Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de diciembre de 2015

A DEPUTACIÓN REPARTE OS KIWIS DO AREEIRO EN ENTIDADES BENÉFICAS







A Deputación de Pontevedra fará chegar este Nadal a entidades sociais da provincia a colleita de kiwis da plantación da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación. O centro de investigación, que conta con 3.000 metros cadrados destinados a este cultivo, recolleu este ano aproximadamente unha tonelada. A froita repartirase entre 26 entidades e colectivos que, á súa vez, a distribuirán entre máis de 3.000 usuarios.

Os kiwis que se están a repartir desde a EFA foron recollidos o mes pasado e están agora no mellor momento para o consumo, xa que precisan de bastante tempo para que maduren correctamente. Os colectivos aos que van dirixidos son comedores sociais coma o de San Francisco, sociedades coma San Vicente de Paúl, parroquias, bancos de alimentos, residencias de anciáns ou colectivos de acción solidaria, todos eles indicados polo departamento provincial de Cohesión Social e Xuventude. Hai entidades tanto de Pontevedra e Vigo coma de Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Tui, Lalín, Ponteareas, Marín, Cangas, A Guarda, Tomiño e Salvaterra de Miño.

A Deputación decidiu que a froita que se produce nas súas plantacións, que cumpre todas as garantías sanitarias e estándares de calidade, non tivese saída para a venda, senón que fose doada a entidades sen ánimo de lucro. Así se fai tamén con outro tipo de produtos do terreo de Lourizán. No que vai de ano, de feito, Areeiro tamén repartiu 1.600 quilos de tomate, 200 quilos de feixoas, 60 quilos de peras, 53 quilos de mirabeis ou 15 quilos de pementos, así como menores cantidades de limóns ou uvas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.