Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta O POMBAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O POMBAL. Mostrar todas las entradas

2 de junio de 2020

O POMBAL VOLTA POUCO A POUCO A NORMALIDADE


O COMPLEXO DEPORTIVO DO POMBAL XA DISPÓN DE ACCESIBILIDADE 

O Campo de O Pombal xa dispón de accesibilidade coa retirada dos banquillos que se levou a cabo nestos días, era unha problemática o acceder dun campo a outro ou incluso ocupar sitio nalgunhas zoas da grada. Tanto o Concelleiro de Obras Samuel Lago como a Concelleira de Deportes Cruz Leiro tiveron claro dende un principio que era unha prioridade levar a cabo esta actuación nas instalacións deportivas. Actualmente os banquillos atópanse situados o outro lado do campo quedando o paso de acceso tanto para persoas como para sillas totalmente liberado, podendo acceder dun campo a outro sen ningún tipo de obstáculo. Esta era unha problemática moi demandada polos usuarios dende fai moitos anos, e que por fin a día de hoxe se lle dou solución. 

Neste tempo de estado de alarma tamén se fixeron outro tipo de traballos necesarios no Complexo deportivo , como foron o mantemento da herba artificial, reparación de redes e pequenos arranxos que eran necesario levar a cabo, tamén se fixeron actuacións de protección contra o COVID para protexer os traballadores e os deportistas cara a reapertura das instalacións nas distintas fases. Colocáronse mamparas na zoa da oficina de atención o público, xel , cartelería informativa e incluso métodos para desinfección do calzado a entrada das instalacións, o igual que bandas de distanciamento e vallado para o acceso. 

Actualmente as instalacións deportivas atópanse abertas para a practica do deporte o aire libre sen contacto como o tenis e o atletismo,e co paso a segunda fase ampliouse tamén o acceso a zoas cubertas do pavillón para a práctica de deportes individuais sen contacto . Samuel Lago e Cruz Leiro en conxunto coas competencias de obras e deporte seguirán traballando e realizando todo tipo de reformas e modificacións que se precisen para que os recintos deportivos do noso concello estén o máis aptos posibles para os e as deportistas e en xeral para a veciñanza cambadesa.


5 de octubre de 2018

O CAMBADOS TENIS DE MESA AGARDA CONTAR CO APOIO DOS CAMBADESES NO SEU DEBUT COMO LOCAIS NO POMBAL


Si a semana pasada producíase un fito histórico, como foi o debut dun equipo cambadés na máxima categoría do seu deporte e de cantos se practican no noso povo, este domingo o fito logra un novo nivel.
No pavillón de O Pombal o vindeiro domingo vivirá unha xornada histórica, o debut dun equipo da vila na máxima categoría do deporte cambadés a nivel nacional. O Cambados Tenis de Mesa, enfrontarase neste primeiro encontro na casa ao Visit Pontevedra de Monte Porreiro. O partido disputarase desde ás 10.30 horas.

O Tenis de Mesa Cambados atópase moi ilusionado cara este reto. Agarda contar co equipo de gala para a estrea, que será o formado polo canteirán Fernando Padín, o ruso Stepan Shaposhnikov e o alemán de orixe chinesa Qiu Liang para tentar sumar puntos na clasificación ante un rival cunha traxectoria común aos cambadeses, acaba de ascender e o seu obxectivo é manter a categoría.

Desde o facebook dos locais animan a asistir ao encontro: "Os esperamos en el Pombal para ayudar al equipo a conseguir la victoria".




8 de noviembre de 2015

O POMBAL ESCENARIO DOS ADESTRAMENTOS DE SELECCIÓNS FEMININAS GALEGAS








Unha vez confirmados os seleccionadores galegos femininos, xa están en marcha as primeiras sesións de adestramento, que son preparatorias para a primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se vai a disputar en Navarra. As seleccións navarra e balear serán as rivais de Galicia nesa primeira fase.

Quin Balbuena e Edu González, os seleccionadores Sub 18 e Sub 16 respectivamente, acaban de facer as primeiras convocatorias, nas que queren ver ao maior número posible de xogadoras.

Quin Balbuena dirixirá a Sub 18, Edu González a Sub 16 e Susú Cores a Sub 12

Campos de O Pombal, en Cambados


A dirección deportiva da Federación Galega de Fútbol elixiu as instalacións deportivas de O Pombal, en Cambados, para a realización dos dous adestramentos, que se levarán a cabo este luns día 9 á mesma hora utilizando os dous campos dispoñibles no complexo.

Son 28 as xogadoras convocadas polo seleccionador Sub 18 para esta primeira sesión e 34 da Sub 16. As futbolistas citadas deberán estar ás 17:00 horas nas instalacións de O Pombal. Saírá un autobús da Igrexa de San Pedro de Mezonzo (A Coruña) ás 15:45 e pasará polo estadio de Sán Lázaro sobre as 16:30. Asimesmo tamén sairá un autobús da Praza América de Vigo ás 16:15 horas e pasará pola Ponte da Barca, en Pontevedra, sobre as 16:35.




8 de abril de 2015

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE AS OBRAS DO CAMPO DO POMBAL ESTÁN A FACERSE MAL








Os socialistas de Cambados culpan ás continuas improvisacións do concello dos defectos na obra do campo de fútbol do Pombal.
A formación que lidera Fátima Abal teme que as presas por querer inaugurar o novo céspede do campo de fútbol do Pombal antes das eleccións poidan encarecer o seu custo.
Este campo, que actualmente está sendo sometido a un cambio de céspede, presenta enormes charcas, debido á falta de desnivel no piso. Os socialistas opinan que estas charcas poderíanse evitar se se construíse o campo cun pequeno desnivel entre o centro e os lados como se fai habitualmente.
Sen embargo, en lugar de aproveitar a retirada do antigo céspede para solucionar este problema, está previsto colocar o novo céspede co piso tal e como está, co cal as charcas seguirán estando ahí. Ademáis, tamén se vai a instalar unha nova grada nunha zona completamente ilóxica, xa que en vez de estar nunha zona máis resgardada da chuvia, a súa orientación fai que con catro gotas os espectadores acaben completamente mollados.
Segundo Fátima Abal “estamos ante un novo exemplo das continuas improvisacións do goberno de Luis Aragunde. Por desgraza, este concello tennos demasiado acostumados a improvisar continuamente, a facer as
cousas sin pensar nunca nas consecuencias, para tratar despois de remendar os erros. Esta forma de actuar repercute negativamente nos petos dos cambadeses e cambadesas.
"En lugar de arranxar os problemas estructurais limítase a poñer parches- continua Fátima Abal- a poñer un céspede novo para facer a foto xunto a Louzán e o problema principal continuará. Esta é a forma de traballar de Aragunde e o seu equipo.










13 de agosto de 2014

ADXUDICADAS AS OBRAS DO POMBAL E DO INST. CABANILLAS





A empresa Copcisa será a responsable da execución dos traballos de  mellora de instalacións deportivas en O Pombal, no concello de Cambados. Así o acordou a Xunta de Goberno da Deputación, que adxudicou as obras en 649.729,15 €.
Os traballos afectarán tanto a diversas instalacións do Complexo Deportivo de O Pombal como ao pavillón polideportivo do IES Ramón Cabanillas.
No Pombal as obras afectarán ao campo de fútbol siatuado máis ao sur do complexo, que se dotará de herba artificial de última xeración e dunha grada cuberta, así como de novos accesos. O terreo de xogo marcarase para un campo do fútbol 11 e dous de fútbol 7 e dotarase de diverso equipamento, rede recolle balóns, iluminación, sistema de rego e drenaxe.
En canto á grada aumentará o aforo do campo e, ademais, estenderase a cuberta ata enlazar coa grada existente e renovarase o peche perimetral do campo.
Tamén no Complexo de O Pombal, procederase á substitución do peche perimetral das pistas de tenis.

Pola súa banda, o Pavillón do Ramón Cabanillas dotarase de nova pista deportiva e dunha grada con capacidade para 124 persoas. Ademáis, ampliarase a cuberta do pavillón e construiranse aseos para o público, almacéns de pista e cuarto de instalacións. Tamén se farán melloras nos acabados interiores e na fachada do edificio.


20 de mayo de 2014

AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NON ESTARÁN LISTAS ANTES DE MARZO DO 2015




Oito meses ata ter as instalacións deportivas adecuadas a partir do comezo das obras. Así se desprende da información publicada hoxe no BOPPO. Polo que entre unhas cousas e outras non estará todo listo antes de marzo do 2015.

Anuncio da Deputación Provincial de Pontevedra polo que se convoca procedemento aberto para a contratación da obra “mellora das instalación deportivas en Cambados”, (CPV 45230000).
1.—ENTIDADE ADXUDICADORA.
a.) Organismo: Deputación Provincial de Pontevedra.
b.) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de contratación, Facenda e Patrimonio.
2.—OBXETO DO CONTRATO E ORZAMENTOO BASE DE LICITACIÓN:
A execución da obra “mellora das instalación deportivas en cambados”, con orzamento de licitación
de 637.499,99 euros, máis 133.875,00 euros correspondentes ó IVE.
Plazo de execución: Oito meses.


Máis información aquí a partires da páxina 2 do BOPPO.




6 de marzo de 2014

BÚSCASE PERSOAL PARA NON FACER NADA


Poñámonos en situación. Cambados. Calquer tarde que o teu fillo teña adestramento nas instalacións municipais do Pombal, campos de fútbol, e máis en concreto vestiarios ou aseos. 

Atopas varios letreiros como o da fotografía e preguntaste..... Para que quere alguén operarios de limpeza si con unha nota deste tipo xa arranxas a suciedade. Hai que lembrarlle a quen puxo a nota e a os seus superiores que quenes usan na sua maioría entas instalacións, son rapaces de entre 5 e 15 anos e que sobre todo os máis pequenos teñen menos coidado coas cousas.

Suponse que si alguén é encargado da limpeza ten que limpar. Non sería normal que tivera que limpar excrementos nas duchas pero un bote de calquer cousa penso que non é raro. Por eso, agás aparezan cousas raras en lugares non axeitados para esas cousas, o persoal de limpeza está para limpar. E si non queren limpar, xa saben,  hai xente agardando por un traballo e non lle importaría ter que limpar.

Por esa regra nas ruas so se limparían as follas das árbores, e cousas non tiradas polos seres humanos posto que como hai papeleiras non se deberían botar ao chan.


4 de septiembre de 2013

ABANDONO TOTAL. ABANDONO TOTAL ESTE POVO VAI CARA SER O MÁIS PORCO DO MUNDO POR CULPA DO ALCALDE E AMIGOS...












                                                                                                                                                                                    Un paseo polas instalacións deportivas do Pombal sirve para atopar un abandono preocupante. Maleza por todas partes, suciedade, a pista de atletismo desfacéndose pouca pouco, niños de avespas, e toda clase de botellas e plásticos.

Pero todo isto débese a que fai meses que ninguén está encargado da limpeza e mantemento de ditas instalacións. Hai uns dias estaba un empregado municipal pasando a desbrozadora polas beiras dunha finca particular que invadían apenas uns centímetros o asfalto, pero ninguén se fai cargo de adecentar as beirarruas do Pabellón, que son de todos. Nas fotos podedes ver parte de todo o que se ve si te achegas a o Complexo Polideportivo do Pombal.
Este Concello tan amigo de crear postos de traballo debería ir pensando en poñer a alguén que se encargara de ter as instalacións algo decentes. Hai que recordarlle a o alcalde que pasar a entregar diplomas está moi ben pero tamén estaría ben mandar a alguén que tivera conta e limpase as instalacións onde centos de rapaces desenrolan a sua afición polo fútbol ou atletismo.