Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de abril de 2015

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE AS OBRAS DO CAMPO DO POMBAL ESTÁN A FACERSE MAL








Os socialistas de Cambados culpan ás continuas improvisacións do concello dos defectos na obra do campo de fútbol do Pombal.
A formación que lidera Fátima Abal teme que as presas por querer inaugurar o novo céspede do campo de fútbol do Pombal antes das eleccións poidan encarecer o seu custo.
Este campo, que actualmente está sendo sometido a un cambio de céspede, presenta enormes charcas, debido á falta de desnivel no piso. Os socialistas opinan que estas charcas poderíanse evitar se se construíse o campo cun pequeno desnivel entre o centro e os lados como se fai habitualmente.
Sen embargo, en lugar de aproveitar a retirada do antigo céspede para solucionar este problema, está previsto colocar o novo céspede co piso tal e como está, co cal as charcas seguirán estando ahí. Ademáis, tamén se vai a instalar unha nova grada nunha zona completamente ilóxica, xa que en vez de estar nunha zona máis resgardada da chuvia, a súa orientación fai que con catro gotas os espectadores acaben completamente mollados.
Segundo Fátima Abal “estamos ante un novo exemplo das continuas improvisacións do goberno de Luis Aragunde. Por desgraza, este concello tennos demasiado acostumados a improvisar continuamente, a facer as
cousas sin pensar nunca nas consecuencias, para tratar despois de remendar os erros. Esta forma de actuar repercute negativamente nos petos dos cambadeses e cambadesas.
"En lugar de arranxar os problemas estructurais limítase a poñer parches- continua Fátima Abal- a poñer un céspede novo para facer a foto xunto a Louzán e o problema principal continuará. Esta é a forma de traballar de Aragunde e o seu equipo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.