Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de enero de 2015

O CAMBADÉS MARCOS SERÉN FINALISTA NO CONCURSO DE TAPAS DE PARADORES






O responsable da cociña do parador Muíño Vello de Gijón,  o cambadés, Marcos Serén Portas, acaba de ser elixido finalista no primeiro Campionato de Tapas organizado pola rede nacional de hoteis cunha creación que leva concentrada unha amálgama de sabores apegados á terra e o mar. Un "bocado de tiramisú do Cantábrico" que conseguiu sorprender aos xuíces na fase de selección, e co que tratará de impoñerse na votación final.
Será o vindeiro día 4 de febreiro na feira "Madrid Fusión", onde deberá poñerse mans á obra para emplatar en directo, porque "boa parte do pincho xa o levamos preparado", explica o xefe de cociña do establecemento gijonés. Con el levarase o necesario para preparar unha creación en frío, que aguante un mínimo de 20 minutos sen cambios e que, ademais, conquiste ao xurado co seu particular mestura de texturas e sabores: un biscoito de cacao apto para celiacos, unha escuma de queixo de afuegal pitu, bocarte do Cantábrico e xelatina de sidra.



O resultado, unha tapa "moi saborosa", sinala Marcos Serén, "encantado" con quedar finalista porque "ser elixido para a rolda final, á que chegamos seis persoas de entre 36 paradores de toda España, xa é todo un premio"
.


Desde CORES DE CAMBADOS queremos desexarlle toda a sorte do mundo a Marcos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.