Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de julio de 2016

OUTROS 25.000 € PARA UN ASILO DA ARXENTINA E O CENTRO DE DIA DE CAMBADOS PARALIZADO














Onte 50.000€  a un Asilo e hoxe esto. Caerán na conta que Cambados e os seus veciños pintan moi pouco para esta xente? Deberíalle caer a cara ao chan a quenes culpan ao goberno local do retraso e paralización do Centro de Dia de Cambados

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitan hoxe aos socios e socias, e a sede social, do Centro Galego de Mar del Plata, localidade arxentina a 420 quilómetros da capital bonaerense, e segundo núcleo en importancia en número de galegas e galegos residentes na República Arxentina.
Conselleiro e secretario xeral puideron saudalos e compartir con eles a xornada festiva, mais antes asinaron un convenio de colaboración, dotado con 25.000 euros, para o funcionamento do Centro de Día, que tamén visitaron os mandatarios, e onde se presta asistencia social e sanitaria ás persoas que, por causa da súa avanzada idade ou situación familiar ou de saúde, requiren dunha atención personalizada por parte do persoal do Centro.
En palabras de Rodríguez Miranda, “a actividade desta colectividade, e moi nomeadamente o seu Centro de Día, demostra como a diáspora galega é exemplar na combinación dos aspectos asistenciais, culturais e lúdicos. Mesmo aquí, en Mar del Plata, na outra punta do Atlántico, respírase Galeguidade ben entendida”, afirmou o secretario xeral da Emigración.

Solidariedade e cultura


O Centro Galego de Mar del Plata, que preside Manuel Crespo, celebra hoxe asemade o seu 64 aniversario, con actos sociais e culturais nos que participaron Rey Varela e Rodríguez Miranda, e defínese como “unha entidade social con espírito comunitario”. Nas súas instalacións (tanto no centro da cidade como no complexo deportivo que posúe ás aforas) impártense actividades formativas, culturais e deportivas tan variadas como gaita, pandeireta, percusión, música coral, ximnasia artística, educación física para adultos, ioga, tango, ou danzas tradicionais arxentina e galega, entre outras.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.