Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de septiembre de 2014

O BNG PIDE UNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN POLO ASUNTO DA POKEMON EN CAMBADOS






O BNG expón ante o concello o seguinte: Onte nun xornal aparecía a noticia de que dentro da operación xudicial coñecida como “Pokemon”, a  Vixilancia Aduaneira interveu os ordenadores da empresa “Aquagest” onde encontrou información, en forma de correos electrónicos, sobre prácticas de enchufismo e recomendación  que vinculan á mencionada empresa co concello de Cambados, entre outros nos que a empresa ten a concesión da auga. E que ditos correos revelan peticións de alcaldes, entre eles o de Cambados entre os anos 2008 e 2013, para colocar na empresa a persoas coñecidas, do seu entorno ou da súa familia (segundo afirma o referido xornal). Como queira que o “enchufismo” é unha práctica inaceptable na Administración Pública pero tamén cando esa Administración privatiza un servizo esixindo como contrapartida a colocación de determinado persoal na empresa, é polo que cremos que o concello de Cambados debe facer todo o posible por aclarar canto antes esta acusación levando á máxima transparencia á súa recente xestión.
Esta é a razón pola que o BNG, ao igual que fixo no mes de marzo do ano 2013 cando desde un medio de comunicación se vinculaba nunha investigación xudicial ao concello de Cambados, máis concretamente ao exalcalde e Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, por supostos cobros ilegais de comisións a cambio de concesión de obras no noso concello, solicita igualmente nesta ocasión a creación dunha Comisión de Investigación a nivel municipal para aclarar estes novos feitos delictivos. Vivimos nuns momentos onde a cidadanía está a mostrar unha gran desconfianza da xestión pública de determinados cargos; desconfianza que se xustifica en casos como os referidos neste escrito, polo que compre unha maior transparencia para evitar e aclarar os casos de corrupción, e contundencia para cos representantes políticos que están enganando a unha defraudada cidadanía. Por iso, os veciños e veciñas de Cambados, agradeceríanlle que desde o Concello se mostrara unha posición clara e contundente contra este tipo de actuacións e que se  manifestara a vontade política necesaria para trata de aclarar, urxentemente, este asunto.

Como representante da cidadanía ten vostede na súa man, novamente, a obriga de non defraudala, polo que debe actuar veloz e eficazmente na aclaración e resolución deste caso que está, ademais, a transmitir unha imaxe negativa dun importante representante  do seu partido político.



Por todo esto o BNG solicita, que o concello  constitúa, urxentemente, unha Comisión de Investigación na que estean presentes membros de todos os grupos políticos que forman parte da corporación municipal, de xeito que con ela se transmita  a mensaxe contundente á cidadanía de que desde a alcaldía do Concello de Cambados se fará todo o posible por aclarar e solucionar, con rapidez,  este caso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.