Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de mayo de 2019

NOVOS COMPOSTEIROS E UN CONVENIO DE RECOLLIDA DE TÓNER, FAN DO NOSO CONCELLO LÍDER EN RECICLAXE


Concellaría de Medioambiente: Novidades sobre refugallos,  accións realizadas e novas propostas nos colexios municipais e novo convenio para a recollida de tóners de impresora e fotocopiadora:
O vindeiro luns dia 3 de Xuño, darase a saída a unha serie de actividades ó aveiro do Dia Internacional do Medio Ambiente (5 de Xuño) e que dende a Concellaría de Medio Ambiente se plantexaron desenvolver nos colexios. Obradoiros con materias reciclados e a compostaxe serán os eixos fundamentais das diferentes propostas ofertadas.
Ó longo da semana pasada, rematáronse as instalacións das plataformas sobre as cales se instalaron os novos composteiros nos colexios de Vilariño e Castrelo. Estes novos modelos teñen mais do dobre de capacidade, pasando dos 330L ós 860L e veñen a substituír os previamente instalados. Nestes centros de ensino, e derivado do uso do comedor escolar ademais da horta, prodúcense cantidades semellantes de lixo orgánico ó equivalente a 7 familias, polo que a Concellaría de Medioambiente considerou a ampliación dos sistemas que, dende fai xa dous anos, veñen utilizando para o tratamento da materia orgánica producida in situ, a compostaxe.
Ademais, no colexio Antonio Magariños queda pendente a instalación doutra celosía (sobre a que se sitúa o composteiro) por parte do Mestre Composteiro, dado que o centro está á espera das obras de acondicionamento das súas áreas axardinadas.
Así mesmo, este sistema de tratamento de lixo  vense de implantar tamén no Punto Limpo, situado na parroquia de Oubiña e que en breve acollerá os restos vexetais dos veciños que así o demanden. Como dato curioso, destacar tamén que se está valorando a posibilidade de tratar mediante a compostaxe unha pequena parte dos residuos de algas dunha empresa do polígono polígono industrial.
Así mesmo, para o martes  11, a Concellaría de Medio Ambiente prevé un novo reparto de composteiros individuais. Unha nova remesa de 30 composteiros serán entregados ós veciños/as que o solicitaron previamente e que dispoñen dun pequeno xardín ou horta. Por outro lado, xa se dispón das autorización ambientais pertinentes para a ampliación dos Centros comunitarios de compostaxe que se situarán preto da Casa da Cultura da Merced e no entorno da praza de Beleco.

Ademais, a Concellaría de Medioambiente ven de asinar o convenio de colaboración coa empresa “Traga Tóner”, co obxectivo de recoller e tratar adecuadamente os “tóner” de impresoras e fotocopiadoras de veciños e veciñas. Disporanse de dous puntos de recollida onde os particulares poden achegar os seus “tóner” baleiros, un situado na Casa do Concello e outro no Punto Limpo. Deste modo, estes residuos perigosos, que xa son considerados RAEEs (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) serán xestionados eficazmente sen supoñer custo algún para ó concello, posto que a empresa que os recolle faino gratuitamente, ó presentar para ela un valioso recurso.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.