Operarios do Concello queren acometer canto antes a canalización das augas que se estancan no Campo da Modia, levándoas cara un regato que permitiría drenar as acumulacións que preocupan á veciñanza. Malia que esta canle quizais non sexa a solución definitiva do problema creado, confían en que axude en gran medida a mitigar as inundacións.
No Campo da Modia non se actuou antes por causa do mal tempo e, ademáis, por falta de presuposto para afrontar a que se vislumbraba como unha intervención dificultosa e moi gravosa económicamente.
Despois de estudar o problema da zona a fondo, os técnicos entenden que se poden levar a cabo uns traballos menos costosos do previsto inicialmente e, polo tanto, máis factibles para as arcas municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.