Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2018

CAMBADOS, O GROVE, A ILLA E SANXENXO TERÁN MESTRES COMPOSTEIROS






Tomiño, Soutomaior, Moaña, O Grove, Illa de Arousa, Cambados, Baiona, Mondariz, Sanxenxo, Ponteareas, As Neves e O Rosal serán os doce concellos adheridos ao Plan Revitaliza que a partires de mediados do vindeiro mes de novembro contarán con mestras e mestres composteiros propios, dentro dos seus planteis municipais, para atender os centros de compostaxe comunitaria e dar asesoramento á veciñanza. Así o anunciou hoxe o vicepresidente César Mosquera logo do acto de adxudicación de destinos ás persoas coas mellores cualificacións do proceso selectivo realizado pola Deputación.
Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, hoxe deuse un novo paso en firme para o Plan Revitaliza, xa que ademais do persoal técnico da Deputación, haberá novos profesionais municipais que sumarán esforzos para que a compostaxe sexa o principal modelo de xestión de lixo na provincia. "O de hoxe é un paso decisivo porque a Deputación sempre plantexou botar a andar o Plan Revitaliza cunha perspectiva de futuro de consolidación que só se pode dar se os concellos botan a andar de forma autónoma, aínda que nun primeiro momento sexa con axuda económica provincial", subliñou.
Mosquera indicou que foron 13 as persoas adxudicatarias das prazas interinas nos concellos, se ben quedaron outras tantas nunha lista de reserva para atender novas necesidades. Apuntou que o procedemento para a concesión do persoal a cada municipio seguiu baremos de poboación, do número de unidades modulares de compostaxe e centros de compostaxe comunitaria en funcionamento, e do grao de implantación do Plan Revitaliza.
Podían ter ata un máximo de catro traballadores os concellos adheridos maiores de 20.001 habitantes; tres traballares os concellos de entre 10.001 e 20.000 habitantes; dous traballadores os concellos de entre 5.001 e 10.000 habitantes; e un traballador os concellos de poboación de ata 5.000 habitantes.  Cada concello foi libre para solicitar o número de mestres ou mestras que considerase axeitado para as súas necesidades -dentro dos límites- e o resultado foi que só o Concello de Tomiño requiriu dúas persoas, mentres que o resto dos peticionarios pediu unha. A Deputación, como axuda para esta contratación, farase cargo do 100% do soldo e Seguridade Social destes traballadores e traballadoras durante o que resta de 2018; do 50% no 2019 e do 30% no 2020.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.