemplo que o Centro Médico non peche polas tardes no verán ou en Semana Santa; que o pobo de Cambados  e, por extensión, a comarca do Salnés conte cunha ambulancia medicalizada ou que o Concello amose o seu apoio incondicional a un sector tan importante para o pobo de Cambados  como é o sector pesqueiro; en calquera dos tres casos mencionados ¿onde estaba o teu amado partido? ¿e Luisiño? ¿Quizais mirando que muros estaban tirados aínda que non foran competencia do Concello?     
O de que os membros do cuatripartito se leven ben ou mal entre eles é unha “soplapollez” impropia dunha persoa da túa intelixencia;   por poñerte un exemplo ao teu “nivel” intelectual para que o entendas: cando eu levo o meu coche ao taller impórtame ben pouco que o mecánico a noite anterior discutira coa súa muller ou que botaran o mellor “polvo” da súa vida,  mentres a min me repare ben o meu auto. ¿ou acaso ti como avogada vas dicirme que todos os teus clientes cáenche estupendamente? Permíteme que o poña en dúbida.


En calquera caso e polo ben da túa recen iniciada carreira política espero que teñas presente os meus consellos e sei, a ciencia certa, que haberá días en que te desesperes e queiras deixalo todo  por que ter a Aragunde de superior é un reto certamente complicado, vamos, que é (e perdoa a comparación) como ter un fillo parvo, coa diferenza de que o fillo polo menos amósate un certo afecto e Luisiño, egoísta onde os haxa,  soamente pensa en si mesmo.


UN SAUDO E NON DESESPERES


RICARDO DOMINGUEZ REY

    


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.