Concretamente os
veciños/as, que viven no Campo da Modia, na rúa que baixa cara
ao pequeno parque infantil da Escola Unitaria da Modia, quéixanse de
que teñen transformada a súa rúa nunha canle permanente de auga salvo
nos meses secos do verán. Que como consecuencia, gran parte dos días,
teñen que saír á rúa con botas de auga e que nas súas vivenda
penetra a humidade procedente da auga que corre do exterior e que a
situación aínda se complica máis co paso dos coches que salpican
as entradas das casas. Nalgunha das portas, incluso, teñen que poñer
algunha barreira de protección para que a auga non penetre na vivenda.
Curiosamente a rúa está perfectamente asfaltada pero carece dos sumidoiros
necesarios para facela transitable para os peóns, e non semella complexo
nin custoso darlle algún tipo de solución a esta problemática. Os
veciños/as quéixanse, ademais, de que no concello as súas demandas
non foron tidas en conta e que nin se lles presta a atención que merecen,
como cidadáns que pagan os seus impostos, nin se lles da ningunha solución;
é máis, a día de hoxe están a agardar a que persoal do concello
se achegue á súa rúa para que entendan a súa problemática e poida
ser solucionada. Como non resulta aceptable que se poida seguir vivindo nesas condicións por máis tempo, é polo que solicitan que, con celeridade, persoal do concello se poña en contacto cos veciños/as afectados do Campo da Modia para darlle unha rápida solución a esta problemática, xa que se trata dunha situación que non se pode prolongar por máis tempo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.