Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta BENÉFICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BENÉFICO. Mostrar todas las entradas

27 de abril de 2016

II PARTIDO BENÉFICO A PROL DO AME








O Domingo, 1 de Maio ás 17:00h no Campo de Futbol de Castrelo o Beiramar C.F. e a Fundación Galiciame organizan o II PARTIDO BENÉFICO para recaudar fondos contra o AME. A entrada será de dous euros, e todo o que se recauda coas entradas e os beneficios da cantina seràn para fundación para loitar contra esta enfermidade.

Entre todos SI SE PODE!!!



29 de febrero de 2016

II FESTIVAL A PROL DA AME








O sábado día 5 de Marzo celebrarase no Auditorio Santa Baia de Ribadumia o II FESTIVAL A PROL DA AME.
Participaran:

Os Demos da Petaca
Agmc Ribadumia
Con de Xido
Añoranza
O precio da entrada será de 3€









22 de diciembre de 2015

A DEPUTACIÓN REPARTE OS KIWIS DO AREEIRO EN ENTIDADES BENÉFICAS







A Deputación de Pontevedra fará chegar este Nadal a entidades sociais da provincia a colleita de kiwis da plantación da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación. O centro de investigación, que conta con 3.000 metros cadrados destinados a este cultivo, recolleu este ano aproximadamente unha tonelada. A froita repartirase entre 26 entidades e colectivos que, á súa vez, a distribuirán entre máis de 3.000 usuarios.

Os kiwis que se están a repartir desde a EFA foron recollidos o mes pasado e están agora no mellor momento para o consumo, xa que precisan de bastante tempo para que maduren correctamente. Os colectivos aos que van dirixidos son comedores sociais coma o de San Francisco, sociedades coma San Vicente de Paúl, parroquias, bancos de alimentos, residencias de anciáns ou colectivos de acción solidaria, todos eles indicados polo departamento provincial de Cohesión Social e Xuventude. Hai entidades tanto de Pontevedra e Vigo coma de Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Tui, Lalín, Ponteareas, Marín, Cangas, A Guarda, Tomiño e Salvaterra de Miño.

A Deputación decidiu que a froita que se produce nas súas plantacións, que cumpre todas as garantías sanitarias e estándares de calidade, non tivese saída para a venda, senón que fose doada a entidades sen ánimo de lucro. Así se fai tamén con outro tipo de produtos do terreo de Lourizán. No que vai de ano, de feito, Areeiro tamén repartiu 1.600 quilos de tomate, 200 quilos de feixoas, 60 quilos de peras, 53 quilos de mirabeis ou 15 quilos de pementos, así como menores cantidades de limóns ou uvas.



23 de octubre de 2015

CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DE GaliciAME








O próximo domingo día 25 de Outubro ás 19:00h, Antonio Seijo e Skylight estarán co seu "Tributo ao Pop" no Auditorio de Ribadumia. 
Este concerto patrocinado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Ribadumia, celébrase a favor da asociación GaliciaAME, a entrada será de 3€ e irá íntegra para a devandita asociación. 


O concerto comezará ás 19:00 e as entradas (3€) poderánse comprar a través de:
GaliciAME (666 251 677), Asociación de Mulleres Rurais As Saíñas (687 968 888), Os Demos da Petaca (607 070 846) e Autos Juan (664 669 458)


Non volo perdades!!!! 
Esperámosvos!!!!!







5 de junio de 2014

CONCERTO A BENEFICIO DE ESPERANZA SALNÉS







A Banda de Música da Escuela Naval Militar de Marín ofrecerá un Concerto a beneficio de ESPERANZA SALNÉS.



Sábado, 14 de Xuño ás 20:30

no Salón De Congresos José Peña - Cambados. Entrada 5 euros que serán doados íntegramente a entidade.
 
A Banda de Música da Escuela Naval Militar está formada actualmente por 44 compoñentes, músicos profesionais, que compaxinan o seu labor na Escuela de Marín con diversas actuacións, entre as que sobresae a sua recente colaboración no aniversario da cidade de Santander e mais nos actos realizados en Vigo con motivo da Volvo Ocean Race. Asemade participa en festivais e certames de música militar.

A actual Banda de Música da Escuela Naval foi creada en 1940, cando esta Escuela estaba en San Fernando, sendo posteriomente trasladada a Marín en 1943. A sua misión é atender as necesidades marcadas polo réxime interior da Escuela Naval Militar, pero tamén realiza actuacións fora da mesma cun amplo repertorio que abranxe desde a música militar e popular á sinfónica. O seu actual director é Francisco García Hurtado.




12 de marzo de 2014

CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS DE ESPERANZA SALNES





O primeiro tenente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo, e o presidente da asociación de comercio Zona Centro, Juan Rey, arrouparon ó xerente da asociación de axuda a discapacitados Esperanza Salnés, Augusto Chaves, na presentación dunha campaña de captación de socios colaboradores para esta entidade social moi aprezada en Cambados. 
Un dos obxectivos desta campaña consiste en recadar fondos, para o cal a asociación Zona Centro entregará dípticos informativos nos comercios cambadeses onde se informará ós clientes sobre o labor que leva a cabo Esperanza Salnés. Neses mesmos folletos infórmase das maneiras en que as persoas interesadas se poden facer socias e colaborar coa asociación de axuda a discapacitados que, actualmente, atende a 24 rapaces de toda a comarca do Salnés con distintos graos de incapacidade grave. 

O segundo obxectivo de Esperanza consiste en abrirse á sociedade para concienciala de que a discapacidade é un problema xeral que nos pode afectar a todos. Por iso é positivo que existan entidades como Esperanza que lle poidan facer fronte ós problemas deste tipo que se poden dar en calquera familia. Augusto Chaves indicou: “queremos achegarnos á cidadanía e nestE sentido agardamos que a campaña teña unha boa acollida”. 


7 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS A BENEFICIO DE CARITAS





O X Festival de Panxoliñas de Cáritas celebrarase o vindeiro domingo 8 Decembro no auditorio de Cambados. O festival dará comezo ás 19.00 horas e participarán entre outras, as seguintes corais invitadas:

- Grupo Catequesis Parroquial de Santa Mariña de Cambados.

- Coral Polifónica de Santa Mariña de Cambados.
- Coral Nosa Señora dá Xunqueira de Santa Eulalia.
Coral Polifónica San Miguel de Lores.
Coral Polifónica de Cambados.

8 de julio de 2013

CONCERTO BENÉFICO DO REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS





O 12 de Xullo, Venres, terá lugar un evento benéfico a favor do Refugio de Animales de Cambados. Será na praza de O corgo, á beira do concello, en O Grove e o evento empezará ás 17h co  habitual posto do ''mercadillo da pulga'' onde poderedes atopar artigos de todo tipo a un bo prezo!!! 

A partir das 22h comezarán os concertos, a entrada aos concertos será gratuita, e contarán coas actuacións de:



- Rúa do ruído
- Os cacikes 
- Mnemotecnia




En beneficio de: Refugio de animales de Cambados 
Colabora: Sonidina & lp sistemas , Iniciativa Local , Concello de O Grove.