Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CORVILLON. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CORVILLON. Mostrar todas las entradas

10 de diciembre de 2020

CINCO PERSOAS FERIDAS, DÚAS DELAS EXCARCERADAS, TRAS UNHA COLISIÓN MÚLTIPLE NA VG 4.3 EN CAMBADOS


Unha colisión entre tres vehículos na VG 4.3, en Cambados,  rematou con cinco persoas trasladadas ao Hospital do Salnés na mañá de hoxe. Como consecuencia, un dos coches rematou envorcado e dous dos ocupantes afectados tiveron que ser liberados polos bombeiros ao rematar atrapados no interior de distintos turismos.

De feito, os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron ao 112 Galicia que foi necesario efectuar o corte na circulación nese punto da vía para facilitar as labores dos equipos de intervención que acudiron ao lugar do sinistro.

O accidente rexistrouse pouco antes das nove horas desta mañá, tal e como indicaron as persoas que contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para dar conta dunha colisión múltiple na parroquia cambadesa de Corvillón con varios feridos.

Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais do Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia e de Vilagarcía de Arousa e tamén aos membros de Protección Civil de Cambados.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia confirmaron ao persoal do 112 Galicia que, finalmente, un total de cinco persoas resultaron feridas e dous ocupantes de distintos vehículos foron liberados coa axuda do material de excarceración.

O vehículo envorcado Hyundai ía conducido por S. C. L. (48 anos) de Vilagarcia con dor cervical, torácico e lumbar. Foi excarcerada polo Servizo Municipal de Emerxencias de Cambados. A condutora do Megane E.C.A.(37 anos), con dor torácica, e cervical foi excarcerada por Bombeiros do Salnés. O condutor, ocupante e a menor do taxi J. M.D.D., N. F.M., G. L.S. de 6 anos, todos de O Grove, derivados por precaución ao Hospital. Todos os feridos ao Hospital do Salnés.

Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, xuntamente co persoal do servizo de mantemento da vía para restablecer as condicións de seguridade na estrada ata a retirada dos vehículos sinistrados.

Unha vez limpa a calzada, os equipos de emerxencia que acudiron ao lugar do sinistro informaron ao 112 Galicia que, unha vez que foran recuperadas as condicións de seguridade na VG 4.3, a circulación na estrada quedou restablecida. A limpeza de vía foi feita polo Servizo de Emerxencias Cambados e mantemento de estradas.


25 de agosto de 2020

REPOSTAS AS LÁMPADAS ARRANCADAS NO PASEO DO MUÍÑO DA SECA


A nova iluminación da senda peonil do muíño da Seca, en Cambados, durou unha semana escasa ata que os vándalos fixeron das súas. Os cinco focos que desapareceran xa foron repostos.
Na senda peonil do muíño da Seca, unha semana despois de que se colocaran unhas lámpadas solares, xa se botaron en falta cinco. Algunha levárona co poste e todo.
Son moitos os veciños que pasean ou fan deporte por aquí e os residentes en Corvillón utilizan este paseo para achegarse ao centro urbano. Non se entende este estrago en algo que é bo para todos.
Os participantes no obradoiro de emprego que fixeron a obra xa repuxeron os farois que faltaban. Colocáronos de xeito que sexa máis difícil quitalos.
O Concello leva meses tramitando os permisos con Patrimonio para dotar de luz de forma ecolóxica e sinxela o paseo da Seca, unha demanda da veciñanza e que parece que alguen non quere que se faga. Na man de todos está coidalo ben común
Desde o Concello anuncian que a Policía Local vai aumentar a vixilancia e piden a colaboración da veciñanza para impedir estes actos vandálicos.

8 de marzo de 2020

A MELLORA DE SEGURIDADE DA ESTRADA PO-549, EN CAMBADOS, PROVOCARÁ CORTES NA CIRCULACIÓN

As obras de mellora de seguridade na estrada PO-549, ao seu paso por Cambados, farán necesario un corte de carril a partir de mañá.
Este peche de carril, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 7+500 e 9+300 da vía, manterase dende o luns ata o vindeiro día 18 de marzo.
Para facilitar a circulación, darase tráfico en ambos sentidos por un mesmo carril, con paso alternativo regulado por semáforos.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar a supresión dun tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3
As principais actuacións realizaranse nas interseccións máis relevantes do tramo. Para isto, levarase a cabo a execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica.
Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.
Ademais mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas.


1 de febrero de 2020

CAE UNHA ÁRBORE NO CIMITERIO DE SANTA MARIÑA E UN ACCIDENTE EN CORVILLÓN


Esta tarde o vento tiraba unha árbore no cimiterio de Santa Mariña en Cambados.
Por sorte no caeu de todo e non causou danos personais nin materiais. Os membros do Servicios de

Emerxencias do Concello de Cambados procedeu a cerrar os accesos próximos á árbore e acordoar a zona.
Está previsto que mañán se proceda a talalo, posto que esta tarde xa era case noite e as condicións metereolóxicas eran desfavorables.

Por outra banda un accidente en Corvillón saldouse sen danos personais tamén esta tarde. O accidente de tráfico prodúxose na PO-549, Corvillón (Cambados). Na intervención colaborou a Garda Civil de Tráfico.


28 de octubre de 2019

ARDE UN COCHE EN CORVILLÓN EN ESTRANAS CIRCUNSTANCIAS




Pasados uns minutos da media noite, un turismo ardeu por completo nun incendio no que as forzas da orde intentan esclarecer as circunstancias. O suceso rexistrouse nunha eira na parroquia de Corvillón, en Cambados.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia informaban do sucedido aos Bombeiros do Salnés, aos axentes da Garda Civil e Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.
Finalizada a súa intervención despois de sufocar o lume, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que o turismo afectado ardeu na súa totalidade.




24 de octubre de 2019

DUAS PERSOAS FERIDAS NUN ACCIDENTE EN CORVILLÓN

Dúas persoas resultaron feridas tras bater os seus vehículos cando circulaban pola estrada entre Cambados e Vilagarcía, Po-549 ao seu paso pola parroquia de Corvillón.
Varios condutores contactaron co 112 Galicia para informar dunha colisión fronto-lateral.
Como resultado do choque duas persoas resultaron feridas, C. P. R. de 71 anos con dor torácica e cervical e N. C. P. de 42 anos e de Cambados con mazaduras en cara e dor cervical. Ambos feridos foron trasladados ao Hospital do Salnés.
Cómpre sinalar que os feitos ocorreron sobre as seis desta tarde, concretamente no quilométro 8 da estrada dirección Cambados. 

Na intervención colaboraron a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Vilagarcía de Arousa e Cambados.









13 de agosto de 2019

PRESENTADO O XIX FESTIVAL XIRONSA

  • Fátima Abal acompañada pola deputada de Cultura Vitoria Alonso presentaron o XIX Festival Xironsa.
  • O festival terá lugar en Corvillón – Cambados os días 30 e 31 de agosto                                                    
Hoxe tivo lugar a presentación da XIX edición do Festival Xironsa no Salón de Plenos do Concello de Cambados, nesta presentación a alcaldesa Fátima Abal contou coa presenza de Vitoria Alonso deputada de Cultura.
Este ano como anos anteriores contará con varios concertos nos dous días de duración do Festival, ademais do xantar Xironsa, xogos tradicionais, unha feira artesán contarase con distintos postos de comida e a realización dun mural en vivo.
Ao longo dos días transcorrerán varias actuacións con pasarrúas, actuacións na sesión vermú e con concertos pola tarde, sen esquecernos das actuacións nocturnas na que o venres pola noite podemos contar con SES, XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DA SALITRE, LEIRABUXO,SRA DJ, e na noite do sábado actuarán OS RESENTIDOS, XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA, XIRONSA, TREBOADA ROCK, SRA. E SR. DJS.
A alcaldesa Fátima Abal agradece aos organizadores e colaboradores a realización deste tipo de eventos, que está claro que son todo un éxito, só basta con comprobar que esta xa é a súa dezanove edición e isto non seria posible sen un gran traballo dos organizadores e a resposta do público e anima a todos e a todas a que gocen destas actuacións, e como novidade este ano contarase con un Punto Morado para  axudar e informar as mulleres da mesma maneira que se contou na Festa do Albariño,  e recomenda prudencia para que sexan uns días inesquecibles e lémbrense pola diversión e o entretemento e non por outros motivos menos agradables.
Fátima Abal deséxalles que o tempo acompañe este evento e que teñan unha gran acollida e unha gran afluencia de público, como foi o caso das anteriores edicións e que este ano se batan todos os récords neste  XIX Festival Xironsa.



7 de agosto de 2019

INGRESA EN PRISIÓN A MULLER QUE PRENDEU LUME NA CASA COS SEUS PAIS DENTRO



O xulgado ordena o ingreso na cadea da muller que prendeu lume á casa de seus pais con eles dentro. 
Mentres, os dous anciáns continúan aloxados no asilo de Cambados e á falta do informe definitivo do peritos do Concello, todo parece indicar que a casa vai ser derrubada.

O Xulgado de Instrución número 2 de Cambados ordenou o ingreso en prisión da muller que prendeu lume no lugar da Laxe á vivenda dos seus pais octoxenarios, mentres eles estaban no interior da casa. O martes pasado, mentres as lapas deixaban inhabitable a vivenda familiar de Corvillón, a muller presentábase no cuartel da Garda Civil para confesar que fora ela a que prendera lume.

Declarou ao día seguinte no Xulgado de Instrución número 2 da localidade arousá e a muller quedou en liberdade sen fianza. Unha liberdade condicionada á entrada da detida nun centro hospitalario para a súa avaliación psiquiátrica, e de ser necesaria, a administración do tratamento que no seu caso lle correspondese.

A medida case era de esperar. Ao parecer, a muller atopábase nun estado de gran confusión cando se presentou na Garda Civil. Foi trasladada a un centro sanitario de Vigo, onde se lle practicaron diversas probas demandadas desde o xulgado. Volveu presentarse á xuíza, quen decretou prisión preventiva.

Mentres, os pais seguen aloxados no asilo de Cambados. O Concello está a revisar a vivenda e a buscar outro aloxamento, que, se non é definitivo, si que poida darlles estabilidade. Nos próximos días está previsto rematar o informe dos técnicos municipais, pero debido ao estado da vivenda o máis probable é que a derruben por seguridade.



31 de julio de 2019

EN LIBERTAD SEN FIANZA A MULLER QUE PRENDEU LUME NA VIVENDA FAMILIAR






O xulgado de instrución número 2 de Cambados decretou a posta en liberdade sen fianza da muller detida onte tras recoñecer que prendeu lume á casa dos seus pais con eles dentro. Segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a muller está investigada por dous delitos de homicidio en grao de tentativa. O xuíz optou por deixala en liberdade porque ninguén solicitou o seu ingreso en prisión, aclarou o tribunal. A súa posta en liberdade, en todo caso, está condicionada ao seu ingreso nun hospital para unha avaliación psiquiátrica. A muller, duns 45 anos, entregouse á Garda Civil pouco despois de causar un incendio na vivenda unifamiliar na que residían os seus pais, en Corvillón (Cambados), e na que ela pasara a noite. O incendio produciu danos estruturais importantes no inmoble e obrigou aos servizos de emerxencia a apontoar a planta baixa e unha habitación do piso superior. O matrimonio, unha parella de octoxenarios, puido saír da vivenda polo seu propio pé e non resultaron feridos no incendio.
Esta mañán Axentes da Policía facían as últimas investigacións na vivenda calcinada polo lume.




30 de julio de 2019

UN INCENDIO PROVOCADO EN CORVILLÓN DEIXA UNHA VIVENDA MOI DANADA

O incendio rexistrado a primeira hora desta mañá, nunha vivenda na parroquia de Corvillón, en Cambados, foi provocado pola filla dos propietarios da vivenda.
Así o recoñeceu a propia autora que se inculpou do sucedido tras personarse
voluntariamente no Cuartel da Garda Civil de Cambados.


O incendio comezou pouco antes da sete da mañá e arrasou a planta baixa e unha habitación do piso superior da vivenda, que sufriu importantes danos estructurais.
Nese momento encontrábanse no interior da casa os propietarios, un matrimonio duns 80 anos, que puideron sair polos seus propios medios.
A muller duns 50 anos foi detida e está acusada de dous homicidios en grao de tentativa por provocar o incendio que supuxo danos estruturais na vivenda unifamiliar propiedade dos seus pais.
Un incendio provoca danos estruturais importantes nunha vivenda unifamiliar da parroquia cambadesa de Corvillón.
De momento, descoñécese a orixe do lume cuxos efectos obrigaron a apuntalar a planta baixa e unha habitación do piso superior.
Por fortuna, ninguén resultou ferido, aínda que a vivenda estaba ocupada cando se produciu o incendio. Así o indicaron os veciños que chamaron ao 112 Galicia minutos antes das sete desta mañá para pedir axuda despois de escoitar berros de auxilio.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros do Salnés e dos membros do servizo local de Protección Civil para apagar un lume que arrasou por completo a planta baixa da casa e unha habitación situada no piso superior. Ademais, os danos ocasionados polo incendio obrigaron aos membros do operativo a apuntalar as zonas afectadas.
Á parte dos equipos de extinción, traballaron no lugar os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o lume.

O Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Cambados, Tino Cordal, explicou que o departamento xa xe puxo a disposición da familia afectada na busca dunha alternativa.














12 de mayo de 2019

UN FERIDO EN CORBILLÓN ESTA PASADA NOITE



Unha saída vía EP-9004 en Tragove, Corbillon ás 23:10 causou un ferido, F.J.P.O. 40 anos e veciño de Cambados. O piloto da moto deixou o lado dereito da estrada impactando nunha pedra. O ferido tiña unha fractura de mandíbula aberta, perda de pezas dentais, contusións e laceracións por diferentes áreas do corpo. Foi evacuado ao hospital de Salnés na ambulancia do 061. Encárgase da investigación do incidente o destacamento de atestados da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.



28 de septiembre de 2018

UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS



Pasadas as 10 da mañán producíase un accidente na EP-9400 na parroquia de Corvillón.

Unha colisión frontolateral entre un coche e unha furgoneta provocou feridas leves no conductor desta última, M.O.S. de 52 anos, con dor cervical e lumbar, que foi evacuado ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061.
Na intervención colaboraron a Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico e Atestados e Protección Civil de Cambados.



10 de agosto de 2018

HEREDEIROS DA CRUS E NOITE FECHADA ESTRELAS DO VIII FESTIVAL XIRONSA




A semana pasada presentouse o cartel completo do VIII FESTIVAL XIRONSA os días 24 e 25 de agosto. Contará con dous triunfadores da Festa do Albariño do 2017. Heredeiros da Crus e Noite Fechada.
A parte destes dous grupos de gran renome en Galicia, súmanse outros de gran prestixio. 

DAVIDE SALVADO

OS D'ABAIXO


LEIRABUXO


PETER PUNK


KANBAHIOTA

PARADANDA


SUSANA SEIVANE


HEREDEIROS DA CRUS


NOITE FECHADA


XIRONSA


Este ano entre as novidades do festival a firma de Albariño PACO & LOLA.
A partir de agora o escenario do mar, antes chamado Escenario A Seca, pasará a chamarse "ESPAZO PACO & LOLA". Ademáis todos os asistentes os concertos da tarde poderán degustar viños da marca a precios especiais na barra Paco & Lola alí habilitada.

Outra novidade será a Feira de artesanía que se celebrará durante a xornada do Sábado 25 de Agosto.
No FESTIVAL XIRONSA haberá zona de acampada con duchas e baños, totalmente gratuita hasta completar aforo!!! Si non te queres perder nada reserva sitio!!! Este ano o FESTIVAL XIRONSA está que se sale! xa non tendes excusa!
Xa está  á venda os tickets para o IX Xantar XIRONSA do sábado 25. 
Os puntos de venda son:
➡️ Supermercado Solymar
➡️ Alimentación Costa
➡️ Agro Ribeiro
➡️ Bar A Leria
➡️ Estanco Coronas
➡️ Super Borlet
➡️ Trafos
➡️ holaMOBI CAMBADOS
➡️ Libraría Cabanillas


 Ou por teléfono: 645827205 e Whastapp

Tamén haberá hamburguesas e bocadillos, durante o resto da xornada. 
Menú e prezos na imaxe.






10 de enero de 2018

LIMITAN O TRÁFICO PESADO NO ENTORNO DO COLEXIO DE CORVILLÓN







O concello de Cambados pon limite ao tráfico que pasa no entorno do colexio de Corvillón. Desde agora impedirase a circulación de vehículos de máis de 3 toneladas e media mellorando a seguridade nesa estrada provincial pegada ao centro educativo. Polo de pronto a Policía Local informará durante dous meses unha campaña aos usuarios.

Deberán desviarse pola estrada que comunica co porto de Tragove co fin de evitar o tráfico pesado polo núcleo desta parroquia.
Esta estrada rexistra bastante tráfico pesado debido á presenza de depuradoras e conserveras na zona.

No entanto, haberá excepcións; para o autobús escolar, para algún veciño que teña un furgón ou un tractor que alcance as 3,5 toneladas e viva na zona e para os camións das orquestas que acoden ao campo da festa, nese caso deberán solicitar un permiso especial no Concello.

O concello xa instalou sinais verticais para informar destes cambios. Tamén comunicounos por escrito a conserveiras e depuradoras da zona.
A actuación incluirá tamén a instalación de dous redutores de velocidade diante do colexio nos dous sentidos de circulación, no marco do Plan Móvese da Deputación.





5 de octubre de 2017

ACTIVIDADES DE OUTONO DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “A SECA” DE CORVILLÓN









Desde a Asociación de Mulleres Rurais “A Seca” de Corvillón, dentro das actividades que se organizarán este ano, estarán:
Curso de Alfabetización Dixital, para adquirir os coñecementos básicos de navegación por Internet, uso dos móviles intelixentes, tablets etc. Curso subvencionado pola Deputación dentro do Programa “Conectadas”. Terá un custo total de 6 euros e desenvolverase entre o 3 de outubro e o 28 de decembro, en horario  de 20:00 a 23:00 horas.
Así mesmo, realizaranse 8 obradoiros sobre Ecoloxía Doméstica (elaboración de xabóns e produtos de limpeza a base de aceite reciclado, uso de plantas aromáticas e medicinais, etc. O curso farase cunha subvención do concello de Cambados e desenvolverase entre o 13 de outubro e o 1 de decembro e terá un custo de 15 euros.
Ámbolos cursos  realizaranse na Centro Cultural  Xacobe Castro de Corvillón.





25 de agosto de 2017

O FESTIVAL DE XIRONSA SERÁ MÁIS FAMILIAR CA NUNCA












O festival Xironsa de Corbillón, en Cambados, chega este ano 2017 á súa XVII edición cunha novidade, a súa aposta por ofrecer unha programación enfocada ao público familiar.
A cita, centrada na música tradicional e o folclore, presentouse este xoves na Casa do Concello de Cambados coa presenza de Ana Castro, José Luis González e Juan Maceira pola organización; o concelleiro de Cultura da localidade, Víctor Caamaño; e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O festival terá lugar os días 25 e 26 de agosto na parroquia de Corbillón. Este ano case toda a programación vai ser de día, terán unha zona familiar acotada dentro do propio recinto e en paralelo aos concertos, e tamén postos para a cea. Para o tradicional xantar do sábado, os bonos xa están á venda en 10 establecementos de Cambados. Para adultos o prezo é de 15 euros, para nenos de 6 a 14 anos é de 8 euros, e para menores de 6 anos é de balde. 
José Luis González explicou que "este non é un festival de grandes masas", senón que está concibido como un espazo para poñer en valor a esencia da música tradicional, nos formatos que lle son propios como por exemplo os seráns, e que aposta por darlle cabida a asociacións de base que traballan pola proxección da música galega.
O venres 25 terá lugar o III Serán Xironsa coa actuación da Asociación Cultural Penaguda, na praza da Seca, e a continuación está previsto que continúe a música cunha Folidada Aberta. O sábado os concertos de tarde inclúen actuacións de Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País e o Sindicato da Verbena. Nos descansos entre estas actuacións, a música correrá a cargo dos distintos grupos da Asociación Xironsa. Xa pola noite, o cartel está composto por O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilía, e Boudebou gaiteiros. Na zona familiar, haberá xogos tradicionais e as actuacións do mago Dani García e do clown Rudi Dudi.
O evento conta coa colaboración da Deputación Provincial, con cargo ás liña de axudas creada especificamente para  festivais de música e de artes escénicas. Xosé Leal fixo fincapé en que esta liña de axudas "foi creada precisamente para apoiar propostas como o Xironsa, que ademais de apostar pola música galega e en galego, tamén ofrece un programa de actividades paralelas e para todos os públicos".





12 de agosto de 2017

UN APARATOSO ACCIDENTE SÁLDASE CUN FERIDO











Sobre as 10.30 horas desta noite do venres 11 producíase un accidente de tráfico entre un turismo e unha motocicleta no Ribeiro, Corvillón, no municipio de Cambados. Un home de 63 anos, veciño deste concello, resultaba ferido con dores no costado esquerdo e unha brecha na cella dereita. 
Os servizos do 061 trasladaron ao home ata o Hospital do Salnés para unha exploración detallada e o tratamento das feridas.
Segundo informaba Protección Civil de Cambados ata o lugar trasladáronse membros desta agrupación, a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Atestados. 




7 de mayo de 2017

DOUS ACCIDENTES CON 4 FERIDOS EN CORBILLÓN











Tres mozos resultaron feridos tras un forte impacto que se rexistraba durante esta noite de domingo na estrada PO-549 ao seu paso por Corbillón, no municipio de Cambados. 
Por causas aínda por determinar, os dous turismos impactaban de maneira frontal. No Opel viaxaba un veciño de Cambados, de 27 anos, que sufría dor cervical, lumbar e queixábase dunha forte dor nunha das pernas, segundo fontes do servizo de Emerxencias.
No outro vehículo, un Seat, viaxaban dous irmáns. O condutor, de 21 anos, veciño de Cambados, doíase das cervicais e do tórax. Pola súa banda, a irmá, menor de idade e tamén veciña de Cambados, sufría dor torácica, lumbar e cervical.
Como consecuencia da violencia do impacto tamén se causaron danos nun terceiro vehículo e foi derrubada unha farola.

A poucos metros de alí, pasadas as oito e media da mañá rexistrouse outro accidente por unha saída de vía no que resultou ferido leve o condutor dun vehículo, un home de avanzada idade que foi trasladado en ambulancia.