Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEO. Mostrar todas las entradas

22 de enero de 2018

O IES FRANCISCO ASOREY FAISE CO PRIMEIRO PREMIO DO CERTAME VINDEVÍDEOS DA XUNTA













A Consellería de Cultura e Educación fixo pública esta mañá a resolución do certame de curtas sobre a lírica medieval galega Vindevídeos, convocado polas súas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura co gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia (Vigo).
Na categoría de centros de infantil e primaria fíxose co primeiro premio o CEIP O Carballal, de Marín (Pontevedra), polo seu traballo “Fals’e traedor” e obtivo o segundo premio o CEIP Ortigueira, de Vedra (A Coruña), polo vídeo “Galicia: referente da cultura medieval”.
Na categoría de educación secundaria, ensinanzas especiais de grao medio, ensinanzas de adultos destes niveis académicos e ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia outorgóuselle o primeiro premio ao IES Francisco Asorey, de Cambados (Pontevedra), por “Cantigueando”. O segundo premio recaeu no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño, de Ferrol (A Coruña), pola proposta “O Peque Coro do Xan Viaño descubrindo o pergamiño Vindel”.
Nos próximos días poderán verse no Portal da Lingua Galega e na web de Cultura de Galicia os traballos gañadores.

Ampla participación e calidade

O certame Vindevídeos, convocado polas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura no marco da programación conmemorativa que a Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha co gallo da estadía en Galicia do Pergamiño Vindel, premiou vídeos realizados en centros educativos sostidos con fondos públicos e relacionados coa cultura trobadoresca na que se xeraron as cantigas medievais galego-portuguesas.
Presentáronse un total de 58 traballos -28 de infantil e primaria e 30 na categoría do resto de centros educativos-, o que levou o xurado a destacar e agradecer a ampla participación, así como a boa calidade da totalidade das propostas.


A exposición do Museo do Mar
A Consellería de Cultura e Educación e a Universidade de Vigo promoven a mostra “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”, que trae a Galicia dende a Morgan Library de Nova York esta xoia da lírica medieval galego-portuguesa. Na exposición, que se poderá visitar ata o mes de marzo no Museo do Mar de Galicia (Vigo), o Pergamiño Vindel dialoga con máis de 50 pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.
Os premios do certame Vindevídeos entregaranse ao longo do mes de febreiro no Museo do Mar de Galicia, co fin de que os galardoados -a quen se lles entregará unha reprodución facsimilar do Pergamiño Vindel- poidan visitar a exposición.





7 de octubre de 2014

CAMBADOS TIERRA DEL ALBARIÑO



Un novo vídeo sobre Cambados foi subido hai escasas horas a Youtube por Javier Fuentes e está producido polo Concello de Cambados.
Un vídeo que non está na web do concello a pesare de telo producido.  O vídeo foi editado en castelán.





13 de septiembre de 2014

VIDEO PROMOCIONAL DA MEDIA MARATON MARALBA

A 15 días de que chegue a súa primeira edición o  Medio Maratón Maralba Running Fest entre O Grove e Cambados continúa coa súa presentación en sociedade.
Dentro da campaña de promoción a organización do evento presentou un vídeo de anuncio protagonizado polo cociñeiro cambadés Yayo Daporta e o hostaleiro meco Miguel Araúxo.
O traballo, obra do realizador pontevedrés Pablo Cacheda, intenta combinar o deporte e a gastronomía de ambas as dúas localidades, co marisco e o viño albariño como produtos estrela.
O medio maratón Maralba celebrarase o 28 de setembro, domingo, con saída no peirao do Grove ás 10:00 horas e chegada na praza de Fefiñáns de Cambados.
As inscricións pódense formalizar ata o día 24 na páxina www.championchipnorte.com.





Info:Pontevedraviva



29 de agosto de 2014

MÁIS SEXO NAS RÚAS A PLENA LUZ DO DIA




Tras as fotos agora chega o vídeo.
Hai un par de semanas saltaba a polémica en Vilagarcía  polas fotos de duas parellas practicando sexo a plena luz do dia i en plena rúa o dia da "Fiesta del Agua". Estes dias empezou a circular polas redes sociais un vídeo no que se ve a unha parella na postura da tortuga entre dous coches e a plena luz do dia.
A gravación parece consentida toda vez que ao remate da "faena" quedan tan panchos e miran incluso para a cámara sen amosar preocupación algunha. As imaxes non deixan claro si é Vilagarcía pero todo parace indicar que si o é. Pero sexa ou non Vilagarcía esta non é maneira de atraer turismo de calidade.
Non emitimos o vídeo por razóns obvias.