Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SEPRONA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEPRONA. Mostrar todas las entradas

11 de septiembre de 2020

VECIÑOS DE VILARIÑO EN PÉ DE GUERRA


Veciños de Covas de Lobos na parroquia de Vilariño no concello de Cambados están fartos dos cheiros diarios que, segundo as suas sospeitaa, algunha empresa conserveira da zona está depositando e enterrando a escasos 50 mts do rio Umia. Son varios centos de toneladas de cuncha de mexilón os que levan tirados nesta propiedade.
Entre tres a catro camións depositan diariamente desde comezoa do mes de agosto mais o nos días que levamos de Septembro.
Estes cheiros fan imposible a vida sana do rural. Estes veciños pregúntanse como as autoridades consinten semlljante depósito de residuos., Tampouco saben a empresa conserveira ou a encargada de desfacerse da cuncha teñen algún permiso. O único que saben é que os cheiro e nauseabundo. A finca na que que se deposita a cuncha está a escasos metros da EDAR de Ribadumia.
Porque o Seprona non paraliza e investiga este despropósito e comprobe e investigue a legalidade deste verquido.
Onde está o SEPRONA?
Onde está Augas de Galicia?

As imaxes foron tomadas esta mesma mañán por un dos veciños denunciantes destes feitos.


31 de enero de 2020

O REFUGIO DE CAMBADOS LOGRA UNHA SENTENZA EXEMPLAR E SALVAR TRES CANS


Multa de 5 euros diarios durante 30 días, en virtude do artigo 337 do Código penal, e 1.174 euros a abonarlle á Asociación Protectora de Animais de Cambados polos gastos veterinarios xerados para salvar a vida de tres cans que foron atopados en estado esfameado. A sección da Garda Civil do SEPRONA presentou a denuncia contra o propietario e o Refuxio presentouse como acusación particular, para pelexar por que a condena se correspondese co dano ocasionado aos animais. Grazas á denuncia dun particular e a colaboración entre SEPRONA e animalistas, tres cachorros de cruzamento de Stanford salvaron a vida. Segundo a presidenta do Refuxio de Cambados, Olga Costa, tal como chegaron os cans o pasado mes de xullo, se non chegan a recollelos, un deles falecería, xa que o seu estado de desnutrición era moi avanzado. Ao día seguinte íase para os lados, non se tiña en pé, tiña convulsións e tivo que ser ingresado no veterinario. Os tres cans, Dalia, Erika e Benjamín, non só seguen con vida senón que todos foron adoptados xa. O último, leste mesmo luns.

Entrevista a Olga Costa


3 de mayo de 2016

DETIDAS 3 PERSOAS NUNHA DEPURADORA DE CAMBADOS












Axentes da Policía autonómica e do Servizo de Gardacostas de Galicia rexistraron na mañá deste martes as instalacións dunha depuradora de mariscos en Cambados (Pontevedra), no marco dunha operación contra o furtivismo.

Os detidos, que estarían ligados á xerencia da compañía, atribúenselles delitos contra a saúde pública e o furtivismo.

Aos detidos tomóuselles declaración para remitir ao Xulgado número 1 de Ferrol, que é o que se atopa ao cargo do caso.  

A operación permanece aberta e non se descartan novas detencións.


Precisamente, a Policía Autonómica arrestou fai uns dez días aos dous ocupantes dunha furgoneta acusados de levar ameixa de Ferrol tóxica a unha depuradora desta localidade do Salnés.  
Poucos días antes foron detidas outras catro persoas no rexistro da confraría de Barallobre de Fene (A Coruña), na ría de Ferrol, quen quedou en liberdade, aínda que investigados por falsidade documental, contra a saúde pública e contra a Facenda.






26 de marzo de 2016

NOVAS OPERACIÓNS CONTRA O FURTIVISMO NAS RIAS GALEGAS.








Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de 800 quilos de peixe e marisco e 390 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados nos últimos días. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron 4.400 metros de artes de enmalle.
A Ría de Pontevedra foi escenario de diversas actuacións dos gardacostas nas que os axentes incautaron 180 aparellos de pesca, máis de 130 quilos de diversas especies e 250 metros de artes de enmalle. O operativo máis destacado foi en Aguete e saldouse coa incautación de 172 nasas de polbo, 2 caceas, un salabardo e co comiso de 57 quilos de polbo e 35 de centola ovada.
Na ría de Arousa os gardacostas realizaron varios operativos que deron como resultado o comiso de 111 quilos de peixe e marisco e a incautación de 101 útiles de pesca e 250 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante levada a cabo na zona resultou coa incautación de 95 butróns e co comiso de preto de 32 quilos de choco.
Por outra banda, na ría de Vigo, os axentes tamén realizaron diversas operacións que se saldaron o comiso de preto de 162 quilos de diversas especies e coa incautación de 50 aparellos de pesca e de 3.750 metros de artes de enmalle. O operativo máis importante desenvolveuse nas zonas das Queimadas, praia de Samil, Pedras do Sinal e Cabo do Mar e nel os axentes comisaron preto de 29 quilos de peixe e marisco, a maioría choco. Ademais, os inspectores tamén se fixeron con 1.500 metros de artes de enmalle.
Na ría de Muros-Noia os gardacostas tamén fixeron dúas inspeccións contra a extracción ilegal. Nunha delas, levada a cabo en Broña e O Freixo, incautaron unha embarcación de porexpán que carecía de nome e 8 nasas de ferro. Noutra actuación na enseada de Bornalle e Porto do Son, comisaron 21 quilos de marisco –a maioría centola ovada- e incautáronse de 2 viveiros.
Na Costa da Morte, tamén se rexistraron varias actuacións deste servizo que se saldaron co comiso de preto de 118 quilos de especies. A máis destacada tivo lugar en Malpica e resultou co comiso de máis de 80 quilos de centola. Noutra operación desenvolvida na ría de Corcubión, os inspectores requisaron 48 cacharros de polbo e os máis de 3 quilos deste cefalópodo que había no seu interior.
Ademais, nun control realizado no porto de Cariño, en Ortigueira, os axentes de Gardacostas requisaron 150 metros de artes de enmalle.





5 de marzo de 2016

O FURTIVISMO QUE NON CESA ...........






Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, realizaron nos últimos días diversos operativos contra o furtivismo que se saldaron co comiso de máis de 710 quilos de peixe e marisco e con 147 aparellos de pesca. Ademais, os gardacostas requisaron tamén dous vehículos que transportaban parte da mercadoría ilegal.
A actuación máis destacada foi nun control por estrada en Vilanova. Nela, os axentes de Gardacostas en colaboración cos da Garda Civil de Vilagarcía, fixéronse con máis de 290 quilos de vieira ilegal e tamén requisaron o vehículo que transportaba esta mercadoría. Nesta zona tamén se realizou outro operativo en colaboración coa Garda Civil, que deu como resultado o comiso de máis de 61 quilos de vieira.
O Grove tamén foi escenario de dous operativos de loita contra o furtivismo. Nun deles, realizado por estrada en colaboración coa Garda Civil deste municipio, os inspectores comisaron máis de 242 quilos de berberecho procedente de Portugal que carecía de documentación. Ademais, requisouse o vehículo que transportaba o marisco. Noutra actuación levada a cabo no porto pesqueiro, os axentes incautaron 2 viveiros sen identificar que contiñan 14 quilos de nécora.
Por outra banda, entre as Illas Malveiras e Rianxo, os Gardacostas realizaron unha actuación que tivo como resultado o comiso de máis de 43 quilos de choco, máis de 2 quilos de cazón, preto dun quilo de linguado e máis dun quilo de raia. Neste operativo os axentes tamén se fixeron con 140 butróns sen identificar. Noutro operativo desenvolvido en Rianxo coa colaboración da Policía Autonómica, os axentes fixéronse con 20 quilos de ameixa babosa e con 4 angazos.
A zona de Arousa Norte tamén foi escenario de varios operativos de loita contra a extracción ilegal. Así, na zona de San Francisco, na Ría de Muros e Noia, os inspectores fixéronse con máis de 4 quilos de nécora ovada que estaba sen identificar. No Freixo, na Serra de Outes, requisaron máis de 9 quilos de berberecho. A maiores, nos arredores da lonxa de Ribeira os axentes comisaron 20 quilos de ourizo.
Ademais, no porto de Corme tamén se rexistrou unha actuación deste servizo, que se saldou co comiso dun viveiro sen identificar que contiña máis de 2 quilos de nécora e medio quilo de santiaguiños.



21 de febrero de 2016

SEGUEN OS DECOMISOS DE PEIXE E MARISCO AOS FURTIVOS







Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 3.790 quilos de peixe e marisco en diferentes operativos realizados nos últimos días. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 94 aparellos de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle.
A actuación máis destacada foi nun control por estrada en Rande (Vigo). Nela, os axentes de Gardacostas en colaboración cos do Seprona, fixéronse con 3.020 quilos de xurelo por carecer de documentación e ser de talla ilegal. Ademais tamén requisaron de 22 quilos de centola inmadura e ovada.
Na ría de Arousa os gardacostas realizaron varios operativos que deron como resultado o comiso de máis 372 quilos de peixe e marisco e a incautación de 69 útiles de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante fíxose na zona de Barraña e resultou co comiso de 252 quilos de ameixa antirregulamentaria.
Por outra banda, en Carnota, os inspectores tamén realizaron un operativo no que comisaron 200 quilos de mexilla. Ademais, noutros controis desenvolvidos na Costa da Morte, requisaron máis de 76 quilos de diversas especies. O máis destacado foi en Fisterra e nel fixéronse con 46 quilos de lubina e preto de 6 quilos de sargo.
Na praia de Mourisca, na ría de Pontevedra, tamén se rexistrou unha actuación deste servizo, na que se comisaron 6 cacharros de polbo. Ademais, nun control realizado en Arteixo (A Coruña), os axentes de Gardacostas en colaboración cos da Garda Civil, comisáronlle aos furtivos 19 útiles de pesca.



19 de octubre de 2015

A RIA DE AROUSA PASTO DOS FURTIVOS









Axentes do Servizo de Gardacostas, en colaboración con axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica, requisaron nos últimos días máis de 110 quilos de centolo, dous vehículos e unha embarcación en diversos operativos contra o furtivismo realizados na Illa de Arousa e no Grove. Esta actuación forma parte do control que está levando a cabo a Consellería do Mar para vixiar a extracción ilegal de centolo, que permanece vedado ata o vindeiro 7 de novembro na provincia de Pontevedra –de Corrubedo ata A Guarda-.
Así, o Servizo de Gardacostas realizou tres operativos que tiveron como resultado o comiso de centolo. Nun deles, realizado no Grove, comisáronse máis de 38 quilos deste marisco, a embarcación empregada para a súa captura e o vehículo que se utilizou para o seu transporte. Nunha segunda actuación realizada nesta mesma localidade, os axentes fixéronse cunha gaiola con 40 quilos desta especie. Nun terceiro, desenvolvido na Illa de Arousa, os inspectores requisaron un furgón con máis de 33 quilos de centolo. Toda esta mercadoría tería un prezo estimado no mercado de arredor de 1.500 euros.
A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.
 


12 de junio de 2014

A GARDA CIVIL BUSCA AO DONO DUN CAN ABANDONADO






Tibu está en custodia no refuxio de animais de Cambados.
Este husky, ó que lle botan dous anos, está en tan mal estado que lle custa andar. Ten artrose, unha pata rota e unha luxación de cadeira.

Non se sabe que vai ser del porque no refuxio non poden afrontar os mil ou mil cincocentos euros que custaría a operación que precisa.

O traumatólogo non lle ve moita solución. O can ten dor.  Ten unha luxación de cadeira. E ao manipulalo e camiñar ten dor. A pata é irrecuperable, ten desfeito o nocello e o tarso e non ten solución.
A Tibu atopárono atado na baixo dunha casa en construción nunha aldea de Vilanova de Arousa. Decatáronse os veciños porque o escoitaron ouvear pero non saben como chegou aí.

Cando o recolleron, traboulle a un axente do Seprona. O microchip que leva está rexistrado en Madrid pero aínda non se puido localizar o dono. No refuxio de Cambados alertan de que abundan os microchips con datos erróneos e piden un cambio da lei para que non se poidan vender pola internet e implantar sen control.






14 de mayo de 2014

O REFUXIO DE CAMBADOS E O SEPRONA BUSCAN A UNS SALVAXES








Perla, de 7 meses, recupérase agora no refuxio de Cambados da operación tras a fractura de cadril e fémur que lle ocasionou o atropelo e posterior malleira que lle deu o condutor do vehículo.
"Ían 2 persoas, o condutor e o copiloto, menor de 35 anos, e o condutor apeouse unha vez atropelado o can e baixou do coche e comezou a darlle patadas á cadela. A cadela intentaba escapar pero, claro, debido á súa lesión, arrastrábase".
"Aínda non lle chegou apaleala, que abriu o maleteiro do coche, agarrou un bate de béisbol ou un pau de ferro e comezoulle a pegar con ela. Ata que unhas persoas que viñan nun vehículo apeáronse e comezáronlle a berrar".

Uns feitos que cualifican de reprobables e sancionables, polo que buscan os seus autores, para o que ademais da investigación por parte do SEPRONA, solicitan a colaboración cidadá. Os feitos producíronse o 19 de abril nesta céntrica rúa da Illa de Arousa.

"Son dúas persoas, a matrícula 7899, un vehículo gris. E segundo fontes, dixéronnos que non eran da Illa de Arousa, que non lle daban da Illa de Arousa, pero poden ser da zona porque coincidiu xusto tamén a festa da Armenteira aos días seguintes e esas persoas estaban na festa da Armenteira, segundo testemuñas que nos contaron".

O dono desentendeuse da cadela, polo que en principio será este refuxio quen asuma os 240 euros que custou a operación e o posterior tratamento. Mentres agarda, igual ca os seus compañeiros de refuxio, unha familia que a acolla.

"Perla ten mobilidade completa. Mantense de pé, o que ocorre é que necesita moita rehabilitación, necesita moita tranquilidade para que solde ben e esperamos atoparlle unha familia axiña. É verdade que ela ten dono, pero o dono non se fixo cargo nin chamou para preguntar por ela".

Cando avance máis na súa recuperación teñen previsto castrar a Perla, xa que non soportaría un parto. Apuntan que se trata dun cruzamento de can de augas moi nova e agarimosa.


Testimonios recollidos da TVG


 

5 de diciembre de 2013

48 IDENTIFICADOS NUNHA OPERACIÓN CONTRA O FURTIVISMO



Axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración con axentes da Policía Autonómica realizaron un operativo onte á noite na ría de Arousa, dende Aguiño á Illa de Cortegada, que se saldou cun detido e con 48 persoas identificadas. Nesta actuación, os Gardacostas comisaron 140 quilos de ameixa babosa e 8 sachos.
A maiores, tamén na noite do mércores, en Bueu, os Gardacostas, en colaboración co Seprona de Pontevedra, requisaron 2 vehículos que portaban preto de 120 quilos de pescada de talla antirregulamentaria.
Dende a Consellería do Medio Rural e do Mar lembran á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.



18 de noviembre de 2013

INCAUTAN MARISCO NO MUELLE DE TRAGOVE






Unha patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa incautou na noite do pasado día 14 de novembro, 300 quilogramos de volandeira, 28 de polbo, 50 de centola, 30 de nécoras, un lumbrigante e un santiaguiño.
Estas incautacións son froito dos controis que se veñen realizando en diversos puntos do Salnés así como nas inspeccións levadas a cabo nos peiraos dos distintos portos pesqueiros da devandita bisbarra, en colaboración do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia con base en Vilaxoán.

Nun destes puntos de verificación procedeuse á incautación de 28 quilogramos de polbo no interior dun vehículo e que era transportado sen documento ningún que amparase o seu transporte e a súa legal procedencia ademais da cal algúns dos exemplares eran inmaturos, formulándose denuncia por infracción grave á Lei 11/08 de Pesca de Galicia.
O restante marisco encontrábase fondeado en diversos puntos dos peiraos do porto pesqueiro de Tragove (Cambados), o cal unha vez incautado foi devolto ao mar nunha embarcación da Confraría de Pesca de Cambados por encontrarse vivo.


18 de septiembre de 2013

SEGUNDO A XUNTA O REPUNTE DO FURTIVISMO É CULPA DE BAÑISTAS E TURISTAS







A CULPA É DO CHA CHA CHÁ


A Consellería de Medio Rural e do Mar sinala que se pode falar dun leve repunte" do furtivismo, que observa nunha "dobre vertente". Por unha banda, motivado pola presenza de bañistas e turistas durante o verán e, por outro, debido á crise e o "certo incremento" que esta ocasiona en actuacións deste tipo por parte das "clases máis desfavorecidas".

Así se pronunciou o subdirector xeral de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, na comisión de pesca do Parlamento, preguntado respecto diso polo deputado socialista José Ramón Val, quen advertiu do aumento do número de furtivos, en concreto, na Mariña de Lugo, e quixo saber si a Xunta considera que os medios para atajar a súa presenza son suficientes.



A este respecto, Sexto contestou cun "non rotundo". "A Mariña de Lugo non ten especial incidencia en tema de furtivismo", asegurou, antes de apuntar que non lle consta "ningunha queixa oficial" das cofradías desta comarca neste ámbito.

De feito, afirmou que nesta zona existe "un grupo de 8-10 persoas" que son as que extraen percebe de forma furtiva. Cinco delas, precisou, son "reincidentes" e proceden de Cedeira (A Coruña), desde onde se desprazan ocasionalmente". "Outras cinco" son naturais de Ribadeo e Asturias e realizan esta actividade "de cando en vez".




Pero son "furtivos habituais" que, cando se detectan, son "expedientados e sancionados", destacou o responsable de Gardacostas, ante o que Val reprochoulle que cando o PP estaba na oposición falaba de que "os furtivos campaban ás súas anchas" e agora son poucos e identificados.

No que afecta ao resto do litoral de Galicia, Sexto admitiu que é "certo que afecta" pero resaltou que "en ningún momento débese falar de que arrasa coa produción dos profesionais".





16 de agosto de 2013

OS FURTIVOS QUERÍAN FACER O SEU AGOSTO PARTICULAR




Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia da Xunta han requisado 1.680 aparellos de pesca, 350 metros de artes de enmalle e máis de 820 quilos de distintas especies na costa galega na primeira quincena de agosto.

Así o comunicou a Consellería do Medio Rural e Do Mar mediante un comunicado de prensa no que indicou que esta actuación foi realizada en diferentes operativos efectuados en distintas zonas do litoral da comunidade.
Desta forma, na Coruña foron requisados 488 aparellos de pesca e 302 quilos de distintas especies i en Mera (Oleiros) foron incautadas 231 nasas sen identificar e preto de 64 quilos de distintas especies. Mentres, en Ferrol  requisaronse 20 quilos de pulpo de talla antirregulamentaria i en Ortigueira 150 metros de artes de enmalle e dous quilos de peixe.

Pola súa banda, na ría de Corcubión, os axentes da Xunta  decomisaron 217 aparellos, 200 metros de artes de enmalle e 90 quilos de marisco e peixe, e na Costa dá Morte, 103 aparellos de pesca e case 13 quilos de distintas especies.

Tamén na Coruña, en ríaa de Muros e Noia foron requisadas 221 nasas e cinco cacharros e preto de 60 quilos de distintas especies de marisco, a maioría pulpo, informou a consellería.

Finalmente, indicou que na provincia de Pontevedra realizáronse tamén varios operativos. Deste xeito, na ría de Arousa se incautaron de máis de 212 quilos de distintas especies e 349 aparellos. Ademais, en ríaa de Pontevedra, os axentes se incautaron de 272 nasas e case 74 quilos de varias especies, mentres que na de Vigo requisaron 25 nasas e en torno a 48 quilos de distintos peixes.




9 de enero de 2013

LOCALIZADA A PARELLA QUE BOTOU 7 CANS A O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS






Foron localizados os supostos responsables de lanzar unha cadela e as sús crías a través dun muro de 2,2 metros ao interior do Refuxio de Animais de Cambados. Trátase dunha parella de Vilanova de Arousa.
Estas dúas persoas foron identificadas por axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona). Son dous veciños do lugar de Ousensa, en Vilanova, e, segundo transcendeu, xustificou a súa forma de actuar alegando que atoparon aos cans nunha leira e non podían deixalos alí, así que optaron por arroxalos ao interior do refuxio.
Os feitos se produjern sobre as 19.00 horas da tarde do sábado 5 de xaneiro e os cans non sufriron danos, pero á vista do procedemento utilizado poderían haber ter importantes lesións. A cadela pesaba catro quilos e as súas crías medio.
Con intención de que os feitos non quedasen impunes, o Refuxio de Animais de Cambados presentou unha denuncia ante a Garda Civil presentando como probas as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade que teñen instaladas. Froito desta denuncia, os responsables foron identificados. Coinciden coas persoas que aparecen nas imaxes.

Os responsables do colectivo non dan credibilidade á versión da parella identificada, xa que lles recorda que existe un teléfono de contacto para chamar ao refuxio e sinala que o feito de que fosen de noite pódese interpretar co argumento de que sabían que non habería ninguén alí.

Ademais, indica que "no caso de que fosen abandonados, deberían chamar ao Concello responsable para a súa recolleita, que é o Concello de Vilanova de Arousa e non o Concello de Cambados" e recórdalles que "somos voluntarios e da mesma forma que nós axudamos e damos acubillo moitas veces nas nosas casas, este matrimonio puido facer o mesmo e esperar ao día seguinte" para levalos ao refuxio."Quen nos axudará a pagar os gastos destes animais? Canto irresponsable hai solto", indican.