Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MAIORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAIORES. Mostrar todas las entradas

12 de septiembre de 2018

CAMBADOS PROMOVE UN CURSO DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA PARA MAIORES DE 60 ANOS



Os maiores de 60 anos de Cambados poderán participar nun Curso de Técnicas de Estimulación da Memoria que, organizado pola Concellería de Servizos Sociais, impartirase dende 4 de outubro ao 30 de Maio.
A actividade, destinada á prevención de enfermidades como demencia ou alzheimer, terá lugar os xoves de 16:30 a 18:30h no Salón Peña, cun prezo de 6 euros ao mes.
Os Servizos Sociais estudarán os casos de destinatarios que non poidan abonar a cuota e disporanse de 15 prazas ampliables en función da demanda.
Así o  contabann o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, e a monitora do curso, Julia Martínez, a Arousa Sí Radio Salnés na presentación da actividade, acompañados de representantes das Asociacións de Xubilados e pensionistas da Casa do Mar e da Merced de Cambados.



3 de octubre de 2016

"DEPO EN MARCHA" DA DEPUTACIÓN PROGRAMA 57 NOVOS OBRADOIROS ATA FINAL DE ANO












Neste mes de outubro comezan en 26 concellos da provincia 57 novos obradoiros do programa "Depo en Marcha", impulsado pola Deputación de Pontevedra -a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude- para fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia. En total, ata finais de ano, desenvolveranse 160 talleres dos que se están a beneficiar asociacións de maiores, pensionistas e xubilados da provincia que participaron nesta convocatoria.

Na comarca do Salnés impartiranse cursos de "Manexo da ansiedade e do estrés" na Asociación Galega de Linfedema (Vilagarcía de Arousa) e no Club de Pensionistas de Sanxenxo, "Zumba" no Círculo Artístico Deportivo Gato Negro (Vilagarcía de Arousa), "Taichi" na Asociación C. Malveiras (Vilagarcía de Arousa), "Panadería e Repostería" na Coral Alento Xoven (Vilagarcía de Arousa), "Informática (Iniciación)" no Centro C.D. de Vilalonga (Sanxenxo), "Tapiñas e Petiscos" na Asociación O Batuqueiro (Cambados) e "Internet e correo electrónico" na Asociación Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla (Sanxenxo).
Os obradoiros que se desenvolven agrúpanse en oito bloques temáticos, que tentan aproximar ás persoas maiores a diversos campos como a natureza, a cociña, o deporte ou as novas tecnoloxías. En concreto, os bloques son: Traballando coas Mans, Entre Fogóns, Aprendendo da Natureza, Móvete, Activando Corpo e Mente, Dálle Marcha, Enredando e En Rede.
 A Deputación de Pontevedra impulsa "Depo en Marcha" para favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia. Ademais, pretende que cada obradoiro se converta nun espazo de encontro e intercambio para os maiores, evitando así o illamento e a soidade e impulsando a independencia da xente maior.



27 de septiembre de 2016

OBRADOIRO DE MEMORIA PARA MAIORES











Durante os meses de outubro, novembro e decembro a Biblioteca Municipal Luís Rei acollerá un Obradoiro de Memoria para persoas maiores de 65 anos organizado por Cruz Vermella O Salnés.
Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto “Atención a persoas con funcións cognitivas deterioradas”, para o que Cruz Vermella conta co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 65 anos con alguna das súas funcións cognitivas deterioradas debido ao proceso de envellecemento. Con esta actividade en concreto, preténdese mellorar a atención, a linguaxe, o cálculo, a orientación e o razoamento, entre outros.
Dado o éxito das anteriores experiencias para este colectivo como o obradoiro de pintura “Arte e saúde”, ou o recente obradoiro de Pilates, a Biblioteca Municipal desexa continuar coa colaboración nos proxectos para maiores de 65 anos que dende Cruz Vermella están a desenvolver.
O obradoiro, que se levará a cabo todos os mércores de 19.15 a 20.45 da tarde, é gratuíto e ofértanse un total de 15 prazas. As persoas interesadas poden facer a inscrición na Biblioteca Luís Rei en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.







8 de julio de 2016

160 OBRADOIROS DA DEPUTACIÓN "DEPO EN MARCHA"











A Xunta de Goberno aproba os 160 obradoiros do programa "Depo en marcha"
160 entidades de 46 concellos da provincia se beneficiarán da iniciativa de envellecemento activo e mellora da calidade de vida das persoas maiores
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as solicitudes dos obradoiros do programa Depo En Marcha para o ano 2016, unha iniciativa elaborada polo servizo de Cohesión Social e Xuventude. Tras adxudicar a contratación da execución do programa na Xunta de Goberno do pasado 23 de xuño á empresa "Magnafor Qualitas, S.L.", que ofertou un prezo por obradoiro de 745,36 €, pódeselle dar cobertura a un total de 160 cursos, o que supón un incremento de 60 obradoiros fronte aos ofertados inicialmente. O custo máximo para a institución provincial desta iniciativa, IVE incluído, é de 120.000 €.

As entidades beneficiarias de maiores, pensionistas e xubilados da provincia de Pontevedra tiveron que cumprir algún dos seguintes requisitos: seren asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais; seren entidades que figuren no Rexistro Xeral de Asociacións dentro da provincia e clasificadas na categoría "terceira idade–pensionistas–xubilados"; seren asociacións de maiores, pensionistas, persoas prexubiladas e xubiladas malia non estar recollidas nos anteriores rexistros ou entidades que, sen o estar tampouco, xustifiquen o seu labor no eido das persoas maiores.

As entidades beneficiarias pertencen aos concellos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, O Rosal, Pazos, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.



Os 29 obradoiros incluídos dentro do programa Depo En Marcha correspóndense con oito grandes bloques: Traballando coas Mans (cestería, pintado de teas, reciclaxe ou arte floral), Entre fogóns (cociña galega, elaboración de conservas, licores, panadería, repostería, tapiñas ou petiscos), Aprendendo da Natureza (un obradoiro de plantas medicinais e outro de poda e tarefas de campo), Móvete (pilates, ioga, taichí, ximnasia de mantemento e zumba), Activando Corpo e Mente (conservación da memoria, musicoterapia, risoterapia ou control e manexo da ansiedade e o estrés), Dálle Marcha (bailes de salón, pandeireta e canto popular), Enredando (xogos tradicionais, teatro e fotografía) e En Rede (internet e correo electrónico, iniciación á informática e informática avanzada). Estes obradoiros teñen unha duración de 30 horas e serán impartidos en xornadas de entre unha e tres horas á semana, que as entidades poderán repartir no mesmo día ou días alternos, segundo as necesidades das persoas participantes ou da propia entidade.

Todos eles forman parte dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra, a través do seu Servizo de Cohesión Social e Xuventude, posta en marcha tras detectar a necesidade de establecer medidas que favorezan o envellecemento activo, optimizando as oportunidades de saúde, de participación e de seguridade coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra.

Á súa vez, Depo En Marcha tamén busca o establecemento de relacións sociais e de movementos de participación e cooperación social entre as persoas participantes, polo que promove por unha banda o establecemento de espazos de encontro e de intercambio de experiencias e, por outra, a independencia das persoas maiores, evitando o illamento e as situacións de soidade que se dan en moitas ocasións entre as persoas que se atopan neste rango de idade.







3 de julio de 2016

OUTROS 25.000 € PARA UN ASILO DA ARXENTINA E O CENTRO DE DIA DE CAMBADOS PARALIZADO














Onte 50.000€  a un Asilo e hoxe esto. Caerán na conta que Cambados e os seus veciños pintan moi pouco para esta xente? Deberíalle caer a cara ao chan a quenes culpan ao goberno local do retraso e paralización do Centro de Dia de Cambados

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitan hoxe aos socios e socias, e a sede social, do Centro Galego de Mar del Plata, localidade arxentina a 420 quilómetros da capital bonaerense, e segundo núcleo en importancia en número de galegas e galegos residentes na República Arxentina.
Conselleiro e secretario xeral puideron saudalos e compartir con eles a xornada festiva, mais antes asinaron un convenio de colaboración, dotado con 25.000 euros, para o funcionamento do Centro de Día, que tamén visitaron os mandatarios, e onde se presta asistencia social e sanitaria ás persoas que, por causa da súa avanzada idade ou situación familiar ou de saúde, requiren dunha atención personalizada por parte do persoal do Centro.
En palabras de Rodríguez Miranda, “a actividade desta colectividade, e moi nomeadamente o seu Centro de Día, demostra como a diáspora galega é exemplar na combinación dos aspectos asistenciais, culturais e lúdicos. Mesmo aquí, en Mar del Plata, na outra punta do Atlántico, respírase Galeguidade ben entendida”, afirmou o secretario xeral da Emigración.

Solidariedade e cultura


O Centro Galego de Mar del Plata, que preside Manuel Crespo, celebra hoxe asemade o seu 64 aniversario, con actos sociais e culturais nos que participaron Rey Varela e Rodríguez Miranda, e defínese como “unha entidade social con espírito comunitario”. Nas súas instalacións (tanto no centro da cidade como no complexo deportivo que posúe ás aforas) impártense actividades formativas, culturais e deportivas tan variadas como gaita, pandeireta, percusión, música coral, ximnasia artística, educación física para adultos, ioga, tango, ou danzas tradicionais arxentina e galega, entre outras.





17 de junio de 2016

CURSOS GRATUÍTOS DE INFORMÁTICA PARA MAIORES











Concello de Cambados pon en marcha cursos gratuítos de Informática para maiores de 65 anos que se van desenvolver no centro da Merced e nas aulas de informática das parroquias de Vilariño e Castrelo.
Serán impartidos por 3 empresas do municipio, Vai@Bit, Tecnogalicia e Grupinfor, dende o 27 ao 30 de xuño, con dúas horas de formación cada día. Os interesados, como máximo 30, poden anotarse presentando unha solicitude no Rexistro do Concello durante a vindeira semana. Os cursos non terán custe para o Concello xa que están financiados na súa totalidade por CaixaBank.






31 de mayo de 2016

OBRADOIRO DE PILATES PARA MAIORES







Dende o vindeiro mércores 1 dexuño, e ata cubrir as 15 vacantes dispoñibles, está aberto o prazo de inscrición no Obradoiro de Pilates para persoas maiores de 65 anos que organiza Cruz Vermella O Salnés na Biblioteca Municipal Luís Rei.  Trátase dun curso gratuíto que se levará a cabo os venres de xullo e agosto de 11.30 a 12.30 da mañá. As clases serán impartidas por unha monitora especializada e faranse tanto no interior como no exterior da Casa dos Fraga.
Grazas ao apoio de Cruz Vermella, a Biblioteca Municipal pretende incentivar este tipo de actividades colaborativas para maiores de 65 anos co voluntariado desta institución, dado o éxito da anterior e primeira experiencia para este colectivo co obradoiro de pintura “Arte e saúde” que se celebrou o pasado inverno e que mesmo tivo listaxe de espera.
O obradoiro de Pilates encóntrase dentro do proxecto dirixido a maiores “Saúde Constante”, para o que Cruz Vermella conta coa financiación do Ministerio de Sanidade, Servicios Soiais e Igualdade, e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 65 anos no seu proceso de envellecemento.
Con esta actividade en concreto, preténdese reducir o impacto negativo do deterioro físico das persoas maiores. O método Pilates é beneficioso debido á súa capacidadede adaptación ás necesidades de quen o practica. Ademais, permite o aumento da flexibilidade, a forza, o equilibrio e o tono muscular, axuda a previr lesións, desgaste e caídas, aumentando así a seguridade nun mesmo e a sua autonomía.
As persoas interesadas na actividade poden facer a súa inscrición na Biblioteca a partir do 1 de xuño en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Biblioteca Municipal Luís Rei
Cruz Vermella O Salnés

arosa@cruzroja.es





20 de enero de 2016

TALLERES DE MEMORIA PARA MAIORES NA OMIX









A oficina municipal de información xuvenil e voluntariado (OMIX) de Cambados porá en marcha, entre o 2 de febreiro e o 15 de marzo uns talleres de reforzo da memoria, reforzo cognitivo e psicomotricidade para maiores.
Os talleres desenvolveranse en horario de 10:30 a 12:00 no centro sociocultural “a Merced”, e serán gratuitos ata completar un máximo de 20 prazas.
Para inscribirse e obter máis información, poden facelo na oficina da OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1º piso) ou chamando ao 986542663, de luns a venres entre as 9:30 e as 14:00.