Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de abril de 2016

16 CONCELLOS DO SALNÉS-ULLA-UMIA CREARÁN UN NOVO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL









O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu esta mañá a primeira reunión conxunta dos 16 concellos que conformaban os GDR de Salnés e Ulla-Umia co obxectivo da posta en marcha do novo grupo de desenvolvemento rural que permitirá a presentación de proxectos dentro do programa Leader Galicia 2014-2020. A semana pasada xa tiveran unha toma de contacto.
A reunión asistiron alcaldes e representantes dos concellos de O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Portas, Catoira, Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Caldas de Reis, Pontecesures, Moraña e Valga. Non asistiron os municipios de Vilagarcía de Arousa nin de Cuntis.
No anterior territorio de actuación existían 31 GDRs en Galicia, 6 deles correspondentes a Pontevedra, que agora pasa a contar con 5. Deste xeito, hoxe reuníronse os membros representativos dos GDRs do Salnés e máis de Ulla-Umia para unirse nun só grupo de desenvolvemento rural que pasará a chamarse, segundo acordaron hoxe: GDR Salnés-Ulla-Umia. 
Na reunión de hoxe acordouse traballar en 3 ámbitos á vez: na reforma do estatuto do novo grupo, na distribución territorial e na preparación da estratexia programática.
Para a reforma do estatuto acordouse tomar como base o existente xa no GDR-Salnés, integrándose no mesmo o resto de concellos procedentes do do Umia-Ulla. Así, cada concello terá agora que aprobar en pleno a entrada no novo grupo. Os cambios previstos son o do nome do GDR nacente, a súa modificación territorial con maior número de concellos, e a regulación da xunta directiva que pasaría, con case total seguridade, a contar con 21 membros en lugar de 19, dos cales 10 serían representantes da administración e os outros 11 do sector privado.
E finalmente, hoxe tamén se abordou a preparación da estratexia futura do GDR, tomándose a decisión de solicitar ofertas a empresas especializadas en programas de desenvolvemento rural, dándose de prazo unha semana para volver a reunirse de cara a elección das ofertas máis axeitadas. 

O proceso culminará coa celebración dunha Asemblea constituínte na que se aprobarán os seus estatutos, escollerase unha xunta directiva e se establecerá un plan de traballo para elaborar a estratexia de desenvolvemento local. Finalmente, tras a asemblea o GDR, xa formalmente constituído, deberá comezar a definir o programa de desenvolvemento para o seu territorio.
Os membros deste novo GDR son conscientes de que teñen que desenvolver a súa estrutura de cara a poder converterse en entidade colaboradora para a a xestión da medida Leader Galicia e para a concesión de axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.
Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, o orzamento deste novo programa será de 84 millóns de euros para toda Galicia que se xestionará a través de 24 GDRs.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.