Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de enero de 2015

O CAMBADÉS MARCOS SERÉN PROTAGONISTA NA TELEVISIÓN DE ASTURIAS



Marcos Serén é protagonista, trala nominación como finalista do Concurso de Pinchos de Paradores dunha reportaxe na RTPA, Televisión de Asturias.


Presentará o seu 'Tiramisú do Cantábrico' en Madrid Fusión

O xefe de cociña do Llar del Molín, en Gijón/Xixón, Marcos Serén, é un dos tres finalistas do primeiro concurso de tapas e pinchos que organiza Paradores.
Un bocado de tiramisú do Cantábrico elaborado con biscoito de cacao, queixo Afuega'l Pitu, xelatina de sidra e bocarte do cantábrico son os ingredientes, aptos para celiacos, que pretenden render homenaxe a Gijón e á cultura sidrera.

VIDEO AQUÍ
Con este pincho presentarase en Madrid Fusión, o próximo catro de febreiro, onde competirá con outros dous cociñeiros na súa categoría e terá que elaborar ante un xurado a súa creación nun tempo determinado.
Hai catro anos que Marcos chegou como cociñeiro en prácticas aoLlar del Molín del Parador e, hoxe, é xa xefe de cociña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.