Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2014

SEGUIMOS COAS MENTIRAS OU MEDIAS VERDADES








Unha mentira repetida mil veces non é unha verdade.
Queremos  aclarar, por si algún salvapatrias non se enterou, que a denuncia está feita sobre unha foto dun coche da Policía Local e non do radar da DGT.
Polo tanto non deberíamos mentir aos lectores e facer fotos que non veñen ao caso. 
A Policía Local non é o PP, por sorte, pero o governo municipal de Cambados é do PP i é quen permite os desmáns deste corpo cando se producen. 

A definición de "rampa" no está moi clara para os "salvapatrias" pero imos a explicarllo e na Wikipedia dí:"Unha rampa é un elemento arquitectónico que ten a funcionalidad de circunvalar parcialmente dous planos distintos, de modo que estes posúan unha relativa diferenza de altitude en determinado espazo" 
O coche da Policía Local está na "acera" próximo a rampa pero nin vai sair nin entrar no almacén, pois estivo alí parado un bo rato. E sin ninguén ao volante como pode apreciarse na foto.

Por suposto que entendemos o escrito e todos os escritos que lemos, que a verdade son poucos dese blog, por eso sabemos do que escribimos.
Polo tanto podemos asegurar que non dí a verdade para defender a actitude da Policía Local neste apartado.






Pero o que máis me extrana é que diga que se intenta desprestixiar desde internet a colectivos e sociedades de Cambados. Pola nosa banda non escribimos todo o que sabemos por non despestixiar precisamente a ningún colectivo nin sociedade. Pero hai cousas que a xente debe saber e para eso estamos, na medida que podemos, os blogs incluso o dos "salvapatrias".

Outra cousa que escribe é que non reciben os aplausos de ningún responsable político local.... noraboa xa somos dous!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.