Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de mayo de 2020

O MERCADILLO DE CAMBADOS O MÉRCORES 27 E CON POSTOS NA RÚA NOVA


Esta tarde o concelleiro de Comercio, Fernando Patricio, o concelleiro de Economía, Xurxo Charlín e a alcaldesa do Concello de Cambados, Fátima Abal, reuníronse con representantes do sector textil, calzado e venda de flores do mercado ambulante de Cambados para realizar a apertura do mercado de forma consensuando, xa que o día anterior, o goberno municipal se reuniran cos representantes dos ambulantes do sector de alimentación.
Nesta reunión informóuselle das novas medidas esixidas polo Goberno en canto a distanciamento e separación dos postos, así coma do control do aforo do mercado para a seguinte Fase de Desescalada.

As medidas principais tomadas polo Concello segundo establece a normativa son: a separación entre postos de 3 metros entre postos, o distanciamento frontal entre os mesmos de 6 metros, o control de aforo do recinto de mercado polo que se delimitara todo o perímetro do mesmo, con zonas de accesos ao mesmo, e a obrigatoriedade de tódolos postos de usar mascarillas hixiénicas e dispor de guantes e xel hidroalcohólico para os ambulantes nos seus postos.

O Concello de Cambados reuniuse no día de onte cos representantes da Asociación de Ambulantes de Galicia e con vendedores ambulantes do sector da alimentación, roupa, calzado e flores, acordando por consenso que os postos do paseo marítimo amplíen o distanciamento frontal de 6 metros, polo que os postos que están situados na beirarrúa que limita o paseo marítimo e que están máis próximos o mar van ter que montar, mentres sexa obrigatorio a norma de distanciamento pola situación sanitaria, dentro do propio paseo marítimo, e así desta maneira amplíe a zona do mercado ambulante polo interior do paseo marítimo, ademais tamén se van dispoñer de novas zonas onde monten os ambulantes e que poidan cumprir coas normas de distanciamento, así vanse instalar postos na zona do paseo que discorre entre a casa do mar e o acceso da illa das Goritas, no aparcamento do paseo marítimo en San Tome e na Rúa Nova para que desta maneira poidan ter o espazo reservado a totalidade dos postos do mercado.
Dende o departamento de Urbanismo e o de Comercio estase a realizar a planimetría coa nova distribución dos postos ambulantes cumprindo as normas de distanciamento esixidas por lei, para poder realizar a apertura o más pronto posible e que esta prevista para o mércores 27 de maio, xa que esta documentación debe ser remitida a Portos de Galicia e a Consellería de Sanidade.
A maiores de estas medidas sanitarias tamén se esixira que tódolos postos teñan a vista a licenza de ambulante concedida polo Concello, e que aumenten o coidado para evitar que os plásticos ou lixo dos postos poidan caer o mar.
Na mesma reunión algúns dos responsables dos postos xa solicitaron a súa recolocación na Rúa Nova.
O concelleiro de comercio Fernando Patricio, informoulle que tódolos postos que o desexen poderán dirixirse ao Concello ou por medio do encargado do mercado para solicitar a súa localización na Rúa Nova a vez que se mantén tamén os postos na anterior ubicación, e que estas medidas serían temporais mentres dure o estado de alarma sanitaria.

Dende o Goberno Municipal, valoran a reunión como moi positiva, xa que os representantes dos ambulantes mostraron unha gran cooperación para que o mercado sexa seguro e cumpra coas maiores garantías hixiénicas e sanitarias posibles. Con estas medidas o Concello de Cambados segue a traballar co Plan de reactivación económica do Concello de Cambados iniciado coa apertura de comercios e terrazas de hostalería e no que participan distintos representantes dos principais sectores económicos de Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.