Os alcaldes do Partido Popular na provincia de Pontevedra fan unha fronte común ante "a actitude de violencia crecente" que, como no caso de O Porriño, denuncian, "están empregando algunhas persoas contra os rexedores locais e os membros do PP". Trátase dunha postura en relación ás últimas mobilizacións dos afectados polas participacións preferentes e subordinadas.
Mediante un comunicado de prensa conxunto, os alcaldes populares trasladan a súa "máxima solidariedade e apoio" ás persoas afectadas polas preferentes, e o seu compromiso firme de "defender os seus intereses onde sexa necesario". Pero ata agora e como di a canción "parole, parole, parole" moitas palabras e poucos feitos.
Aínda que expresan "o máis profundo rexeitamento e condena expresa dos incidentes rexistrados nalgúns concellos da provincia, así como reiterar intentos, por parte dalgunhas persoas de plataformas de afectados, de boicotear plenos e de impedir o normal funcionamento das administracións locais".
Os rexedores locais, continúa o comunicado, "entendemos que esta actitude non axuda para nada a resolver o problema dos afectados polas preferentes e, ademais, impide que se atendan as demandas e necesidades dos veciños e veciñas de cada concello".
Queren recordar que "nin nós nin o PP creamos o problema nin o consentimos". Aseguran que os únicos responsables son os directivos das caixas que enganaron aos seus clientes e os que permitiron este engano, "o PSOE (co apoio do BNG) no goberno central e como responsable dos órganos de control (Banco de España e CNMV)". Coma sempre apelando a herdanza recibida. A escurrir o bulto.
Os alcaldes aseguran que se comprometen "a seguir traballando como ata o de agora para que todos aqueles que aínda seguen atrapados polas preferentes poidan recuperar o que é seu", instando, entre outras cousas á Xunta a que manteña a vía da arbitraxe. Pero avisan que "non aceptaremos ningún tipo de coacción ou acción violenta nin que se trate de forzarnos a asinar documentos que están totalmente fóra da realidade"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.