Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
20 de agosto de 2014
GRAZAS A TI MARCOS, POR INFORMAR
Esta semana non podemos deixar pasar de referirnos ao récord acadado polo blog "ALZA LA VOZ CAMBADOS". 184.000 en dous dias que se di pronto.
Un récord difícil de batir e moi difícil de dixerir por certos blogs e contas de facebook ou twitter máis interesados en desprestixiar aos competidores que de informar. Como xa fixo "A TI MEU CAMBADOS", nos sumámonos as felicitacións enviadas a Marcos Serén, administrador de "Alza la voz Cambados" e que nos consta foron moitas.
Exemplo da envexa é a foto do lado, publicada en twitter, na que aparecen as estadísticas de CORES DE CAMBADOS e outras tres fotos coas estadísticas de outros tres blogs de Cambados, "ALZA LA VOZ CAMBADOS", "A TI MEU CAMBADOS" e outro que non lle gusta que se lle poña nome noutras publicacións. Estos datos foron aportados por un anónimo co ánimo de encumbrar a certo blog e vilipendiar a "A TI MEU CAMBADOS" colocandóo na cuarta posición dos blogs cambadeses cando todos sabemos que non é así i nos mesmos aceptamos esa cuarta posición.Porque nos a diferenza de outros non competimos, o que non quere decir que nos encanta que a xente nos lea e cando é necesario compartir a nosa ledicia con todos vos.
En fin, parabéns Marcos e os teus colaboradores e grazas a tí por informarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.