Na reunión estiveron presentes os concelleiros Víctor Caamaño, José Ramón Abal e Xurxo Charlín, así como a interventora municipal e dous técnicos da Dirección Xeral de Comercio.
Durante o encontro as dúas administracións acordaron modificar as anualidades previstas para a execución das melloras da praza de abastos de cara a poder ampliar as mesmas ata o ano 2019. “Para poder executar o proxecto de reforma do mercado é necesario que esta aprobado definitivamente o Plan de Usos de Portos, e esta tramitación aínda levará uns meses, polo que consideramos esencial poder contar con maiores prazos de tempo para poder abordar a execución da obra”, explicou o delegado territorial.
Esta será a única variación do convenio que permitirá poñer en marcha o novo mercado, e que foi firmado polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o concello de Cambados e que suporá un investimento conxunto de 3,6 millóns de euros.
A Dirección Xeral de Comercio dará traslado ao Ministerio de Fomento da decisión de ambas administracións.
O delegado territorial volveu a destacar hoxe a aposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria polo futuro do mercado de Cambados como referente do novo modelo comercial do que non falou foi dos atrancos que a mesma Xunta estaba a poñer aprobando un proxecto que meses despois non era "legal".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.