Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TERESA PLASENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TERESA PLASENCIA. Mostrar todas las entradas

26 de marzo de 2015

HOMENAXE A TERESA PLASENCIA





A morte de Teresa Plasencia o pasado agosto colleunos a todos por sorpresa. A enfermidade apenas deulle uns días de tregua e levouna aos 59 anos de idade. Tiña pensado xubilarse en febreiro pasado como mestra no instituto Ramón Cabanillas (Cambados). Por iso que se elixeu esta data como a máis idónea para recordar á que fose profesora de Lingua e Literatura no centro durante 31 anos.

A cita será mañán 27 de marzo e o acto terá un carácter sobrio e íntimo no que participarán profesores, alumnos de Bacharelato e exalumnos. Algúns foron escollidos para ler textos dedicados ou inspirados en Plasencia, e non faltará a música nin tampouco a proxección dunha montaxe audiovisual na que se repasará parte da historia do instituto cambadés seguindo a estela que deixou a profesora de Literatura.

O acto arrancará ás 11.30 horas no salón de actos, con entrada limitada. Hai que contar aos seus alumnos i ex-alumnos por milleiros tendo en conta que as súas materias eran das obrigatorias, e que durante esas tres décadas pasaron rapaces e rapazas de Cambados, Meaño, Ribadumia, O Grove, A Illa, Meis ou Vilanova.







19 de agosto de 2014

TERESA PLASENCIA




Un amigo fíxonos chegar esta publicación e nos cumprindo os seus desexos facémola pública.
Teresa de vermello
A principios dos oitenta empezaba os meus estudos de B.U.P. no Instituto Cabanillas de Cambados.Con trece anos abríase ante min outra vida moi diferente a todo o anterior.
As hormona sobre todo moi alteradas ao ver a cantidade de rapazas guapas e menos guapas que por alí había. Maiores que eu moitas delas mulleres xa, por contra do que ata entón topara na E.X.B.. As profesoras moito máis novas que na etapa anterior e sobre todo máis modernas.
A primeira na que me fixei foi en Teresa Plasencia. Desde logo non era a máis guapa das profesoras pero non sei que foi o que me fixo quedar prendado dela. Nunca lle dixen nada. Nin cando estudaba nin despois nas moitas conversas que tiven con ela despois de deixar o Cabanillas. Ese amor platónico diminuía ao chegar a época dos exames. A sua asignatura nunca foi a miña preferida. Pero volvía como as ondas a orilla da praia. Nos dous anos que a tiven coma profesora sempre era igual a admiración tiña oscilacións. Pero moito ou pouco sempre estaba aí.

Hai uns meses escoitei a unha rapaza queixarse do estricta que era, i eu a pesar dos anos pasados comentinlle con firmeza. "Ti faille caso a Teresa i estuda que ben che irá". Nese momento volveu a admiración que o paso do tempo fixera evaporar, pero que me lembrou que aínda, medio adormiñada existía no meu interior.
Estés onde estés que sepas que deixaste pegada nos teus alumnos.




ATA SEMPRE TERESA PLASENCIA





Teresa Plasencia falece víctima dunha enfermidade que a barreu en 2 semanas. 
Teresa de vermello nunha cea de profesores
Unha hepatite autoinmune fixo que a profesora do Instituto Ramón Cabanillas deixáranos aos 59 anos e cando alviscaba o descanso laboral tras 30 anos sentándo cátedra nos xóvenes cambadeses. Esixente e, como non decilo "mala" profesora para os malos alumnos, os que suspenden sempre poñíamos excusas para xustificar a nosa pouca cabeza e as nosas poucas ganas de estudar.

Pero a pesares de todo, todos os seus alumnos gardan boas lembranzas de Teresa. 

Chegou a Cambados en plena efervescencia oitenteira, cando os xóvenes máis inquedos abrazaban as doutrinas culturais e musicais do momento. Na época don punk, do rock e do pop.... da contracultura.
Unha época de movidas, a "movida madrileña" a "movida viguesa" e a "movida do Cabanillas". Unha época de grandes recordos e que agora votando a vista atrás votamos en falta. Na época cecáis máis revolucionaria de cantas pasaron por alí.


Esta tarde será incinerada nunha cerimonia estictamente familiar en Ourense, no tanatorio "As Burgas" ata onde onte se desprazaron os seus compañeiros profesores para darlle o último adeus no seu nome e no de centos de alumnos i ex-alumnos de Teresa.


ATA SEMPRE!!!!!