Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de noviembre de 2018

A PRAZA DE ABASTOS ABRIRÁ O SÁBADO 8 DE DECEMBRO


A Praza de Abastos e o mercado ambulante estarán abertos ao público o vindeiro 8 de decembro. Aínda sendo un día festivo, á petición de varios praceiros e vendedores o Concello decideu abrir nesa xornada. Unha axencia de viaxes xa anunciou a súa intención de que nese día unha excursión faga unha parada na zona. A medida foi aprobada hoxe por unanimidade na Mesa de Comercio Local do Concello.
O 8 de decembro, é o día da Inmaculada Concepción e cae este ano en sábado, e ven precedido por un xoves festivo (6 de decembro, Día da Constitución). A apertura tamén é posible grazas a que a Xunta ten seleccionado o 8 de decembro como un dos festivos nos que os centros comerciais poden abri-las súas portas.
A axencia de viaxes que anunciou a súa intención organizar unha excursión ó Salnés, facendo parada en Cambados tiña interese en que a plaza de abastos estivese aberta. A empresa cree que entre os atractivos da localidade están os produtos do mar que se ofrecen na praza e as atractivas ofertas do mercado ambulante.
Por outra banda nesa ponte festiva tamén arrancará a instalación do alumeado de Nadal en Cambados. O tema tamén foi abordado na Mesa do Comercio. Este ano, haberá máis rúas e prazas decoradas. A rúa Real, vivirá este ano pequenas trocos polas obras , coa instalación de longas grilandas ó longo de toda a vía. O orzamento do alumeado este ano rolda os 13.000 euros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.