Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de noviembre de 2019

RUMORES DUN POSIBLE BOICOT CIRCULAN XA POR CAMBADOS


Aproxímanse as datas para o traslado do mercadillo dos mércores e sábados de Cambados desde o Paseo Marítimo ata as rúas Hospital e Nova.

Ao parecer e segundo fontes moi fiabéis dentro do colectivo de vendedores ambulantes hai un pequeno sector contrario a proposta. Este pequeno número de ambulantes estaría disposto a seguir co mercadillo no actual emplazamento e pagar as cuotas directamente a Portos do Estado.


Segundo as ordenanzas os espazos para a venda ambulante xa están delimitados polo que unha vez se traslade o mercado ninguén podería vender os seus produtos na zona do Paseo  Marítimo.
Este blog puido saber que detrás destas maniobras atópanse  persoas vencelladas a un partido político.
Pronto veremos quenes levantan a voz contra este proxecto.


O Concello conta en principio co apoio da maior parte de vendedores ambulantes e da Asociación de Comerciantes "Zona Centro", que ve niso unha oportunidade de potenciar esta zona peonil do pobo. O traslado do mercado do paseo marítimo -o seu emprazamento actual- á zona peonil supoñería un importante aforro para as arcas locais, que agora pagan 60.000 euros ao ano en concepto de taxas portuarias pola ocupación destes terreos. Hai anos xa se esbozou a posibilidade de trasladar o mercado a rúa Hospital, pero entón atopouse co rexeitamento dos vendedores ambulantes, que temían con este cambio perder visibilidade e, en consecuencia, vendas.

Desde o Concello argumentan que todas son vantaxes, pois, ademais do aforro económico e de dinamizar a zona peonil, o paseo marítimo resulta un emprazamento demasiado exposto ás inclemencias do tempo durante os meses de inverno.

Nuns seis meses ou algo máis este artigo estará en vixencia absoluta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.