Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta A MODIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A MODIA. Mostrar todas las entradas
5 de mayo de 2018
UN ACCIDENTE NA MODIA SÁLDASE CUNHA PERSOA FERIDA
Un home resultou ferido esta tarde nun accudente de tráfico ocurrido na EP-9002 preto da Capela de San Antón, na Modia Cambados). O ferido J.M.P. de 73 anos e veciño de Cambados, que conducía un ciclomotor.
Foi trasladado ao Hospital do Salnés, dor cervical e lumbar polo 061.
cando chegaron as asistencias médicas e Protección Civil de Cambados so estaba o ferido ni chan e a motocicleta, polo que parece ser o accidente prodúxose por unha saída de vía do vehículo sin que intervira ninguén máis.
Na intervención colabora a Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico e Atestados, e Protección Civil.
28 de agosto de 2016
SUFOCADOS DOUS PEQUENOS INCENDIOS EN CAMBADOS
Os servizos de emerxencias de Cambados, Protección Civil de Cambados e Policía Local, sufocaron onte dous novos pequenos incendios en Cambados. Un en A Modia (Vilariño), onde se logrou controlar rápido as chamas, e no Couto (Castrelo), preto duns depósitos da auga.
Polo que parece os dous lumes foron provocados e a rápida actuación de Protección Civil de Cambados evitou que estes pequenos lumes chegaran a máis.
22 de enero de 2016
FESTA DE SAN ANTÓN NA MODIA
Na xornada de mañán sábado 23 de Xaneiro, os veciños da Modia, na parroquia cambadesa de Vilariño, celebrarán a súa festa relixiosa en honor a San Antón. Os actos comezarán entrada a mañá cunha salva de bombas e a alborada a cargo dun grupo de gaitas. Tamén en horario matutino se oficiarán misas rezadas, e a partir das 12.00 horas terán lugar a misa solemne cantada pola Coral Santa Mariña de Cambados, seguida de procesión. A continuación, levarase a cabo póxaa de galos, pezuños e outros donativos.
Pola noite, os presentes poderán gozar dunha gran verbena amenizada polas orquestas Os Satélites e Gran Parada e a partir das 00.00 horas, cunha gran queimada.
Durante a velada realizarase o sorteo de diversos premios en metálico e haberá rosca e chocolate para tomar.
25 de noviembre de 2014
O CONCELLO VOLVE A ENGANAR AOS VECIÑOS DE CAMBADOS
Hai cuestión dunhas semanas CORES DE CAMBADOS preguntábase no artigo QUEN MINTE O CONCELLO OU "LA VOZ", quen enganaba ou mentía a propósito das obras das beirarrúas das rúas Atlántico e Juan Pablo II. Ou a prensa e algunha bitácora local ou o concello, minten.
| Foto publicada pola bitácora local e Diario de Arousa |
Pois ben, un amigo lector fíxonos chegar uns artigos de marzo deste mesmo ano, tanto da prensa como da mesma bitácora e na que se anunciaban a “bombo e platillo” o remate das obras Marzo (deste mesmo ano) no Campo da Modia.
Neses artigos pódese ler “ O concello finaliza as obras no Campo da Modia..... operarios munucipais instalaron 200metros de tuberias” Esto polo que respecta a bitácora local no seu castelán habitual.
En “La Voz de Galicia” pon o seguinte "O Concello anuncia que os operarios municipais finalizaron a instalación dos 200 metros de canalización que servirán para canalizar as augas pluviais que se concentran na zona cando chove e que tan molestas resultan para os veciños"."
Noutro xornal, neste caso “Diario de Arousa” e publicado uns dias antes e coa mesma foto dos traballadores que utiliza a bitácora local …..."Unha cuadrilla municipal empezou onte as obras para solucionar as frecuentes inundacións rexistradas na rúa Campo da Modia (Vilariño)”.
Segundo o noso informante todo esto é unha mentira posto que nin a maquinaria nin os operarios que se ven nas fotografías pertencen ao Concello. E a proba máis clara son as propias fotos onde se ven a dous traballadores cos seus chalecos reflectantes nos que se pode ver o anagrama dunha empresa privada propiedade dun dos dous traballadores que aparecen na fotografía, segundo o noso informante.
Nada desto ao parecer é ilegal, pero é a enésima tomadura de pelo por parte do Concello aos cambadeses e cambadesas.
E decimos esto porque pensamos que a prensa e a bitácora local non publican máis que o que pon nas notas de prensa que lles envían dende do Concello.
Eso sí, non se molestan o máis mínimo en saber a realidade.
Por outro lado este informante vincula a empresa que fixo os traballos con obras en residencias de altos cargos políticos e outras obras de carácter público.
Picando nos enlaces que siguen podedes comprobar que o que denuncia CORES DE CAMBADOS é certo.
Non poñemos o enlace da bitácora para non facer publicidade gratuíta.
DIARIO DE AROUSA
LA VOZ DE GALICIA
FARO DE VIGO
Nos dous últimos casos dan a entender que é cousa do Concello
18 de febrero de 2014
O CONCELLO DI QUE VAI SOLUCIONAR AS INUNDACIÓNS DA MODIA
Operarios do Concello queren acometer canto antes a canalización das augas que se estancan no Campo da Modia, levándoas cara un regato que permitiría drenar as acumulacións que preocupan á veciñanza. Malia que esta canle quizais non sexa a solución definitiva do problema creado, confían en que axude en gran medida a mitigar as inundacións.
No Campo da Modia non se actuou antes por causa do mal tempo e, ademáis, por falta de presuposto para afrontar a que se vislumbraba como unha intervención dificultosa e moi gravosa económicamente.
Despois de estudar o problema da zona a fondo, os técnicos entenden que se poden levar a cabo uns traballos menos costosos do previsto inicialmente e, polo tanto, máis factibles para as arcas municipais.
8 de enero de 2014
VECIÑOS DA MODIA ESTUDAN COMPRAR LANCHAS PARA PODER DESPRAZARSE
Concretamente os
veciños/as, que viven no Campo da Modia, na rúa que baixa cara
ao pequeno parque infantil da Escola Unitaria da Modia, quéixanse de
que teñen transformada a súa rúa nunha canle permanente de auga salvo
nos meses secos do verán. Que como consecuencia, gran parte dos días,
teñen que saír á rúa con botas de auga e que nas súas vivenda
penetra a humidade procedente da auga que corre do exterior e que a
situación aínda se complica máis co paso dos coches que salpican
as entradas das casas. Nalgunha das portas, incluso, teñen que poñer
algunha barreira de protección para que a auga non penetre na vivenda.
Curiosamente a rúa está perfectamente asfaltada pero carece dos sumidoiros
necesarios para facela transitable para os peóns, e non semella complexo
nin custoso darlle algún tipo de solución a esta problemática. Os
veciños/as quéixanse, ademais, de que no concello as súas demandas
non foron tidas en conta e que nin se lles presta a atención que merecen,
como cidadáns que pagan os seus impostos, nin se lles da ningunha solución;
é máis, a día de hoxe están a agardar a que persoal do concello
se achegue á súa rúa para que entendan a súa problemática e poida
ser solucionada. Como non resulta aceptable que se poida seguir vivindo nesas condicións por máis tempo, é polo que solicitan que, con celeridade, persoal do concello se poña en contacto cos veciños/as afectados do Campo da Modia para darlle unha rápida solución a esta problemática, xa que se trata dunha situación que non se pode prolongar por máis tempo.


