A Mancomunidade do Salnés aprobou onte por unanimidad a moción presentada polo BNG en apoio as reclamacións da Plataforma de Emigrantes Retornados de O Salnés, nunha sesión marcada pola extrana ausencia de Tomás Fole e Catalina González, alcaldes que votaron en contra dun texto similar nos seus respectivos Concellos. Esta ausencia ven a certificar a cobardía de ambos alcaldes.
Medio cento de afectados etiveron presentes no salón de sesións. As queixas polas ausencias non se fixeron agardarestas, pois era o momento de rectificar a suas primeiras votacións. Gonzalo Durán, presidente da Mancomunidade permiteulle a os representantes da Plataforma falar para expoñer a sua situación. Un portavoz recordou os problemas a os que se enfrontan 250.000 persoas en Galicia e 600.000 en España: Facenda reclámalles pagos e multas de ata 20.000 euros por non tributar desde 2008 polas pensións que cobran doutros países onde estiveron emigrados, pese a que descoñecían que estaban obrigados a iso.
Todos os grupos (PP, PSOE, BNG e SAL) apoiaron o texto, que ata foi ampliado sobre o orixinal do BNG, defendido pola sua portavoz, María Villaronga.
Desde o executivo, Gonzalo Durán, nun momento de lucidez deixou clara a postura do grupo popular: "Cristobal Montoro, ministro de Facenda, é do meu partido, do PP, pero non estamos de acordo con el. Non está ben que chame defraudadores a quen traen diñeiro para Galicia e fágase unha amnistía fiscal par quen se levan o diñeiro para fóra", dixo.
Agora instarán a o Estado a que reconsidere a súa postura, retire as multas e o diñeiro esixido de xeito retroactiva desde 2008 e aporte máis información sobre esta política fiscal no futuro.
Este non deixa de ser un pequeno paso, queda camiño por recorrer ata achar unha solución xusta para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.