Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MERCHI FERNANDEZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MERCHI FERNANDEZ. Mostrar todas las entradas

23 de octubre de 2015

CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DE GaliciAME








O próximo domingo día 25 de Outubro ás 19:00h, Antonio Seijo e Skylight estarán co seu "Tributo ao Pop" no Auditorio de Ribadumia. 
Este concerto patrocinado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Ribadumia, celébrase a favor da asociación GaliciaAME, a entrada será de 3€ e irá íntegra para a devandita asociación. 


O concerto comezará ás 19:00 e as entradas (3€) poderánse comprar a través de:
GaliciAME (666 251 677), Asociación de Mulleres Rurais As Saíñas (687 968 888), Os Demos da Petaca (607 070 846) e Autos Juan (664 669 458)


Non volo perdades!!!! 
Esperámosvos!!!!!







31 de agosto de 2015

UNHA FIN DE SEMANA INESQUECIBLE








Trece familias compartiron estes días actividades e experiencias en Cambados. Todos teñen algún membro que padece AME, atrofia muscular espiñal. Unha enfermidade rara que fai que se vaia perdendo forza muscular. A maioría dos casos prodúcense en nenos. En Galicia hai nove casos rexistrados.


A Merchi Fernández, organizadora do encontro, diagnosticáronlle AME, Atrofia muscular espinal a comezos deste ano. Unha enfermidade da que apenas sabía nada. "Aféctame en todo, a todos os músculos do pescozo para abaixo. Hai días que non podo camiñar, bloquéanse partes do corpo. Os nosos musculos vanse consumindo", explicaba Merchi.

A maioría dos casos preséntanse en nenos. 
Estes días familias de toda España reúnense en Cambados para compartir experiencias e tamén para que os cativos se coñezan. "Xogamos ao fútbol, coñecin xente nova e vimos os títeres", "o que fixemos foi comer e xogar e xogar", "vimos marionetas e xogamos ao fútbol, pero aínda quedan máis cousas", comentan con ilusión os pequenos.

En España hai uns 1.500 casos rexistrados, nove na nosa comunidade.