Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MONTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MONTES. Mostrar todas las entradas

5 de agosto de 2020

TRABALLOS DE LIMPEZA NO RÍO UMIA, EN RIBADUMIA, CAMBADOS E VILANOVA DE AROUSA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, nos Concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa.
Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso polas parroquias de Baión, en Vilanova de Arousa; de Oubiña, en Cambados; ou en Ribadumia.
As actuacións céntranse na retirada de árbores, pólas e madeira morta na canle, na roza selectiva da maleza e na eliminación de canas.
As obras enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.


24 de marzo de 2019

MEDIO RURAL PROHIBE DESDE MAÑÁ AS QUEIMAS AGRÍCOLAS E FORESTAIS DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS


Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición
A partires das 00,00 horas de mañá, luns, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.
A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume en tempada de alto risco. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal. Ademais, a consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.




11 de octubre de 2018

VARIOS INCENDIOS DECLÁRANSE DE FORMA SIMULTÁNEA NO SALNÉS ONTE POLA NOITE



Incendio en Corvillón (Diario de Pontevedra)

Varios incendios inícianse de forma simultánea en distintos puntos do Salnés. 

Medios antiincendios traballaban desde primeira hora da noite na extinción dos focos declarados en Ribadumia, Corbillón (Cambados), San Bartolomé e San Miguel (Vilanova) e Lobeira (Vilagarcía). 
En San Miguel estiveron en risco varias vivendas e o lume chegou ao muro do pazo de Gil.

Efectivos de Emerxencias traballaron desde pasadas as 20.30 horas deste mércores na extinción de varios incendios declarados en diferentes municipios do Salnés. O primeiro conato produciuse en Ribadumia e foi rápidamente extinguido. Con todo, fontes de Protección Civil de Cambados informan de que tamén se localizaron focos no lugar de Corbillón, así como en San Bartolomé (Vilanova) e Lobeira (Vilagarcía). Estes non son os únicos lumes deste mércores na provincia de Pontevedra. Tamén se localizaron lumes en Briallos (Portas), Vilaboa e Domaio (Moaña). 

Os lumes declaráronse de forma practicamente simultánea, segundo apuntan fontes dos corpos de seguridade. As choivas que se produciron desde as 11 da noite axudaron aos medios humanos a controlar os focos de lume.

Os dous incendios principais estaban controlados preto das 4 da madrugada pola rápida acción dos servizos de emerxencias e o apoio dos bombeiros.

20 de junio de 2017

PROHIBIDAS DESDE MAÑÁN AS QUEIMAS AGRÍCOLAS E FORESTAIS













A partires das 00,00 horas de mañá mércores quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.
A decisión tomouse despois de avaliar as actuais condicións meteorolóxicas e as súas previsións, así como a situación do Índice de risco diario de incendio forestal (Irdi). Tívose tamén en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal. Lembra ademais que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.




10 de enero de 2015

A NOVA LEI DE MONTES ABRE A PORTA A ESPECULACIÓN




O Consello de Ministros aprobou onte venres, unha modificación da Lei de Montes, que Ecoloxistas en Acción considera innecesaria e contraproducente. As mudanzas na lei non incorporan melloras substanciais para a xestión dos bosques, invaden competencias autonómicas ao incorporar regulacións cinexéticas, supoñen un grave retroceso na necesaria planificación forestal, e permiten que as Comunidades Autónomas autoricen a construción en zonas incendiadas.
Cando en 2006 se aprobou a Lei 43/2003 de Montes unha das súas principais novidades foi a prohibición do cambio de uso forestal das zonas incendiadas polo menos durante 30 anos. Desta forma evitábase que se provocasen lumes con fins especulativos. O proxecto de Lei de Montes que se aprobará hoxe previsibelmente deita por terra esta medida de precaución. No seu artigo 50, estabelece que as Comunidades Autónomas poderán acordar mudanzas de uso forestal en zonas incendiadas, xustificando a existencia dun interese xeral prevalente e mediante o estabelecemento de medidas compensatorias. Con esta modificación existe o risco de que se volvan provocar incendios para permitir a construción en zonas queimadas.

Máis info aquí. 



11 de noviembre de 2013

ROSA QUINTANA DAMA DOS PINCHOS E AGORA DAS EXCUSAS






A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asegurou que a climatología en Galicia "fai imposible" realizar labores de prevención no inverno contra os incendios forestales, por iso considera "demagóxico" afirmar que estas tarefas deban facerse nesa estación.  A climatoloxía de Galicia é a que é e non por eso se deixa de traballar.




"Todos estivemos nalgún momento na oposición e entendemos certa demagoxia política, pero en determinados asuntos, que son de interese para o país, debemos traballar conxuntamente", apuntou Rosa Quintana nunha entrevista con Correo TV.
Conxuntamente se refire a todos e vostede desto non entende. Pregunte a xente do mar por eses pequenos reductos de dictadura chamadas CONFRARÍAS.

Remarcou que o 98 por cento dos montes son privados e que a lei obriga aos seus donos a mantelos limpos. "A Xunta traballa nunha lei que permita mellorar a estrutura agraria de Galicia para animar á xente a que agrupe as súas propiedades e nós aportaremos subvencións para que poidan poñelos a producir", destacou. Poñer multas a que incumpla coa sua obriga de manter limpos os montes debe supor pérdida de votos pois non se entende que a Xunta non cumpla co de facer cumprir as leis a todos.






Denunciou que este ano se buscou facer moito dano", en referencia aos lumes que se rexistraron nas proximidades de núcleos de poboación e que "puideron ocasionar desgrazas persoais".


Ademais, sinalou que as condicións climáticas do pasado verán foi propicio para a propagación do lume, á vez que ve como tarefa pendente mellorar as campañas de concienciación social para que os cidadáns valoren o monte. 


Como se di por Cambados "disculpas de mal pagador"







8 de noviembre de 2013

A DAMA DOS PINCHOS RECIBE UN PREMIO INMERECIDO




A muller que máis festas e feiras, co conseguinte viño español e pincho visita de Galicia ven de recibir un inmerecido premio.

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, recibiu onte no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia o ‘Selo de Ouro á Calidade Medioambiental’, outorgado pola Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), polo labor que desenvolve o seu departamento na prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
A verdade é que hai que ter sangue fría e uns ovarios como a catedral de Santiago para non rexeitar ese premio xa que os únicos logros desta "señora" son que os pirómanos teñan máis facilidades para prender lume nos montes galegos e que case toda Galicia esté na sua contra. 
Hai que salientar que esta asociación debe ser moi "pelota" i en vez de darlle o premio a xente que loita contra o lume darllo a quen mal os dirixe.

A conselleira agradeceu o premio en nome de todo o dispositivo de loita contra os incendios de Galicia, posto que “son os verdadeiros protagonistas e os que, día a día, se xogan a vida traballando contra o lume para salvagardar o noso patrimonio”. Rosa Quintana destacou -unha vez máis- o esforzo e dedicación de todo o dispositivo, así como da propia cidadanía, non só na defensa do noso monte senón tamén na conservación e prevención do mesmo.




31 de octubre de 2013

ROSA QUINTANA NON SE ENTERA E FEIJÓO TAMPOUCO






A consellería do Medio Rural reserva 96 millóns de euros do orzamento co que contará o vindeiro ano para infraestruturas forestais e políticas de prevención de lumes. É un 12% máis que neste 2013. En total o departamento de Rosa Quinta xestionará 538 millóns, cos que se tratará de potenciar sobre todo a actividade no rural e a comercialización dos produtos no exterior.

A consellería do Medio Rural e do Mar contará no 2014 con 538 millóns de euros de presuposto. Son un sete por cento menos que neste ano, é dicir, 44 millóns menos, unha baixada que atribúen sobre todo ó remate de programas europeos dos que percibían subvencións, ó fin de aplicación de fondos da Política Agraria Común e a axustes nos cadros de persoal. Malia todo, desde o goberno galego asegura que estes recortes non impedirán potenciar o sector primario, dinamizar a economía do rural e impulsar a comercialización no exterior. Obxectivos todos eles que se marcan neste orzamento. Que van comercializar do monte...? As piñas, os fentos  ou a madeira queimada?
Rosa Quintana sabe que esto non é Castela, Galicia non ten pastoreo, non hai rebaños de ouvellas que poidan comer nos montes e de paso limpalos. 

 Á hora de priorizar de recursos, a conselleira Rosa Quintana apuntou no Parlamento que 96 millóns dese orzamento irán destinados a accións de prevención de incendios e infraestruturas forestais. Un doce por cento máis que neste 2013. Medio Rural apostará pola produción do monte, apoiando os traballos silvícolas, os sistemas silvopastorís e a apicultura, pero en especial, pretenden impulsar a comercialización dos seus produtos.
Todo moi ben pero non se ve unha política de limpeza e coidado dos montes para atallar o problema dos lumes, todo en políticas das que se derivan cursos e máis cursos para "ensinar" a xente a sacarlle rendemento? ao monte. Os únicos beneficiarios son os que van a impartir eses cursos e as empresas que os promoven.

 Cursos que por certo teñen un final coa entrega de diplomas e todo iso moitas veces acompañados dun viño e uns pinchos que tanto gustan a Conselleira

20 de septiembre de 2013

A CULPA DE QUE ARDAN OS MONTES É SO DOS INCENDIARIOS?




 A paralización dás medidas de prevención de incendios ata ou mes de agosto supuxo o mellor escenario para que este verán arderan o Monte Pindo ou 200 hectáreas dá Ribeira Sacra. 
O Governo de Feijóo  retivo ata o día 2 de agosto a autorización para xestionar as axudas á prevención, que inclúe as axudas para limpar monte e evitar a propagación dúas lumes. 

O propio presidente do Governo, así como a conselleira de Medio rural,  néganse ata o momento a explicar os motivos desta paralización.



O PP non sabe o que é a prevención, como teñen demostrado tanto ou presidente da Xunta como o ministro responsable, Arias Cañete, que tivo onte a desfachatez de dicir non Congreso que o feito de que o 90 por cento dos bosques sexan de propiedade privada en Galicia dificulta a acción a o Estado para a prevención, ademais de descoñecer o que significa a rexeneración dás áreas de protección medioambiental.

A consecuencia desta lamentable inoperancia demostrada polo Governo do PP é que entre agosto e setembro teña ardido enteiro o Monte Pindo, xoia ecolóxica de Galicia, e se teñan producido 9 lumes na zona dá Ribeira Sacra ourensá, afectando a zonas de especial interese natural e turístico.

E para rematar á cascada de declaracións do presidente da Xunta responsabilizando a os incendiarios e á climatoloxía.  Estamos de acordo en que vos responsables asuman as consecuencias, pero o presidente da Xunta faría mellor en buscar solucións desenvolvendo unha verdadeira política forestal e de prevención e non botándolle a culpa de todo a outros.


Feijóo quere agochar a súa lamentable carencia de solucións a través dunha busca desesperada de culpables, nos que non se salva nin a climatoloxía. Salvo o presidente da Xunta, calquera pode deducir que a mellor resposta aos lumes é ter unha política preventiva que limite os danos provocados polo lume.

Cantos cartos gastados en apagar os lumes aforraríamos si se contratase xente para a limpeza dos montes ou obrigando a os donos deses montes a telos en boas condicións.







4 de febrero de 2013

AS COMUNIDADES DE MONTES ESIXENLLE A XUNTA A EXPLOTACION SOSTIBLE DO MONTE GALEGO





Esta tarde a partir das catro e media da tarde, no Pazo de Cultura, en Pontevedra os representantes das comunidades de montes desenvolverán toda unha roda de entrevistas con portavoces dos distintos grupos parlamentarios da cámara autonómica, para suscitarlles a necesidade dunha regulación, que permita unha explotación forestal sostenible.

Segundo o portavoz dos comuneros galegos; Claudio Quintillán, nestes momentos existe un "selo de certificación" determinado pola Xunta de Galicia, que non cumpre "nin de lonxe" as esixencias de sostenibilidad marcadas pola comunidade europea.