Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de octubre de 2019

NOVIDADES SOBRE REFUGALLOS, ACCIÓNS REALIZADAS E NOVAS PROPOSTAS


Dende que a finais do pasado mes de Maio se comezara coa recollida selectiva de tóners de impresora e cartuchos de tinta, xa se retiraron catro contedores por parte da empresa xestora (Tragatoner), sen coste algún para concello. 

Situados na planta baixa da propia casa consistorial, no edificio Municipal da rúa Ourense (segundo andar), no centro sociocultural da Merced e no Punto Limpo Municipal, os veciños que teñan ese tipo de refugallos (considerados RAEES perigosos) poderán depositalos segundo as instrucións visibles no pripio contedor. Neste senso, cabe salientar que tamén se subscribiu e ampliou o convenio para a recollida de pilas e baterías coa empresa Ecopilas, que facilitou contedores tanto no Punto Limpo, como no propio consistorio (ó carón do contedor de tóners, na planta baixa).

Así mesmo, tamén se incrementou a dotación de contedores para os aceites de cociña usados e se está a traballar na elaboración dun mapa dixital coas localizacións de todos e cada un dos contedores espallados polo concello. Unha vez concluído, este mapa se colgara na web do concello nun formato similar a “google maps”, estando clasificados segundo a tipoloxía de residuos que neles se poden depositar. Dese modo se espera facilitar ós veciños o coñecemento
das ubicacións mais próximas ó seus domicilios, onde depositar os seus refugallos de forma correcta.
Por último, cabe así mesmo salientar algúns aspectos sobre a compostaxe. Por un lado, dúas actividades terán lugar a vindeira semana no Concello. O vindeiro luns 28, as 20h, se entregarán un novo lote de composteiros individuais, que os veciños que asi o consideraron, foron solicitando ó longo dos últimos meses. Asemade, o Mercores pola mañá, diante do concello se instalará un posto informativo sobre a compostaxe e a xestión dos refugallos orgánicos e as novas instalacións que se pretenden facer na vila. Mestres composteiros da Deputacón e o Mestre Municipal atenderán os veciños que se acheguen e entregaranlles unha serie de agasallos, así como bolsiñas de compost producido nos centros comunitarios de compostaxe xa existentes.


Finalmente, destacar tamén o acordo acadado entre a Deputación Provincial e o Concello para a cesión de maquinaria de trituración de restos de poda. Dentro deste acordo, os veciños que dispoñan dun composteiro poderán, a partir de Outubro, solicitar a cesión gratuíta (durante 48h) dunha potente trituradora que lle permita triturar a ramallada acumulada tras as podas. Deste modo, cóbrense varios obxectivos, por un lado redúcense o número de queimas, que era a
solución adoptada pola maioría de veciños (xunto co abandono no contedor verde), reducíndose tanto o perigo de incendio fortuíto, como as emisións de CO2 que leva aparellado. Por outra banda, estes restos debidamente triturados son moi necesarios para un bo proceso de compostaxe e que ate o de agora moitos veciños recollían nos centros comunitarios de compostaxe, co cal xa non terán que desprazarse.


A todo isto sumanse as iniciativas xa presentadas como son a recollida selectiva de orgánico no sector hosteleiro que se porá en marcha o proximo mes.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.