“Apreciado” Luís:
Como sei que estes días non deben ser doados para ti escríboche esta misiva para que vexas que moitos non te esquecemos nin nos teus peores momentos e para ver si así te animas algo e, tamén, para que fagas un acto de reflexión e de conciencia que, sen dúbida, virache ben para ordenar ideas e sentimentos si, finalmente, consigo algo diso dareime por satisfeito.
Quizais a pregunta que te debes estar a facer ou, polo menos, moitos estamos a facernos por ti é ¿Qué vas a facer agora?; dende logo esta cuestión daría para unha boa porra na que se podía sortear, entre os que acertaran, un xamón, unha caixa de viño ou, mellor aínda, uns bancos para o xardín como os que lle regalaches as mariscadoras, da igual que foran de segunda man ou, neste caso, mais ben de segundo cu.
Eu non teño vocación de pitonisa nin de botador de cartas pero, dende o meu humilde punto de vista, penso que hai tres posibles opcións que semellan as mais viables por non dicir as únicas.


Unha desas posibilidades sería que volveras ao teu antigo posto de encargado da lonxa, un posto que, todo sexa dito, mais de un daría un brazo por ocupar e que ti, obviamente, no seu dia non ocupaches polos teus inexistentes méritos; como digo isto sería o que faría unha persoa que tivera un mínimo de dignidade, algo do que ti levas tempo demostrando carecer; e podería poñerche exemplos dabondo comezando polo que, persoalmente, considero o mellor alcalde que tivo Cambados, Don Xoán Antonio Pillado Silvoso; o bo de Xoán Antonio puido ter feito coma ti e acollerse a dedicación exclusiva, pero non fixo tal cosa: compaxinou o seu cargo de alcalde coa súa profesión de mestre, o que, en mais dunha ocasión, levouno a saír ao mediodía do colexio, meterse no concello e volver as tres da tarde ao colexio sen ni sequera comer. Cando deixou a alcaldía, coa conciencia tranquila de ter servido aos seus veciños, non lle caeron os aneis de volver a centrarse na súa profesión; obviamente pedirche que ti fagas o mesmo é unha utopía: fai catro anos cando perdiches a alcaldía podías ter compaxinado perfectamente o teu cargo como xefe da oposición coa teu posto na lonxa, pero nada mais lonxe de realidade, buscáronche un posto no que che consolidaches como o “vago político” e non é porque o diga eu; afortunadamente, hoxe en dia, con un simple “click” de ordenador, pódese acceder á paxina web da Deputación onde, entre outras cousas, constan as actas das sesións e o grado de participación dos seus membros e ti non destacas, precisamente, por ter unha participación activa senón, mais ben, todo o contrario.

Non sei que futuro te depara, si me pides a miña opinión, gustaríame que foras o candidato dentro de catro anos porque iso seria sinónimo de que a dereita non volvería a gañar porque por moito que queiras negalo xa eres un “ bulto” sospeitoso para o teu partido e, por moito que digas, como dixeches nesta pasada campaña que o Partido Popular de Cambados era o único partido que se presentaba con opción de gañar e gobernar; disto último poderiamos falar “largo e tendido” porque en Cambados o Partido Popular presentase sempre cun vantaxe de votos sobre os demáis; un saco de votos que lle dan un bo número de estómagos agradecidos; estómagos agradecidos como , por exemplo, Fulares que non soamente foi que o colocaran a el senón tamén a súa moza e hasta ao seu irmán (neste caso na Deputación), obviamente iso produce un efecto dominó porque xente como os pais de Fulares, a nai da moza de Fulares, e demais familia votará en consonancia (aínda que algúns “te fueran de izquierdas de toda la vida”).

Cóidate moito Luisiño e faite bo
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.