
Quin Balbuena e Edu González, os seleccionadores Sub 18 e Sub 16 respectivamente, acaban de facer as primeiras convocatorias, nas que queren ver ao maior número posible de xogadoras.
Quin Balbuena dirixirá a Sub 18, Edu González a Sub 16 e Susú Cores a Sub 12
Campos de O Pombal, en Cambados
A dirección deportiva da Federación Galega de Fútbol elixiu as instalacións deportivas de O Pombal, en Cambados, para a realización dos dous adestramentos, que se levarán a cabo este luns día 9 á mesma hora utilizando os dous campos dispoñibles no complexo.
Son 28 as xogadoras convocadas polo seleccionador Sub 18 para esta primeira sesión e 34 da Sub 16. As futbolistas citadas deberán estar ás 17:00 horas nas instalacións de O Pombal. Saírá un autobús da Igrexa de San Pedro de Mezonzo (A Coruña) ás 15:45 e pasará polo estadio de Sán Lázaro sobre as 16:30. Asimesmo tamén sairá un autobús da Praza América de Vigo ás 16:15 horas e pasará pola Ponte da Barca, en Pontevedra, sobre as 16:35.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.