Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PLAZA DE ABASTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAZA DE ABASTOS. Mostrar todas las entradas
20 de mayo de 2020
O MERCADILLO DE CAMBADOS O MÉRCORES 27 E CON POSTOS NA RÚA NOVA
Esta tarde o concelleiro de Comercio, Fernando Patricio, o concelleiro de Economía, Xurxo Charlín e a alcaldesa do Concello de Cambados, Fátima Abal, reuníronse con representantes do sector textil, calzado e venda de flores do mercado ambulante de Cambados para realizar a apertura do mercado de forma consensuando, xa que o día anterior, o goberno municipal se reuniran cos representantes dos ambulantes do sector de alimentación.
Nesta reunión informóuselle das novas medidas esixidas polo Goberno en canto a distanciamento e separación dos postos, así coma do control do aforo do mercado para a seguinte Fase de Desescalada.
As medidas principais tomadas polo Concello segundo establece a normativa son: a separación entre postos de 3 metros entre postos, o distanciamento frontal entre os mesmos de 6 metros, o control de aforo do recinto de mercado polo que se delimitara todo o perímetro do mesmo, con zonas de accesos ao mesmo, e a obrigatoriedade de tódolos postos de usar mascarillas hixiénicas e dispor de guantes e xel hidroalcohólico para os ambulantes nos seus postos.
O Concello de Cambados reuniuse no día de onte cos representantes da Asociación de Ambulantes de Galicia e con vendedores ambulantes do sector da alimentación, roupa, calzado e flores, acordando por consenso que os postos do paseo marítimo amplíen o distanciamento frontal de 6 metros, polo que os postos que están situados na beirarrúa que limita o paseo marítimo e que están máis próximos o mar van ter que montar, mentres sexa obrigatorio a norma de distanciamento pola situación sanitaria, dentro do propio paseo marítimo, e así desta maneira amplíe a zona do mercado ambulante polo interior do paseo marítimo, ademais tamén se van dispoñer de novas zonas onde monten os ambulantes e que poidan cumprir coas normas de distanciamento, así vanse instalar postos na zona do paseo que discorre entre a casa do mar e o acceso da illa das Goritas, no aparcamento do paseo marítimo en San Tome e na Rúa Nova para que desta maneira poidan ter o espazo reservado a totalidade dos postos do mercado.
Dende o departamento de Urbanismo e o de Comercio estase a realizar a planimetría coa nova distribución dos postos ambulantes cumprindo as normas de distanciamento esixidas por lei, para poder realizar a apertura o más pronto posible e que esta prevista para o mércores 27 de maio, xa que esta documentación debe ser remitida a Portos de Galicia e a Consellería de Sanidade.
A maiores de estas medidas sanitarias tamén se esixira que tódolos postos teñan a vista a licenza de ambulante concedida polo Concello, e que aumenten o coidado para evitar que os plásticos ou lixo dos postos poidan caer o mar.
Na mesma reunión algúns dos responsables dos postos xa solicitaron a súa recolocación na Rúa Nova.
O concelleiro de comercio Fernando Patricio, informoulle que tódolos postos que o desexen poderán dirixirse ao Concello ou por medio do encargado do mercado para solicitar a súa localización na Rúa Nova a vez que se mantén tamén os postos na anterior ubicación, e que estas medidas serían temporais mentres dure o estado de alarma sanitaria.
Dende o Goberno Municipal, valoran a reunión como moi positiva, xa que os representantes dos ambulantes mostraron unha gran cooperación para que o mercado sexa seguro e cumpra coas maiores garantías hixiénicas e sanitarias posibles. Con estas medidas o Concello de Cambados segue a traballar co Plan de reactivación económica do Concello de Cambados iniciado coa apertura de comercios e terrazas de hostalería e no que participan distintos representantes dos principais sectores económicos de Cambados.
26 de febrero de 2020
A NEGLIXENCIA DA XUNTA OBRIGA AO CONCELLO A REPARAR A PLAZA DE ABASTOS
Vese na obriga de acometer un gasto importante debido ó deterioro do edificio e o retraso nas autorizacións sectoriais por parte da Xunta de Galicia para o novo.
O concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago, estivo comprobando a evolución dos traballos de restauración da cuberta na Praza de Abastos, que se realizan sobre as tres partes da cuberta: a chapa metálica, o fibrocemento e a Tella, uns traballos que levan realizando ao longo destes días aproveitando o bo tempo.
Segundo Samuel Lago, “de todos é coñecido que a intención deste goberno, é a de realizar unha nova e máis moderna Praza de Abastos no concello de Cambados, unha Praza de Abastos acorde ao século XXI como se merecen todos os cambadeses e cambadesas. Un compromiso no que o grupo de goberno insiste día a día sen descanso, pero ante o atraso reiterado por causas alleas a este Concello, tivemos que tomar decisións relevantes e de extrema urxencia para que as traballadoras e traballadores, así como os clientes, puidesen ter unhas condicións dignas. Pero quero tranquilizar a todos os usuarios e clientes da Praza de Abastos que aínda que nestes momentos renovemos a cuberta na súa totalidade, seguiremos esixindo axilidade para realizar unhas novas instalacións como merecemos todos e todas».
As obras terán un custe de arredor de 18.000 € e consisten nunha reforma integral do teito que garanta a ausencia de goteiras para o resto da vida útil da praza.
O goberno agradece a paciencia de todos e cada un dos traballadores e dos clientes da nosa praza de Abastos, que estiveron sufrindo as inclemencias do tempo con filtracións continuas, e pide comprensión pola espera, xa que tivemos que esperar a que a climatoloxía fose a apropiada.
Por outra banda, o concelleiro de Facenda Xurxo Charlín, confirma que desde a súa concellería van a estudar a posibilidade de facer rebaixas fiscais , agradecendo a súa colaboración e paciencia.
1 de noviembre de 2019
RUMORES DUN POSIBLE BOICOT CIRCULAN XA POR CAMBADOS
Aproxímanse as datas para o traslado do mercadillo dos mércores e sábados de Cambados desde o Paseo Marítimo ata as rúas Hospital e Nova.
Ao parecer e segundo fontes moi fiabéis dentro do colectivo de vendedores ambulantes hai un pequeno sector contrario a proposta. Este pequeno número de ambulantes estaría disposto a seguir co mercadillo no actual emplazamento e pagar as cuotas directamente a Portos do Estado.
Segundo as ordenanzas os espazos para a venda ambulante xa están delimitados polo que unha vez se traslade o mercado ninguén podería vender os seus produtos na zona do Paseo Marítimo.
Este blog puido saber que detrás destas maniobras atópanse persoas vencelladas a un partido político.
Pronto veremos quenes levantan a voz contra este proxecto.
O Concello conta en principio co apoio da maior parte de vendedores ambulantes e da Asociación de Comerciantes "Zona Centro", que ve niso unha oportunidade de potenciar esta zona peonil do pobo. O traslado do mercado do paseo marítimo -o seu emprazamento actual- á zona peonil supoñería un importante aforro para as arcas locais, que agora pagan 60.000 euros ao ano en concepto de taxas portuarias pola ocupación destes terreos. Hai anos xa se esbozou a posibilidade de trasladar o mercado a rúa Hospital, pero entón atopouse co rexeitamento dos vendedores ambulantes, que temían con este cambio perder visibilidade e, en consecuencia, vendas.
Desde o Concello argumentan que todas son vantaxes, pois, ademais do aforro económico e de dinamizar a zona peonil, o paseo marítimo resulta un emprazamento demasiado exposto ás inclemencias do tempo durante os meses de inverno.
Nuns seis meses ou algo máis este artigo estará en vixencia absoluta.
16 de noviembre de 2018
A PRAZA DE ABASTOS ABRIRÁ O SÁBADO 8 DE DECEMBRO
A Praza de Abastos e o mercado ambulante estarán abertos ao público o vindeiro 8 de decembro. Aínda sendo un día festivo, á petición de varios praceiros e vendedores o Concello decideu abrir nesa xornada. Unha axencia de viaxes xa anunciou a súa intención de que nese día unha excursión faga unha parada na zona. A medida foi aprobada hoxe por unanimidade na Mesa de Comercio Local do Concello.
O 8 de decembro, é o día da Inmaculada Concepción e cae este ano en sábado, e ven precedido por un xoves festivo (6 de decembro, Día da Constitución). A apertura tamén é posible grazas a que a Xunta ten seleccionado o 8 de decembro como un dos festivos nos que os centros comerciais poden abri-las súas portas.
A axencia de viaxes que anunciou a súa intención organizar unha excursión ó Salnés, facendo parada en Cambados tiña interese en que a plaza de abastos estivese aberta. A empresa cree que entre os atractivos da localidade están os produtos do mar que se ofrecen na praza e as atractivas ofertas do mercado ambulante.
Por outra banda nesa ponte festiva tamén arrancará a instalación do alumeado de Nadal en Cambados. O tema tamén foi abordado na Mesa do Comercio. Este ano, haberá máis rúas e prazas decoradas. A rúa Real, vivirá este ano pequenas trocos polas obras , coa instalación de longas grilandas ó longo de toda a vía. O orzamento do alumeado este ano rolda os 13.000 euros.
16 de marzo de 2018
PUBLICADA NO BOE A MODIFICACIÓN DO CONVENIO DAS OBRAS DA PLAZA DE ABASTOS
A Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo, do Ministerio de Fomento publica a no B.O.E. a addenda* de modificación ao Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Cambados, para a realización e financiamento das obras de remodelación da Praza de Abastos e Lonxa Vella.
Podedes ver a contimuación tal e como se reflicte no B.O.E. de hoxe.
*É todo aquel engadido que se agrega a un escrito. Neste caso ven sendo ampliación de plazos para a obra
Resolución de 28 de febrero de 2018, de la Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo, por la que se publica la Addenda de modificación al Convenio de colaboración con la Xunta de Galicia y el Ayuntamiento de Cambados (Pontevedra), para la realización y financiación de las obras de remodelación de la Plaza de Abastos y Lonja Vieja.
Con fecha de 13 de diciembre de 2017 se ha suscrito la Addenda de modificación al Convenio de colaboración suscrito el 30 de diciembre de 2014 entre el Ministerio de Fomento, la Consellería de Economía e Industria de la Xunta de Galicia y el Ayuntamiento de Cambados (Pontevedra) para la realización y financiación de las obras de Remodelación de la Plaza de Abastos y Lonja Vieja.
En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 48.8 de la Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público, procede la publicación en el «Boletín Oficial del Estado» de dicha Addenda de Modificación, cuyo texto figura como anexo a esta resolución.
Madrid, 28 de febrero de 2018. –El Director general de Arquitectura, Vivienda y Suelo, Antonio Aguilar Mediavilla.
ANEXO
Addenda de modificación al Convenio de colaboración suscrito el 30 de diciembre de 2014 entre el Ministerio de Fomento, la Consellería de Economía e Industria de la Xunta de Galicia y el Ayuntamiento de Cambados (Pontevedra) para la realización y financiación de las obras de remodelación de la Plaza de Abastos y Lonja Vieja
REUNIDOS
En Madrid, a 13 de diciembre de 2017.
De una parte, don Julio Gómez-Pomar Rodríguez, Secretario de Estado de Infraestructuras, Transporte y Vivienda, en virtud de nombramiento por el Real Decreto 851/2014, de 3 de octubre, en nombre y representación del Ministerio de Fomento, de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 62.2 g) de la Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.
De otra, don Francisco José Conde López, Conselleiro de Economía e Industria de la Xunta de Galicia, en virtud del nombramiento efectuado en el Decreto 229/2012, de 2 de diciembre, actuando en el ejercicio de su cargo y con las competencias que le confiere el artículo 34 de la Ley 1/1983, de 22 de febrero, reguladora de la Xunta de Galicia y de su Presidencia, modificada por las Leyes 11/1998, de 20 de octubre, y 7/2002, de 27 de diciembre.
Y de otra, doña Fátima Abal Roma, Alcaldesa del Ayuntamiento de Cambados (Pontevedra), que actúa en nombre y representación de éste, designada en la sesión plenaria de 13 de junio de 2015 y facultada para este otorgamiento en virtud de lo dispuesto en el artículo 124.1 de la Ley 7/85, de 22 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local, modificada por la Ley 57/2003, de 16 de diciembre.
EXPONEN
Primero.
Que con fecha 30 de diciembre de 2014, y previa su tramitación reglamentaria el Ministerio de Fomento, la Consejería de Economía e Industria de la Xunta de Galicia y el Ayuntamiento de Cambados (Pontevedra) suscribieron un Convenio para la realización y financiación de las obras de Remodelación de la Plaza de Abastos y Lonja Vieja en Cambados (Pontevedra), con un presupuesto máximo de tres millones seiscientos mil euros (3.600.000 €), IVA incluido.
Segundo.
Que ante la imposibilidad material de cumplir las anualidades recogidas en el referido Convenio, las partes intervinientes proponen la modificación del Convenio de las siguientes cláusulas, quedando estas de la siguiente forma:
Cláusula segunda.
Su cláusula segunda «Presupuesto, financiación y anualidades» mantiene su contenido a excepción de la distribución recogida de las anualidades, al desaparecer las correspondientes a los pasados años de 2014, 2015 y 2016, al no poderse licitar en este último las referidas obras objeto del Convenio, quedando como se recoge en el siguiente cuadro, con la conformidad de todas las partes intervinientes.
.
Cláusula quinta.
Su cláusula quinta «Abono de la financiación y financiación autonómica», mantiene su contenido íntegro de su primer párrafo relativo a los pagos que realice el Ayuntamiento y modificándose los correspondientes a la Comunidad Autónoma de Galicia, quedando de la siguiente forma el segundo párrafo de la presente cláusula:
«La aportación financiera de la Comunidad Autónoma de Galicia será con cargo a la aplicación presupuestaria 09.30.751-A 761.3 financiada con fondos propios libres (1010) y proyecto de inversión número 2015.00275. De conformidad con lo dispuesto por los artículos 19.4 y 26 de la Ley 9/2007, del 13 de junio, de subvenciones de Galicia, se trata de una subvención de concesión directa que se instrumenta a través de ese convenio de colaboración. La Consejería de Economía, Emprego e Industria se compromete a transferir al Ayuntamiento los fondos correspondientes a cada aportación, una vez que se presente la justificación documental de la aprobación de la certificación de obra ejecutada y la factura en cada una de las anualidades.»
Cláusula séptima.
Su cláusula séptima «Destino aportación financiera», se mantiene su contenido íntegro de los dos primeros párrafos, quedando el tercero modificado de la siguiente forma» la entrega del proyecto de ejecución deberá realizarse obligatoriamente dentro del segundo semestre de 2017, a fin de que pueda ser supervisado y aprobado técnicamente por la Oficina de Supervisión de proyectos de la Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento».
Cláusula duodécima.
Su cláusula duodécima «Duración» queda redactada de la siguiente forma, conforme lo estipulado en el artículo 49 h).1º de la Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público en relación a su Disposición Adicional Octava: «el Convenio entrará en vigor desde su fecha de publicación en el BOE tras la inscripción en el Registro Electrónico Estatal de Órganos e Instrumentos de Cooperación del sector público estatal y tendrá vigencia hasta el 31 de diciembre de 2020». Antes de su finalización y previo el cumplimiento de todos los trámites y requisitos, las partes podrán acordar unánimemente su prorroga, que en ningún caso podrán sobrepasar el día 2 de octubre de 2023.
Cláusula decimoquinta.
La cláusula decimoquinta «Naturaleza y régimen jurídico» queda redactada de la siguiente forma: « Este Convenio tiene naturaleza administrativa y se regirá por lo dispuesto en el artículo 47 apartado 1.º, de la Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público, y demás normas de derecho administrativo aplicables.
El resto de las cláusulas del Convenio permanece inalterable.
Cláusula adicional.
Conforme se establece en la Ley 40/2015, de 1 de octubre, se modifica el término «Convenio de Colaboración» por «Convenio» para su adaptación a lo establecido en la citada Ley.
Y, en prueba de conformidad, se suscribe esta Addenda de modificación del Convenio en el lugar y fecha arriba indicados, por triplicado ejemplar y a un sólo efecto, quedando uno de ellos en poder de cada una de las partes.–El Secretario de Estado de Infraestructuras, Transporte y Vivienda, Julio Gómez-Pomar Rodríguez.–El Consejero de Economía e Industria, Francisco José Conde López.–La Alcaldesa del Ayuntamiento de Cambados, Fátima Abal Roma.
30 de marzo de 2017
O B.N.G. PREGUNTA NO PARLAMENTO POLA NOVA PLAZA DE ABASTOS
O grupo parlamentario do B.N.G. ven de presentar no Parlamento Galego presentou hoxe unha pregunta para ser respostada de forma oral na Comisión relativa as presuntas irregularidades no convenio firmado para a realizar a nova plaza de abastos de Cambados.
Solicitan a través desta comisión que o Parlamento Galego inste ao goberno de Feijóo a realizar todo o que sexa necesario para que se leve a no termo a obra, empezando por axilizar a aprobación do novo Plan Especial de Portos para toda a zona portuaria de Cambados e a evaluación ambiental precisa para a súa aprobación. Todo elo para que as obras empecen á maior brevidade posible.
3 de octubre de 2016
APROBACIÓN DO REGULAMENTO DA PRAZA DE ABASTOS E OUTRAS DUAS DE CAMBADOS
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 25 de agosto de 2016, acordou aprobar inicialmente o Regulamento da Praza de Abastos do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, ábrese un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias.
No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, e non entrará en vigor ata que se publique íntegramente o texto no BOPPO e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 (15 días hábiles a partires da recepción do acordo por parte da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma).
OUTRAS ORDENANZAS APROBADAS E PUBLICADAS NO BOP
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 26 de abril de 2016, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, ábrese un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias.
No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional. A modificación non entrará en vigor ata que se publique íntegramente o texto da modificación no BOPPO e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 (15 días hábiles a partires da recepción do acordo por parte da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma).
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 28 de xullo de 2016, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza Reguladora da Administración Electrónica do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, ábrese un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias.
No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Dacordo co disposto no artigo 70.2 da lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local a ordenanza non entrará en vigor ata que se publique íntegramente o texto no BOPPO e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 (15 días hábiles a partires da recepción do acordo por parte da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma).”.
17 de junio de 2016
FOMENTO, XUNTA E CONCELLO DE CAMBADOS ACORDAN MODIFICAR OS PLAZOS DA NOVA PLAZADE ABASTOS
A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra acolleu esta mañá unha reunión entre o Ministerio de Fomento, a Dirección Xeral de Comercio e concello de Cambados na que se aprobou a modificación das anualidades do proxecto de mellora do mercado de abastos desta localidade.
Na reunión estiveron presentes a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, así coma os concelleiros Víctor Caamaño e José Ramón Abal. O encontro cos representantes do Ministerio realizouse por videoconferencia.
Deste xeito, todas as partes se suman ao acordo ao que se chegou na anterior reunión mantida entre a Dirección Xeral de Comercio e o concello de Cambados en maio deste ano. Durante ese encontro as dúas administracións acordaron modificar as anualidades previstas para a execución das melloras da praza de abastos de cara a poder ampliar as mesmas ata o ano 2019. “Para poder executar o proxecto de reforma do mercado é necesario que esta aprobado definitivamente o Plan de Usos de Portos, e esta tramitación aínda levará uns meses, polo que consideramos esencial poder contar con maiores prazos de tempo para poder abordar a execución da obra”, explicou o delegado territorial.Esta será a única variación do convenio que permitirá poñer en marcha o novo mercado, e que foi firmado polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o concello de Cambados e que suporá un investimento conxunto de 3,6 millóns de euros.
26 de mayo de 2016
ESTE SÁBADO CELEBRA NA PLAZA DE CAMBADOS O DIA DO MERCADO
Preto de 40 prazas de abastos da provincia de Pontevedra celebran este sábado día 28 de maio o Día dos Mercados, no marco da campaña internacional Quere o teu mercado (Love Your Local Market) que en Galicia impulsa a Xunta en colaboración co sector e os concellos.
A provincia de Pontevedra está a ser a máis activa nunha iniciativa que chega na súa edición a preto de 90 mercados de toda a comunidade. Ao longo das últimas semanas lévanse realizado actividades nos diferentes mercados que culminarán pasado mañá cunha celebración coa que se pon o foco na calidade e a profesionalidade das prazas galegas e o seu papel como motor do comercio de proximidade.
Entre as distintas actividades que se están a celebrar por toda Galicia inclúense degustacións gastronómicas, actuacións musicais e teatrais, charlas informativas e iniciativas nas redes sociais, ou sorteo de agasallos, entre outros.
Ademais vense de activar unha nova app móbil, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da cal os usuarios poden acceder de forma rápida a información sobre os mercados, prazas de abastos ou feiras tradicionais máis próximas, que se poden buscar nun xeolocalizador.
Campaña internacional
Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong, Estados Unidos e Canadá. A iniciativa leva nesta edición a nivel internacional o lema Mercados, a túa opción saudable!, facendo fincapé sobre a contribución das prazas de abastos tanto a unha alimentación equilibrada como á creación de riqueza e emprego.
4 de mayo de 2016
A NOVA PRAZA DE ABASTOS NON SERÁ REALIDADE ATA O 2020 CANDO MENOS
Na reunión estiveron presentes os concelleiros Víctor Caamaño, José Ramón Abal e Xurxo Charlín, así como a interventora municipal e dous técnicos da Dirección Xeral de Comercio.
Durante o encontro as dúas administracións acordaron modificar as anualidades previstas para a execución das melloras da praza de abastos de cara a poder ampliar as mesmas ata o ano 2019. “Para poder executar o proxecto de reforma do mercado é necesario que esta aprobado definitivamente o Plan de Usos de Portos, e esta tramitación aínda levará uns meses, polo que consideramos esencial poder contar con maiores prazos de tempo para poder abordar a execución da obra”, explicou o delegado territorial.
Esta será a única variación do convenio que permitirá poñer en marcha o novo mercado, e que foi firmado polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o concello de Cambados e que suporá un investimento conxunto de 3,6 millóns de euros.
A Dirección Xeral de Comercio dará traslado ao Ministerio de Fomento da decisión de ambas administracións.
O delegado territorial volveu a destacar hoxe a aposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria polo futuro do mercado de Cambados como referente do novo modelo comercial do que non falou foi dos atrancos que a mesma Xunta estaba a poñer aprobando un proxecto que meses despois non era "legal".
15 de febrero de 2016
non VAMOS A CONTAR MENTIRAS (tralará........)
“Cuando hay un cambio de gobierno se hereda el debe y el haber. O solo querían el relevo para presumir de todo lo que dejamos, como por ejemplo los 2,5 millones de euros del Ministerio de Fomento, o los 700.000 euros de la Consellería de Industria para la nueva Plaza de Abastos,…”, indica. Así, Aragunde reitera que “cuando hay un cambio de gobierno se hereda todo.
Diario de Arousa- 14-2-16
Incluso as falacias e as chapuzas?
Logo de buscar solución ao exceso da altura referido por Portos, agora Patrimonio non a aproba e indica ademais que a fachada do actual mercado ten especial interese cultural e debe manterse, do mesmo xeito que o resto da estrutura. Isto "impediría" executar o actual proxecto e o cuadripartito denuncia que son "trabas políticas", e non se entende que Aragunde prometera algo que agora é inviable. Ou mentía Aragunde ou finalmente son paus nas rodas, que as institucións gobernadas polo PP, están a por ao actual goberno local.
O informe de Patrimonio forma parte das consultas realizadas por Portos.
O problema chega coas consideracións sobre a praza. A solución de retranquear a segunda planta do novo edificio para minimizar o impacto estético sobre a fachada marítima, ocorreuselles despois de perder o poder en Cambados ou xa se sabía e Aragunde ocultouno?, Onde se ía a instalar a maquinaria de aire, etc. para evitar quitar espazo á zona das placeras?.O informe sinala tamén "valores culturais" da fachada e, de feito, o proxecto herdado do PP recollía deixala en pé, e o resultado sería como unha especie de Porta de Alcalá, pero o problema vén porque entenden que ha de manterse toda a estrutura actual, co cal quedarían dous edificios pegados, algo que non especificouse ou ocultou, ao sinalar que nese espazo quedaría unha zona de esparcimiento.
Si Portos inclúe estas observacións é imposible facer o actual proxecto?. Poderían facer outro, pero iso conleva volver empezar. Ademais, pídese someter o plan especial a un procedemento ambiental ordinario, en lugar do habitual simplificado, o que permitise que todo estivese solucionado nun mes, en lugar de en un ano ou máis.
Non está nas mans do cuatripartito, as trabas por parte da Xunta, Portos e Patrimonio e o engano ao pobo por parte do PP local como leemos arriba. Apuntándose tantos anulados por fora de xogo.
O popular Luís Aragunde, vendeu todo feito (fume), con financiamento pactado e visita da ministra de Fomento incluída e ata dixo que tiña pleno dominio da praza, pero non, tíñase so a concesión. Para mostra o titular de La Voz de Galicia do ano 2014, e no que sinala que xa se acumulaban retrasos.4 de noviembre de 2015
COBRANZA LIXO PRAZA, PADRÓN MERCADO E PADRÓN PRAZA 4T 2015
De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, do 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), se lles comuníca aos contribuíntes suxeitos ao TAXA RECOLLIDA, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DE RESIDUOS ADOITADOS correspondentes á Remesa: LIXO PRAZA 4T2015 TAXAS POR SERVIZOS MERCADO correspondentes a la Remesa: MERCADO 4T 2015 e TAXAS POR SERVIZO PRAZA correspondientes a la Remesa: PRAZA 4T 2015 e pertencentes ao período impositivo do ano 2015 o seguinte:
Durante o prazo comprendido entre o 5 de Novembro de 2015 ata o 5 de Xaneiro de 2016 ou o inmediato hábil posterior se aqueles fosen festivos), procederase ao cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.
Forma de Pagamento:
ABANCA
CAIXABANK
BANCO SABADELL
Domiciliacións: Os contribuíntes poderán efectuar o pago a través dunha entidade bancaria. Para iso dirixirán comunicación escrita coa antelación suficiente.O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Advertencia, ao vencimiento do prazo en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, determinará o inicio do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles tal como fíxanse nos arts. 26, 28 e 161 da lei 58/2003 Xeral Tributaria.
15 de septiembre de 2015
ANUNCIO MERCADO DAS FLORES DE DIFUNTOS
O Concello informa a tódalas persoas interesadas que desexen instalar un posto de venda de flores para defuntos, que este ano cambiarase a ubicación dos postos, trasladándose para o Pavillón de exposicións da Nave de Peña. O mencionado mercado celebrarase dende o mércores, día 28/10/2015 ao domingo, 01/11/2015 inclusive.
Para a instalación dos postos será necesario presenta-la solicitude no Rexistro Xeral do Concello, previo o aboar as taxas correspondentes no Servizo de Recadación, sito na 1ª planta do Concello.
A documentación a achegar coa solicitude indícase no modelo de instancia. A data de remate de presentación de solicitudes será o 16 de outubro de 2015.
5 de agosto de 2015
CONTRATO MENOR PARA A REALIZACIÓN DAS REPARACIÓNS NA PRAZA DE ABASTOS
Esta obra e para subsanar erros que ten a actual e que de persistir verianse obrigados a cerrar a praza e mentras non se fai a nova terán que seguir con esta.
CONTRATO MENOR PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE: REPARACIÓNS NA PRAZA DE ABASTOS.
EXPTE: IN 223A 2015-24. Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Feder.
DATA DE INSERCIÓN DO ANUNCIO: 5 DE AGOSTO DE 2015.
PREZO DO CONTRATO: 19.982,23 €. IVE 4.196,27 €. Total contrata: 24.178.50 €.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS: XOVES, DÍA 13 DE AGOSTO DE 2015, ÁS 14.30 HORAS.
Non se admitirán baixas e no caso de formularse melloras estas indicaranse sen IVE.
DOCUMENTACIÓN QUE SE ACOMPAÑARÁ CO PRESUPOSTO:
- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.
- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social.
- Declaración de que a empresa dispón de medios para levar a cabo o obxecto do contrato.
- Declaración de non atoparse incurso en prohibicións de contratar coa administración.
DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA AO PRESENTE ANUNCIO:
Memoria-Valorada.
Declaración de que a empresa dispón de medios para levar a cabo o obxecto do contrato.
Declaración de non atoparse incurso en prohibicións de contratar.
ARQUIVOS ADXUNTOS
Descargar: DECLARACIÓN prohibicións contratar.docx - 11,11 Kb.
Descargar: DECLARACIÓN de dispoñer de medios.docx - 11,24 Kb.
Descargar: Presuposto Obras Reparación Praza de Abastos.pdf - 4.561,65 Kb.













