Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de enero de 2016

ACLARACIÓNS AS GRABACIÓNS DA NO SALÓN DE PLENOS







Falamos onte cun técnico instalador e como tal coñece a maneira en que actúan cando teñen que reparar ou instalar cámaras. As primeiras verbas foron ........... "temos sempre a empresa "pegada ao cu" esixíndonos montar a maior cantidade de instalacións posibles".



"Non perdemos o tempo con bobadas, nós chegamos, montamos, probamos e ímonos. Dános igual o que suceda ao redor, coma se caese o mundo ás nosas costas, o único que nos importa é, terminar a instalación".
Engade ademáis "....Se temos que facer un streaming non imos crear unha sesión nova chamada "Proba" nin cousas polo estilo, imos usar unha sesión existente para perder o menor tempo posible".
Criticar que se emitiu á señora da limpeza é algo absurdo, emitiuse á señora da limpeza como podía emitirse o salón baleiro ou a calquera concelleiro revisando a instalación, a señora da limpeza estaba a facer o seu traballo e non ía deixalo por estar o técnico traballando, como é lóxico".
Temos que decir que no vídeo escoitase como os técnicos falan coa empregada e lle comentan que vai sair nas imaxes, ao qie a limpadora contesta que non lle importa pois está a traballar.


Moitos temos internet en casa e a todos veunos a casa un instalador, todo o mundo sabe como actúan pois o seu tempo é mínimo.
Non se queixaron do mal son do primeiro pleno emitido? Pois precisamente era o que estaba a solucionar eses técnicos e cando estás solucionando algún problema tes que probar.

Ninguén deixa marchar aos técnicos sen probar a instalación. Parece completamente absurdo que se queixen por unha emisión de probas.
Buscan calquera excusa para atacar ao cuatripartito e tentan usar o descoñecemento da xente ao seu beneficio.
Xa de paso repetimos, que a limpadora era consciente de que se estaba probando o streaming.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.