Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
5 de octubre de 2018
O CAMBADOS TENIS DE MESA AGARDA CONTAR CO APOIO DOS CAMBADESES NO SEU DEBUT COMO LOCAIS NO POMBAL
Si a semana pasada producíase un fito histórico, como foi o debut dun equipo cambadés na máxima categoría do seu deporte e de cantos se practican no noso povo, este domingo o fito logra un novo nivel.
No pavillón de O Pombal o vindeiro domingo vivirá unha xornada histórica, o debut dun equipo da vila na máxima categoría do deporte cambadés a nivel nacional. O Cambados Tenis de Mesa, enfrontarase neste primeiro encontro na casa ao Visit Pontevedra de Monte Porreiro. O partido disputarase desde ás 10.30 horas.
O Tenis de Mesa Cambados atópase moi ilusionado cara este reto. Agarda contar co equipo de gala para a estrea, que será o formado polo canteirán Fernando Padín, o ruso Stepan Shaposhnikov e o alemán de orixe chinesa Qiu Liang para tentar sumar puntos na clasificación ante un rival cunha traxectoria común aos cambadeses, acaba de ascender e o seu obxectivo é manter a categoría.
Desde o facebook dos locais animan a asistir ao encontro: "Os esperamos en el Pombal para ayudar al equipo a conseguir la victoria".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.