Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de marzo de 2014

CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS DE ESPERANZA SALNES





O primeiro tenente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo, e o presidente da asociación de comercio Zona Centro, Juan Rey, arrouparon ó xerente da asociación de axuda a discapacitados Esperanza Salnés, Augusto Chaves, na presentación dunha campaña de captación de socios colaboradores para esta entidade social moi aprezada en Cambados. 
Un dos obxectivos desta campaña consiste en recadar fondos, para o cal a asociación Zona Centro entregará dípticos informativos nos comercios cambadeses onde se informará ós clientes sobre o labor que leva a cabo Esperanza Salnés. Neses mesmos folletos infórmase das maneiras en que as persoas interesadas se poden facer socias e colaborar coa asociación de axuda a discapacitados que, actualmente, atende a 24 rapaces de toda a comarca do Salnés con distintos graos de incapacidade grave. 

O segundo obxectivo de Esperanza consiste en abrirse á sociedade para concienciala de que a discapacidade é un problema xeral que nos pode afectar a todos. Por iso é positivo que existan entidades como Esperanza que lle poidan facer fronte ós problemas deste tipo que se poden dar en calquera familia. Augusto Chaves indicou: “queremos achegarnos á cidadanía e nestE sentido agardamos que a campaña teña unha boa acollida”. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.