Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TRANSPORTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRANSPORTES. Mostrar todas las entradas

20 de noviembre de 2020

ASTILLEROS "ACHA" DE CAMBADOS CONSTRÚE UN BARCO ELÉCTRICO


Percorridos marítimos e fluviais pola natureza, sen ruídos desagradables que rompan a maxia e causando un mínimo dano á contorna. Isto é o que ofrece
Xouva 4.90, un barco de paseo, con capacidade para oito persoas, deseñado polo enxeñeiro galego José Ballester que xa constitúe todo un exemplo de transporte ao servizo do turismo máis ecolóxico. Do mesmo xeito que quen construíu o Titanic, o impulsor de Xouva define á súa creación como “ insumerxible” aínda que, neste caso e segundo as súas palabras, é certo e está probado. “Aínda que se asolaguen todas as cámaras, o barco segue flotando”, explica Ballester, que resta importancia a esa característica para recalcar que, o realmente relevante do vehículo, é o que o impulsa. “Hai moitos barcos deste tamaño que son insumerxibles, pero non moitos que sexan eléctricos. No mercado español, Xouva é o único”, apunta o enxeñeiro, que comezou esta aventura empresarial no ano 2018. Polo momento, Ballester vendeu xa tres barcos, todos saídos de Astilleros Acha, de Cambados. Dous deles realizan roteiros de ecoturismo por Galicia e un está dispoñible para que o aluguen particulares na illa canaria de Lanzarote. A primeira Xouva que funcionou como recurso turístico é a que, desde o municipio coruñés de Sada, realiza percorridos guiados polo río Mandeo e por outros leitos e costas da comarca. “Realiza roteiros polo Mandeo, ata Betanzos. É unha zona protexida e reserva da biosfera. Tamén fai roteiros por Ares, Pontedeume… chegando mesmo ata o parque natural das Fragas do Eume”, informa o creador de Xouva. O segundo dos barcos tivo como destino a provincia de Ourense, onde completa percorridos polas paraxes próximas a Castrelo de Miño, Arnoia e Ribadavia. “Está vinculado aos balnearios de Caldaria e á Denominación de Orixe Ribeiro. Completa a oferta de Ourense en turismo termal e enoturismo”, expón Ballester. Máis lonxe foi a parar a terceira Xouva que xa está operativa. As praias da illa de Lanzarote son o seu campo de actividade, que presenta diferenzas coa das súas irmás que quedaron en Galicia. “Alúgase sen patrón, para dar unha volta pola costa. Quen a aluga toman o sol, báñanse no mar… Concorda máis co que se entende por lecer náutico”, comenta o emprendedor galego. Compromiso coa ecoloxía e a inclusión “Para min, o máis importante do barco é o feito de que sexa eléctrico, porque é o que fai que a pegada da actividade turística que realiza sexa practicamente nula. Ademais, a contaminación non é só pola emisión de partículas da combustión, senón tamén polo ruído. Dáse por sentado que un barco fai ruído e, por iso, unha das maiores sorpresas de quen vai na Xouva é o silencio”. Con esta frase remarca o fundador de Xouva o importante que é para el a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente. A ausencia de ruído, ademais de evitar perturbacións para a fauna, fai que a experiencia a bordo sexa máis gratificante. “É moito máis confortable, porque os tripulantes están máis metidos na natureza”, destaca Ballester.
Xouva é tamén unha embarcación adecuada para persoas con mobilidade reducida, o que, como conta o seu creador, concrétase no seu propio deseño. “Quero ofrecer un turismo eco, pero tamén inclusivo. Son dous valores que en terra son xa practicamente obrigatorios. A popa é plana e aberta, a diferenza dos barcos que teñen forma de bañeira. Isto é bo, non só para os usuarios de cadeiras de rodas, senón tamén para nenos, para maiores e para moitas outras persoas con mobilidade limitada”, relata.  
Aínda que quere ir “con calma”, Ballester planea que, nun futuro non moi afastado, o seu Xouva estea presente noutros lugares de España e mesmo de Europa. “Primeiro, sairemos ao resto de España, que ten moitas zonas onde o barco pode funcionar. Logo xa sairemos a Europa, que é un mercado que xa existe”, avanza. 

4 de noviembre de 2020

OS ALUMNOS CAMBADESES DO COTARELO XA TEÑEN TRANSPORTE CANDO MENOS ATA VILANOVA


A Xunta habilita desde hoxe, na liña de autobús integrado que comunica Vilagarcía e Vilanova de Arousa, unha nova parada en Vista Real para facilitar a mobilidade dos alumnos de Cambados que estudan Formación Profesional no IES Armando Cotarelo Valledor.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa lle trasladou a disposición deste servizo á empresa concesionaria desta liña de autobús, así como á dirección do instituto.

Hai que sinalar que esta e outras demandas foron presentadas nas alegacións do Plan de Transporte da Xunta de Galicia hai un ano polo goberno cambadés e que non foron atendidas polo órgano autonómico. Froito desta situación atopámonos a día de hoxe con esta problemática», sinalaba, a través de un comunicado hai uns días, Tino Cordal.

Esta problemática iá ser levada ao próximo pleno local.

A Dirección Xeral de Mobilidade atende así a solicitude tanto dos pais destes alumnos que se desprazan cada día desde Cambados ata o centro educativo situado en Vilagarcía de Arousa como do goberno municipal.

Estes estudantes de Formación Profesional poderán facer uso desta liña de transporte integrada aboando o correspondente billete, pois existen prazas suficientes no autobús.


19 de agosto de 2020

CAMBADOS CAMBIARÁ O MODELO DE MOBILIDADE EN TODO O CONCELLO

Cambados debe cambiar o seu modelo de mobilidade ou polo menos darlle un envorco de importancia ao que rexe nestes momentos. Por iso o goberno municipal ha encargado a elaboración dun plan que documente os principais problemas que ten o termo municipal centro pero tamén os principais núcleos rurais. Diso vaise encargar a empresa Terravanza, un gabinete de estudos especializado na planificación territorial que deberá ter terminado o seu traballo en febreiro do próximo ano. Mañá manterán a primeira reunión as dúas partes, a concellería que se encarga do tema e técnicos da empresa para empezar a matizar ideas e conceptos. No caso do concello parece que teñen moi claro e considera que hai que protexer as áreas urbanas e núcleos rurais máis sensibles da presenza do automóbil, promover os desprazamentos mediante modos non motorizados, racionalizar o uso do coche privado, fomentar o estacionamento nos lugares acondicionados e máis adecuados e lograr unha distribución urbana das mercadorías máis eficaz e que interfira menos no uso do espazo público. A partir de aí a empresa fará o estudo para propoñer cambios que supoñan cambios para conseguir o máis cómodo e seguro posible por Cambados, reducindo os niveis de contaminación acústica á vez que reducir de forma importante emisións de co2 á atmosfera.


21 de octubre de 2019

ARRANCAN AS OBRAS DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES CON ESCASOS SERVIZOS


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, comeza as obras de conservación e mellora da estación de autobuses de Cambados.
A intervención, adxudicada á empresa Construcciones Moncho Andrade S.L. por un investimento de case 30.000 euros, terá un prazo de execución dunhas sete semanas.
Os traballos de mantemento consistirán na substitución do falso teito da cuberta da dársena e na realización de melloras na accesibilidade da cafetería.
Tamén se levarán a cabo a instalación dun rótulo de sinalización de estación de autobuses e a colocación dunha pantalla informativa que facilitará os desprazamentos dos usuarios.
Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Lalín e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.
Mentras se recortan o número de liñas de Cambados a outros puntos de Galicia e se aproba un Plan de Transporte deficitario con Cambados e os seus 14.000 habitantes.
Unha das liñas de transporte escolar que cubre aos alumnos do IES Cabanillas chega ao centro media hora antes da apertura do mesmo provocando que nos días de choiva teñan que estar a intemperie co que a molladura é importante.

O Plan de Transporte regular de Viaxeiros da Xunta deixa ao municipio á marxe das principais liñas, a pesar de contar con servizos importantes como os Xulgados e o Rexistro. O municipio queda apartado das poucas melloras deseñadas para a zona polo proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de pasaxeiros por estrada da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Imos ter unha estación de autobuses moi chula pero sen buses!!!


27 de septiembre de 2019

A XUNTA MELLORA A ESTACIÓN DE AUTOBUSES SEN SERVIZOS


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de adxudicar o contrato para executar as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Cambados
A intervención, adxudicada á empresa Construcciones Moncho Andrade S.L. por un investimento de case 30.000 euros, terá un prazo de execución dunhas sete semanas.
Os traballos de mantemento consistirán na substitución do falso teito da cuberta da dársena e na realización de melloras na accesibilidade da cafetería.
Tamén se levarán a cabo a instalación dun rótulo de sinalización de estación de autobuses e a colocación dunha pantalla informativa que facilitará os desprazamentos dos usuarios.
Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Lalín e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.
A Xunta, mediante estas accións, busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Mentras se recortan o número de liñas de Cambados a outros puntos de Galicia e se aproba un Plan de Transporte deficitario con Cambados e os seus 14.000 habitantes.

O Plan de Transporte regular de Viaxeiros da Xunta deixa ao municipio á marxe das principais liñas, a pesar de contar con servizos importantes como os Xulgados e o Rexistro. O municipio queda apartado das poucas melloras deseñadas para a zona polo proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de pasaxeiros por estrada que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Non hai, por exemplo, unha comunicación entre Cambados e Sanxenxo, a pesar de que os veciños deste municipio teñen que acudir á vila do albariño para realizar trámites xudiciais ou no seu Rexistro. Os cambadeses tamén pedimos a integración da súa estación de autobuses na nova liña que conectará O Grove e Sanxenxo co centro de Vigo, a Universidade e o aeroporto de Peinador.

Engadir tamén que esta é a segunda vez en pouco tempo que se acometen obras na estación cambadesa e que o que fan é gastar cartos no edificio pero non en dar servizos aos veciños.
Unha estación "fabulosa" morrendo de risa.




24 de septiembre de 2018

TRES COCHES E UN AUTOBÚS ESCOLAR QUE SE DIRIXÍA A CAMBADOS INVOLUCRADOS NUN ACCIDENTE EN VILANOVA CON TRES FERIDOS




Unha menor foi evacuada nun helicóptero medicalizado tras resultar ferida de consideración nun dobre accidente ocorrido en Vilanova de Arousa.
Sobre as 09:00 horas desta mañá, un particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que se trataba dun accidente entre tres vehículos e un autobús escolar. 
Dous accidentes encadeados con tres coches e un autobús escolar implicados. Das tres persoas que quedaron feridas, a peor parte levouna una nena de catro anos.

As dúas colisións producíronse case deseguido na estrada autonómica que enlaza Vilanova e A Illa de Arousa, ao paso pola parroquia de Deiro, contra as nove da mañá.
A condutora dun coche freou e a que viña detrás non o deu esquivado e bateu contra el. Foi un golpe de pouca importancia e nin se mancaron as condutoras.

Sen embargo, debido a este accidente, produciuse outro choque entre outro turismo e un autobús escolar e  no que viaxaban dez escolares que se dirixían a Colexio Salesianos de Cambados.  No turismo,  viaxaba unha menor que resultou ferida de consideración e foi trasladada na aeronave ao Hospital Clínico de Santiago. Con ela viaxaba  súa nai, que tamén resultou ferida e foi evacuada nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.
Con todo, os servizos sanitarios de urxencia do 061 confirmaron que un dos escolares que viaxaba no autobús tamén resultou ferido, polo que, finalmente, foron tres os feridos, un trasladado ao Hospital Clínico de Santiago e dous ao Hospital do Salnés.
Unha vez evacuados os feridos, outro autobús recollía aos escolares para continuar o seu destino. 



6 de julio de 2018

CAMBIO DE SENTIDO NA AUTOESCOLA EN CAMBADOS




Onte xoves, levouse a cabo o Programa preventivo na Autoescola Sueiro. Realizouse 1 actividade formativa, dirixida á poboación que está preparándose para a obtención do permiso de circulación. O horario de inicio está programado ás 11:30h.
A xustificación deste tipo de intervención parte da alta incidencia do alcohol e outras drogas na sinistralidade do tráfico. O consumo de alcohol constitúe un destacado factor de risco nos accidentes de tráfico e lesións asociadas aos mesmos. Un 12% dos condutores de turismos en España consume alcohol antes de conducir.
Segundo o último Balance de Seguridade Vial 2017, en España no ano 2017, rexistráronse 1.067 accidentes mortais en vías interurbanas (28 máis que no ano 2016) nos que faleceron 1.200 persoas e 4.837 precisaron de hospitalización. En Galicia producíronse 77 vítimas mortais.
Segundo o Informe Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses do ano 2016, o 43% dos condutores falecidos presentaban resultados positivos a algunha substancia psicoactiva. O alcohol aparece presente nun 29,5% dos casos, drogas ilegais nun 15,5% (sendo as máis consumidas o cannabis e cocaína) e psicofármacos, no 10,5%. No caso dos peóns ou viandantes falecidos en accidentes de tráfico, o 31,74% presentaban tamén resultados positivos dalgunha substancia.
Galiza é unha das comunidades con máis controles positivos en drogas, só por detrás de Andalucía e a Comunidade Valenciana. No ano 2016, un de cada tres condutores responsables dun accidente mortal (falecido ou ferido) en Galiza, dou positivo en alcohol (taxa de alcoholemia por encima de 0,25 mg./l) ou consumiu algunha outra substancia psicoactiva.
 Nas sesións formativas abordaranse os seguintes CONTIDOS:
– Introdución ao tema da seguridade vial, o alcohol e outras drogas.
– Descrición da situación actual do consumo de alcohol.
– Ilusión da invulnerabilidade.
– Uso-abuso: “uso racional do alcohol”. Conceptos básicos sobre o alcohol (qué é o alcohol?; tipos de ​bebidas e gradación alcohólica, unidades de bebida; mitos e crenzas; metabolización e eliminación do ​alcohol; efectos e riscos do se uso/abuso; alcoholemia (taxa de alcohol no sangue)).
– Alcohol e condución.
– Recomendacións (establecendo límites) en caso de ter pensado beber alcohol (que facer e que non facer).
– Medicamentos, outras drogas e condución.
– Lexislación sobre o alcohol e condución (infraccións asociadas co seu consumo).
 Obxectivos xerais:
1.-Mellorar a información dos alumnos/as das autoescolas en relación ós riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas.
2.-Incrementar a percepción de “vulnerabilidade persoal” derivada da condución dun vehículo tras consumir alcohol ou outras drogas.
3.-Reducir o número de accidentes viarios entre os mozos/as nos cales interveñen o alcohol e outras drogas.
4.- Reducir o número de lesionados e mortos en accidentes viarios entre a mocidade nos cales interveñen o alcohol ou outras drogas.
5.-Promover actitudes e condutas máis seguras e responsábeis na condución de vehículos entre a poboación que se está a preparar para obter o permiso de circulación nas autoescolas.


26 de octubre de 2017

XA SE PODEN SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS















Tras pasar polos támites necesarios todos aqueles veciños e veciñas de Cambados que o necesiten, poderán  ser beneficiarios das axudas para o ensino e o transporte escolar durante este curso 2017-18. Para cubrir ditas axudas escolares o Concello de Cambados destinará unha partida orzamentaria de 18.000 euros.
As bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e logo foron remitidas á Base de Datos Nacional de Subvencións, quen lle dou de novo traslado ao BOPPO o que implicarou un pequeno retraso para que os veciños/as puideran empezar a tramitar estas axudas. Aínda así, estas bases xa puderon ser consultadas no Portal de Transparencia do Concello de Cambados para ir adiantando a tramitación e agárdase estean resoltas dentro dos prazos aproximados do pasado curso.   
Estas axudas que cubrirán, segundo os casos, material escolar e/ou transporte, serán compatibles coas procedentes doutras Administracións que puideran percibirse para a mesma finalidade.
A importante novidade con respecto ó pasado curso é que as axudas ademais de cubrir Ensino  Primario e Secundario (axudas por valor de 125 euros/alumno/a), cubrirán tamén a alumnado con Necesidades Educativas Especiais (150 euros), Bacharelato (125 euros), FP (125 euros), Universidade (150 euros) e Ensinanzas Artísticas Superiores (150 euros).

12 de octubre de 2017

AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2017/2018,












En poucos días todos aqueles veciños e veciñas de Cambados que o necesiten, poderán  ser beneficiarios das axudas para o ensino e o transporte escolar durante este curso 2017-18. Para cubrir ditas axudas escolares o Concello de Cambados destinará unha partida orzamentaria de 18.000 euros.
As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) para remitilas posteriormente á Base de Datos Nacional de Subvencións, quen lle dará de novo traslado ao BOPPO o que implicará un certo retraso para que os veciños/as poidan empezar a tramitar estas axudas. Aínda así, estas bases xa poden ser consultadas no Portal de Transparencia do Concello de Cambados para ir adiantando a tramitación e agárdase estean resoltas dentro dos prazos aproximados do pasado curso.   
Estas axudas que cubrirán, segundo os casos, material escolar e/ou transporte, serán compatibles coas procedentes doutras Administracións que puideran percibirse para a mesma finalidade.
A importante novidade con respecto ó pasado curso é que as axudas ademais de cubrir Ensino  Primario e Secundario (axudas por valor de 125 euros/alumno/a), cubrirán tamén a alumnado con Necesidades Educativas Especiais (150 euros), Bacharelato (125 euros), FP (125 euros), Universidade (150 euros) e Ensinanzas Artísticas Superiores (150 euros).

27 de julio de 2017

ADXUDICADA A CONCESIÓN DE TRANSPORTE PÚBLICO ENTRE VILAGARCÍA E O GROVE












A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, concluíu esta mañá o proceso de adxudicación de 11 novas concesións de transporte público de Galicia. Despois de analizar a documentación adicional achegada polas empresas en relación con eses 11 contratos, foi posible pechar o proceso de valoración das ofertas.
Estas novas adxudicacións súmanse ás 27 realizadas onte, de forma que, en total, son xa 38 os contratos de transporte adxudicados a unha empresa ou unión temporal de empresas.
A Administración autonómica completará o proceso de contratación do novo mapa de transporte público por estrada coa adxudicación das tres concesións restantes, que se prevé para os vindeiros días.
A continuación detállase a relación das novas adxudicacións:









26 de julio de 2017

O PLAN DE TRANSPORTE TEN PREVISTO AUMENTAR AS LIÑAS AO HOSPITAL DO SALNÉS










A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, revelou a existencia de "baixas importantes" en ofertas presentadas por algunhas empresas aos 41 contratos correspondentes a máis de 570 liñas de autobús da primeira fase do plan de reordenación do transporte da Xunta. 

Segundo avanzou Vázquez este mércores en Vilanova de Arousa (Pontevedra), a preguntas dos xornalistas, o Goberno galego prevé adxudicar esta mesma xornada ao redor da metade deses contratos, mentres analiza se esas baixas son "temerarias" --unha baixa temeraria é como se denomina a aquela oferta anormalmente baixa--. 

En canto á localidade que visitaba, sinalou que "non se verá afectada a liña Santiago-O Grove", posto que non foi renunciada, pero engadiu que "si entra" na primeira fase do plan o servizo que conecta por bus O Grove co Hospital do Salnés. Sobre esta liña, prometeu "melloras como unha parada en Vilanova de Arousa". Expuxo que este é "un servizo municipal" e dixo que a Xunta, co novo plan, "reforzará ese servizo que é municipal con cinco novas expedicións de ida e volta nos días de semana, dando cobertura a Cambados, A Illa de Arousa e Vilagarcía e por tanto Vilanova". Tamén haberá servizos os fins de semana, con dúas expedicións os sábados e tamén expedicións os domingos e festivos, segundo relatou a conselleira, que valorou que "se duplicará" o servizo ao hospital do Salnés. 
Por outra banda, Ethel Vázquez referiuse á solicitude de mancomunidade que lle comunicou o rexedor, sobre a que "Baixas importantes" nas ofertas de empresas aos contratos de autobús asegurou ser coñecedora. "Estamos a analizar a vía xurídica para poder materializar esa demanda e esperamos poder atopala máis pronto que tarde", apuntou. Pola súa banda, o alcalde celebrou que "a mellora é importante" na liña relativa ao hospital.






28 de julio de 2015

CAMBADOS CONCEDE 40 LICENCIAS DE TAXI ESPECIAIS







               AUTORIZACIÓNS ESPECIAIS DE SERVIZO DE TAXI

A área de Mobilidade do Concello de Cambados, en coordinación con outros departamentos (Cultura, Seguridade Cidadá,…) ven de dispoñer dun amplo dispositivo técnico e humano que garanta o normal desenvolvemento da “LXIII Festas do Viño Albariño 2015”.

Con tal motivo, e vista a necesidade de reforzar o servizo de Taxi deste Concello o domingo día 2 de agosto, é polo que vanse conceder CORENTA (40) AUTORIZACIÓNS ESPECIAIS, a titulares de licenza de taxi que conten cos preceptivos permisos administrativos que os faculten para o desenvolvemento do referido servizo.
As autorizacións concederánse única e exclusivamente para o horario comprendido entre as 03’00 a.m. e as 09’00 a.m. do día 2 de agosto de 2.015, e por rigurosa orde de presentación de solicitudes ata completar o número indicado.
Os profesionais interesados deberán presentar a correspondente solicitude no REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE CAMBADOS, a partir do mércores día 29 de xullo, inclusive, en horario de 8’30 a 14’30 horas, acreditando ademáis, que se atopan en posesión do “Contrato Oficial”, conforme ó artigo 20 da Lei 6/1996, de 9 de xullo.

A lista de prezos estipulados para a presente edición é a seguinte:

Saída mínima: 8 €
Castrelo – Hotel Cruceiro
10€
Portonovo
30 €
Oubiña
12€
O Grove
35 €
Pontearnelas
15€
San Vicente do Mar
40 €
O Terrón (Vilanova)
15€
Dena (Meaño)
15 €
Vilanova de Arousa
15€
Vilaxoan
20 €
As Sinas (Vilanova)
20€
Pontevedra
45 €
A Illa de Arousa
20€
Catoira
35 €
Vilagarcía de Arousa - Centro
20€
Barrantes (Ribadumia)
12 €
Sanxenxo
30€
Caldas de Reis
35 €


 


19 de enero de 2015

UNHA EMPRESA CAMBADESA LEVA MESES DE ATRASOS COS SEUS TRABALLADORES




Unha empresa cambadesa leva meses de atrasos aos seus traballadores.

Traballadores da empresa cambadesa Transportes Núñez Sayar S.L. puxéronse en contacto con CORES DE CAMBADOS para que desde aquí fagamos visible a sua situación.

A Empresa de Transportes Núñez Sayar S.L. pasa por malos momentos económicos e fai extensible ese mal momento a os seus traballadores.

En 2013 dispois de acumular 5 meses sin cobrar e sin que quixera reunirse nunca cos traballadores para explicar a situación, os traballadores  denunciaron o caso e uns dias antes do xuizo pagou dous meses e medio sen dietas (xusto para quedar por debaixo dos 3 meses e asi non ir a xuizo). Chegaron a un acordo as partes que os dous meses e medio restantes mais dietas os pagaria en 5 prazos antes de rematar o ano. Pero non solo non cumpliu o acordo senón que ao longo do 2014 aumentou a debeda ata os seis meses. Ao longo do 2014 foi despedindo os traballadores que lle iban reclamando as nóminas. A medida que despedía por motivos económicos iba contratando a outros facéndolle contratos de 3 meses, e de 3 meses debelle dous....

De 13 empregados 12 denunciaron os feitos e destes, 2 contan con sentenzas favorables. Tanto empresa como traballadores tiveron acto de conciliacion pero a empresa non se presentou. 


Esta mesma empresa débelle ao concello de Cambados unha boa cantidade de cartos en concepto de aluguer dunha nave no Polígono Industrial de Sete Pías.



15 de diciembre de 2014

O PP VIVE NO SÉCULO XIX. E LEVA AOS CIDADÁNS CON EL






As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe a lamentable situación do servizo de trens rexionais que conectan Santiago de Compostela con Vigo, A Coruña e Ourense; en especial de modo que “centos de universitarias e universitarios vense na obriga de viaxar sen asento e cos pasillos bloqueados polas maletas, o cal pode resultar máis propio do transporte de gando que de persoas”.

“Os estudantes galegos, tamén os cambadeses, deberían poder viaxar en transporte público con total seguridade”, afirmou Ismael Agra. “Ademais as conexións de transporte público da nosa vila coas cidades galegas son pésimas, froito da nefasta política en mobilidade do Partido Popular”, engadiu.

O secretario xeral das XSG Cambads, Ismael Agra, destacou que “o Partido Popular está demasiado obcecado con recuperar o seu glorioso século XIX, non só ideoloxicamente, senón que pretenden manter a Galicia coas mesmas infraestruturas daquel século”. Tamén recalcou a necesidade “dun servizo público de ferrocarís que responda ás necesidades das mozas e mozos galegos, que non poña en risco a súa seguridade nin que os trate como se de mercadorías se tratase”. Dese modo instou á responsable de Fomento, Ana Pastor, “a aumentar inmediatamente a frecuencia de ferrocarrís nas fins de semana”, por ser cando se producen as criticadas aglomeracións.

O líder da organización socialista puxo en cuestión a privatización do sector ferroviario, lembrándolle á ministra de Fomento que “a mobilidade das persoas tamén é un dereito fundamental que se debe garantir, máis se cabe nas rexións nas que esta se ve dificultada polas complexidades xeográficas”. Porén, instaron á titular deste departamento a “deixar de desfacerse de servizos públicos e empezar a traballar pola súa mellora”.

Do mesmo xeito, Agra censurou que “milleiros de millóns de euros de inversión pública vaian ser agora aproveitados por unha empresa privada, o cal é un reflexo do modelo de goberno do Partido Popular: pagar entre toda a cidadanía os custos que ningunha sociedade privada quere asumir”.

Dende a organización xuvenil tamén criticaron “a pasividade do goberno de Núñez Feijoo á hora de reclamar un servizo de cercanías entre as cidades galegas, feito que facilitaría as comunicacións entre galegas e galegos. Esiximos ao presidente da Xunta que deixe os seus intereses partidistas e defenda o interese xeral dos galegos e galegas.” Concluíu afirmando sobre Feijoo que “ben que se presentaba como o maior defensor da patria de Galicia cando gobernaba o Partido Socialista no goberno central.”

28 de octubre de 2013

OS TRANSPORTISTAS CONTRA O CÉNTIMO SANITARIO






A Asociación de Empresarios do Transporte de Pontevedra considera "ilegal" o imposto do céntimo sanitario, e dúbida que poida ser aplicado porque é "contrario a dereito".

E por outra banda os transportistas de Pontevedra consideran que estamos ante un novo agravio ao sector, porque representa un novo encarecimiento do gasoleo, 36 euros cada mil litros, e a isto hai que sumar o 21% de IVA.
Así que a asociación considera que a nova medida aprobada pola Xunta supón un duro varapalo para as empresas de transporte, que xa teñen serios problemas para poder soportar e repercutir as variacións ao alza dos prezos do combustible e aseguran que "afecta á competitividad do sector nun dos momentos máis duros para o transporte".



"A todo iso haberemos de sumar as cantidades que non se devolverán por circunstancias burocráticas, non dispoñer de certificaciones de estar ao corrente en todo momento con Facenda, Seguridade Social, Transporte, etc. Ou simplemente, non poder fornecer con tarxeta por non dispoñer do aval bancario necesario para que unha petrolera facilítea" sinalaron os seus portavoces.
A xuízo da Federación galega, Fegatramer, "todas estas circunstancias non foron evaluadas co rigor necesario e fan que unha medida xa de seu rechazable, como é gravar cun imposto unha materia prima esencial para o transporte, o sexa, aínda máis, por canto discrimina ás empresas polo mero tamaño dos seus vehículos".