Na xornada de mañán sábado 23 de Xaneiro, os veciños da Modia, na parroquia cambadesa de Vilariño, celebrarán a súa festa relixiosa en honor a San Antón. Os actos comezarán entrada a mañá cunha salva de bombas e a alborada a cargo dun grupo de gaitas. Tamén en horario matutino se oficiarán misas rezadas, e a partir das 12.00 horas terán lugar a misa solemne cantada pola Coral Santa Mariña de Cambados, seguida de procesión. A continuación, levarase a cabo póxaa de galos, pezuños e outros donativos.
Pola noite, os presentes poderán gozar dunha gran verbena amenizada polas orquestas Os Satélites e Gran Parada e a partir das 00.00 horas, cunha gran queimada.
Durante a velada realizarase o sorteo de diversos premios en metálico e haberá rosca e chocolate para tomar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.