.jpg)
Atopas varios letreiros como o da fotografía e preguntaste..... Para que quere alguén operarios de limpeza si con unha nota deste tipo xa arranxas a suciedade. Hai que lembrarlle a quen puxo a nota e a os seus superiores que quenes usan na sua maioría entas instalacións, son rapaces de entre 5 e 15 anos e que sobre todo os máis pequenos teñen menos coidado coas cousas.
.jpg)
Suponse que si alguén é encargado da limpeza ten que limpar. Non sería normal que tivera que limpar excrementos nas duchas pero un bote de calquer cousa penso que non é raro. Por eso, agás aparezan cousas raras en lugares non axeitados para esas cousas, o persoal de limpeza está para limpar. E si non queren limpar, xa saben, hai xente agardando por un traballo e non lle importaría ter que limpar.
Por esa regra nas ruas so se limparían as follas das árbores, e cousas non tiradas polos seres humanos posto que como hai papeleiras non se deberían botar ao chan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.