Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2017

DEPUTACIÓN E CONCELLO FIRMAN O CONVENIO PARA AS OBRAS DA PISCINA MUNICIPAL











O Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Cambados o convenio para a realización da obra de sustitución da cuberta da piscina municipal do Complexo Polideportivo do Pombal.
O convenio ascende a algo máis de 900.000 euros, 200.000 máis que o proxecto elaborado polo anterior goberno provincial e segundo as palabras de Carmela Silva...."“o proxecto anterior era irrealizable; asinamos un novo convenio, e o novo proxecto será unha realidade”.

Este novo proxecto contempla a reforma integral da cimentación e a instalación da climatización necesaria que cumpra os parámetros legais.
O importe será financiado case na súa totalidade pola Deputación xa que o Concello terá que aportar únicamente 50.000 euros ademáis da elaboración do proxecto.
Ademáis da firma do convenio para as obras da piscina, a Deputación entregou ao Concello as obras de reforma do Pavillón do Instituto Cabanillas despois do retraso xenerado polas pésimas reformas contratadas polo goberno de Louzán na Deputación.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.