Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2015

CAMBADOS NOTICIAS CHEGA AOS 3000 MEMBROS




O grupo de facebook  CAMBADOS NOTICIAS  chega a os 3000 membros.
Hai ano e medio aproximadamente nacía este grupo onde poder publicar noticias coa liberdade de expresión do S.XXI. Aparte de publicacións dos membros en xeral, catro dos blogs destacados en Cambados, converteron este grupo nunha plataforma para impulsar e facer chegar a máis público as suas publicacións.

Alza a voz Cambados www.alzalavozcambados.com
A ti meu Cambados www.atimeucambados.blogspot.com.es
Cores de Cambados www.cxusto.blogspot.com.es
Dos vueltas de tuerca www.dosvueltasdetuerca.wordpress.com
Son os blogs de referencia de CAMBADOS NOTICIAS

No grupo hai membros de todas as idades non so de Cambados, senón de pobos cercanos, do resto de España e do mundo vencellados dalgún xeito con Cambados, xente da emigración ou xente que naceu fora pero con raíces no noso pobo.
Cambados Noticias crece e hai a quen lle disgusta que crezamos e que lles restemos potenciais lectores. As duas cabeceiras máis importantes da prensa comarcal teñen a menos nomear aos blogs, a pesares que recollen información nosa e chegan a consultar connosco sobre novas.

Milleiros de novas, unha media de dez ao dia, moitas delas das a prensa non se fai eco, enchen este espazo que quedar libre hai un tempo pola desaparición doutro grupo semellante. Todo aquel que incumpra a premisa da falla de respeto hacia outros membros, vese rexeitado do grupo ao igual que os que incumplan a norma de poñer publicidade enganosa.

Coma todo grupo todo é susceptible de mellorar pero esa labor vaise facendo pouca pouco.
Como un dos administradores do grupo teño que dar as grazas a todos os membros que participan de forma activa e continuada e animar ao resto a que participen. 

     


                                            GRACIÑAS A TODOS



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.