A carpa do Revitaliza instalouse esta mañá na contorna da Praza de Abastos do concello de Cambados. A Concellería de Medio Ambiente de Cambados e a Deputación organizou esta mañá un acto informativo sobre a compostaxe individual
O persoal da Deputación de Pontevedra repartiu á veciñanza material informativo sobre os beneficios da compostaxe e plantas aromáticas para que os comproben na casa
As mestras e mestres composteiros explicaron o funcionamento dos composteiros individuais e dos centros de compostaxe comunitaria (CCC).
O crecente interese pola compostaxe reflectiuse no número de cidadáns que se achegaron para recibir a información así coma na repartición de composteiros individuais facilitados pola Deputación de Pontevedra, xa esgotados nestas datas e que provocaron unha listaxe de agarda de medio cento de familias.
En canto ás estructuras comunitarias, o Concello dispón de dous centros en funcionamento e hai previsión para instarlar outros catro máis repartidos en diferentes zonas da vila.
Asimesmo, segundo sinala a Concelleira de Medio Ambiente, Cruz Leiro, "dentro desta iniciativa séguese a desenvolver o préstamo de trituradoras eléctricas para que os veciños e veciñas con composteiros poidan desfacer os seus restos de poda e nutrir así o seu composteiro individual, ao tempo que se reducen as queimas e os aportes de vexetais ós contedores verdes'.
https://revitaliza.depo.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.