Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta XORNADAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XORNADAS. Mostrar todas las entradas

5 de octubre de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS ORGANIZA AS III XORNADAS DE EMPRENDEDORES









O Concello de Cambados organiza as III Xornadas para Emprendedores que, nesta edición, están vinculadas aos proxectos de Emprendemar.
As Xornadas serán o vindeiro 11 de outubro, en Exposalnés, de 16 a 20 horas, e incluirá unha mesa de debate con catro ponencias, impartidas por representantes do GALP Ría de Arousa, SmartPeme, a empresa Nordelaina, e o grupo Arestora.
Durante as mesmas, exporanse os catro pilares básicos para un emprendedor: posibles subvencións, o uso das TIC, a formación básica necesaria e o financiamento do proxecto.
Os detalles explícounos o concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, acompañado polas ponentes de Nordelaina, Leticia García, e do grupo Arestora, María Pazó, na presentación das Xornadas.

4 de noviembre de 2016

II XORNADAS PARA EMPRENDEDORES EN CAMBADOS











Durante os días 10 e 11 de novembro, celébranse no salón de actos de Exposalnés e no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Cambados (Viveiro de Empresas) as II Xornadas para Emprendedores, Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario e terán o seguinte programa:
XOVES 10 novembro (10:00 H A 21:00 H):

No centro ExpoSalnés (paseo da Calzada, s/n)
10:00 - Apertura da Xornada
María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica
Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados
10:30 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme
José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme
José Luís Taboada, asesor TIC
11:30 – Descanso
12:00 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
14:00 - Descanso comida
15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
16:00 - Proxecto Formativo de Impulso e Motivación polo Emprendemento Comercial no Concello de Cambados - Marketing Online (Taller para Pymes e Emprendedores).
Jose Fonterosa, Formador en Grupo Arestora e Asesor de Internet para PYMES
18:30 – Descanso
21:00 – Remate Taller Formativo.

VENRES 11 novembro (10:00 H A 21:00 H):

                No Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Cambados (Polígono Industrial de Cambados, s/n)
10:00 - Apertura da Xornada
Fátima Abal Roma, Alcaldesa de Cambados
Xurxo Charlín Trigo, Concelleiro de Promoción Económica
10:30 - Proxecto Formativo de Impulso e Motivación polo Emprendemento Comercial no Concello de Cambados - Habilidades Sociais para o Emprego.
Susana Rodríguez, Grupo Arestora – Responsable Área UP+
11:30 - Descanso
14:30 - Descanso comida
No centro ExpoSalnés (paseo da Calzada, s/n)
16:00 - Proxecto Formativo de Impulso e Motivación polo Emprendemento Comercial no Concello de Cambados - Coaching para emprender.
Susana Rodríguez, Grupo Arestora – Responsable Área UP+
18:30 - Descanso
19:00 – Xornada Emprendemento
Bárbara Abal Valle, “Que fago da miña vida?”
Susana Loroño e Raquel Argibay, “Dalle que Dalle” Coworking Vilagarcía de Arousa                                
20:00 - Presentación SmartPeme Cambados
José Luís Taboada, asesor TIC







3 de noviembre de 2016

TODAS AS ACTIVIDADES DAS XORNADAS DE AUGARDENTES E LICORES EN CAMBADOS













O Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia ofrece, un ano máis, as súas Xornadas de Degustación e Maridaxe, que se desenvolverán este fin de semana no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados. As actividades, incluídas dentro da programación especial con motivo do Día Europeo do Enoturismo do Concello de Cambados, foron presentadas onte en rolda de prensa. Nela participaron o presidente do Consello Regulador, José Antonio Feijóo; o concelleiro de Enoturismo cambadés, José Ramón Abal Varela; a xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela, e os artistas Abel Barandela e José Antonio Fondevila.

Feijóo desagregou o programa, que comprende unha cata comentada, showcookings, coctelería e unha mostra dos produtos amparados. Aproveitou o presidente do Consello Regulador para agradecer ao Concello de Cambados o seu apoio a estas IV Xornadas de Degustación e Maridaxe, así como a todos os colaboradores, entre os que se atopan os Consellos Reguladores de Tenreira Galega, Mel de Galicia, Queixo Teto, Castaña de Galicia e Pan de Cea, ademais dos alumnos do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e do Obradoiro de Emprego Hostalería do Salnés VII. "Sen eles non poderiamos levar a cabo unha oferta de actividades tan completa con produtos de primeira calidade", afirmou.

O presidente do Consello Regulador lembrou que "o principal obxectivo das xornadas, que este ano chegan a cuarta edición, é poñer en valor a calidade e versatilidade dos produtos amparados por nosas catro Indicacións Xeográficas: Augardente de Bagazo de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia". Ademais, Feijóo explicou que a través destas actividades téntase "concienciar ao público sobre a importancia de comprar produtos debidamente etiquetaxes e sobre como se deben consumir". Neste sentido, insistiu en que non se deben comercializar, especialmente no sector da hostalería, "os mal chamados augardentes e licores caseiros, xa que non contan con todas as garantías para os consumidores, porque iso só pódese garantir a través das etiquetas". Así mesmo, lembrou que se o consumidor quere, ademais, cerciorarse de que o produto que toman é 100% galego, deben buscar as contraetiquetas dalgunha das catro Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Programa de actividades

Con respecto ao programa das IV Xornadas de Degustación e Maridaxe, as actividades darán comezo este sábado 6 de novembro ás 17.00 horas coa celebración dun Taller de cata dirixido pola integrante do panel de cata e enóloga, Sonia Otero, e no que participará o barista Marcos González. "Haberá sorpresas para todos os asistentes", adiantou Feijóo. Nesta actividade, de carácter gratuíto e cun aforamento de 60 persoas, os participantes terán a oportunidade de coñecer máis detalles sobre as características dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Ademais, "realizarase un sorteo de 3 packs de 5 produtos amparados polas catro Indicacións Xeográficas que inclúe que este Consello Regulador, que serían un Augardente de Bagazo de Galicia, un Augardente Envellecida de Bagazo de Galicia, un Augardente de Herbas de Galicia, un Licor de Herbas de Galicia, un Licor Café de Galicia, e un cataorujos", concretou.

Xa a partir das 18.00 horas, ofrecerase, na aula da primeira planta do José Pena, un Taller de cociña e coctelería de Augardentes e Licores Tradicionais con Tenreira Galega e outros produtos con indicativo de calidade. Nesta iniciativa, coordinada por Luís Vázquez, director de Promoción e Relacións Externas de Tenreira Galega, contará co bo facer do cociñeiro de Hotel Eurostars A Toja Francisco Castro, e do barman e xefe de sala do restaurante compostelán A Horta do Obradoiro, Anxo Camiña.

Neste taller gastronómico harmonizaranse produtos de calidade que, a priori, podería parecer que non casan moi ben. Con todo, a través das indicacións destes profesionais e da mostra de técnicas culinarias, os asistentes poderán comprobar que, efectivamente, pódese chegar a ese entendemento. Así, ofreceranse un total de tres pratos con Tenreira Galega, entre cuxos ingredientes se atopan outros produtos con Indicación Xeográfica como Queixo Teto, Mel de Galicia, Pan de Cea e Castaña de Galicia. Paralelamente, Camiña elaborará cócteles cos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que maridarán coas propostas culinarias presentadas por Castro e explicadas por Luís Vázquez.

A xornada dominical centrarase nun novo showcooking, que comezará ás 12.00 horas. Nesta ocasión, participarán o chef do Casino A Toja, Mark Wernink, Francisco Castro, e Anxo Camiña. Ofreceranse un total de 4 pratos, entre cuxos ingredientes se atopan os produtos amparados polas Indicacións Xeográficas deste Consello Regulador, que maridarán con outros tantos cócteles creados polo barman.

Durante todo o transcurso das IV Xornadas de Degustación e Maridaxe dispoñerase na planta baixa do Salón José Pena un Túnel dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Alí, os asistentes poderán comprobar a ampla variedade de produtos amparados existentes no mercado e degustar aqueles que máis lles chamen a atención.




2 de noviembre de 2016

IV XORNADAS DE AUGARDENTES E LICORES DE GALICIA EN CAMBADOS








A vindeira fin de semana celebraranse en Cambados IV Xornadas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia no Salón J. Peña.
As Xornadas inaugúranse o sábado 5.

Actividades  Sábado 5 de novembro
Túnel das Augardentes e Licores de Galicia aberto durante a celebración das actividades. 
17.00 h. Obradoiro de cata e actividades do Consello Regulador. 
19.30 h. No Salón J. Peña, inauguración da Exposición Arte Ibérica. Pódese visitar nas fins de semana o 5 e 6 e o 12 e 13 de novembro (dentro da celebración do Día Europeo do Enoturismo).

Actividades Domingo 6 de novembro
Túnel das Augardentes e Licores de Galicia aberto durante a celebración das actividades. 
12.00 h. Actividades do Consello Regulador e entrega de premios da I Edición Tapas de Augardentes, que se celebrou as duas fins de semana anteriores.


Previa inscrición en Exposalnés. T. 986 520 786 - turismo@cambados.es

A programación concluirá coa Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que se desenrolará o domingo 13 de novembro. A actividades é de carácter gratuíto, previa inscrición, en Ruta do Viño Rías Baixas, teléfono 986 091 088, ou info@rutadelvinoriasbaixas.com, e terá lugar no salón Peña. Esta xornada está organizada polo Concello de Cambados e a Ruta do Viño.
Sinalar tamén que do sábado 5 de novembro o 11 de Decembro o salón de Congresos e Exposicións José Peña dará cabida a mostra de arte “Arte Ibérica”.





7 de marzo de 2016

XORNADAS "DAS PRAZAS AS INSTITUCIÓNS"







O 15M en 2011 significou un punto de chegada e de partida. Un punto de chegada porque agromaron nas prazas de todo o Estado reivindicacións e reflexións que levaban anos desenvolvéndose nos colectivos sociais e nos espazos cidadáns que non atopaban resposta nas forzas da esquerda política tradicional. Ademais, serviu de catalizador para que grandes capas sociais, de xeito transversal, se implicasen e reclamasen máis e mellor democracia. Tamén significou un punto de partida porque marcou o inicio dun tempo novo, dun auténtico cambio de época, que aínda hoxe estamos tentando concretar.

Os partidos tradicionais, os grandes medios de comunicación, as elites empresariais e culturais, aquilo que se ven denominando réxime do 78, non acaba de entender o que sucede dende outros dous maios consecutivos. Desta vez no 2014, cando irrompe Podemos nas europeas, e no 2015, cando as principais cidades do Estado pasaron a ser gobernadas por espazos de confluencia, con maior ou menor peso das forzas políticas, pero cun claro motor cidadán. Van xurdindo así, espazos mestizos e candidaturas onde se atopan diferentes sensibilidades e que compaxinan as formas asemblearias achegadas máis aos movementos sociais con fórmulas de representatividade e organicidade que permitan ser máis eficaces e disputar a victoria na loita institucional. En resumo, fomos quen de mover o taboleiro pero aínda non cambiamos as regras do xogo.

Estas xornadas, queren servir como punto de encontro para reflexionar conxuntamente sobre o camiño percorrido e as perspectivas de traballo futuro, tendo en conta os límites do institucional coa correlación de forzas actuais e as posibilidades de desborde que deberiamos implementar para seguir camiñando cara un horizonte de emancipación e xustiza social, igualitario na diversidade. Un horizonte polo que traballar dende Galicia, e ao mesmo tempo no plano estatal e europeo, que permita seguir afondando a democracia e concretando as políticas do ben común en favor das grandes maiorías sociais.

PROGRAMA:

- Mesa 1. "Das prazas ás institución. Percorrido da articulación cidadá"
- Mesa 2: "Feminización da política para unha democracia radical"
- Mesa 3: "Novas ferramentas para o cambio: ampliando as lóxicas partidarias "
- Mesa 4: "Camiñar dende a diversidade para construír un estado plurinacional"
- Mesa Clausura: “Patear o taboleiro galego para devolverllo á súa xente”

(Ampliaremos información nas próximas horas)






7 de diciembre de 2015

PRESENTADAS EN CULTURGAL´15 AS XORNADAS DA FUND. MANOLO PAZ








O Teniente Alcalde e Concelleiro de Cultura do Concello de Cambados Víctor Caamaño, o propio Manolo Paz, e Luís Gil Pita, arquitecto acompañados de Jose Vaamonde, técnico de Cultura do Concello de Cambados.Falaron en Culturgal´15 sobre a Fundación Manolo Paz.

 O Concello de Cambados ven promovendo, defendendo e difundindo dende fai anos a cultura e a arte, crendo neles como un motor creativo, vital e turístico. A gran cantidade de actividades culturais que se desenvolven ao longo do ano en Cambados é un bo exemplo delo o certame de Escultura Asorey, o festival Proxecta de Fotografía, o Festival Internacional de Cine Marítimo que éste será o seu primeiro ano, o Premio Cabanillas,
dous ciclos de teatro anuais e unha programación anual e estable de Sala de exposicións Pazo Torrado, que leva seis anos como tal, dan boa fe disto.


O Concello acudeu a Culturgal´15 para presentar as primeiras Xornadas sobre Paisaxe interiores da Fundación Manolo Paz,  que se celebrarán en Cambados entre os días 10 e 11 de xuño do 2016 e nas que haberá, a parte das conferencias, concertos e catas do brancos Rías Baixas.


Para elo o Concello de Cambados e a Fundación Manolo Paz colaborarán conxuntamente coa Ruta do Viño Rías Baixas e a Bodega Condes de Albarei entre outras.


Nestas xornadas estarán involucrados a parte dos anteriores protagonistas, Álvaro Negro, artista plástico e curador cunha ampla e completa traxectoria, con exposicións entre España e Portugal e obras en Coleccións como no CGAC, MARCO, MAC Gas Natural Fenosa, Fundación Barrié de la Maza ou Fundación Coca Cola.


Tamén contarse para a cata co sumillier José Aragunde, membro da Asociación de Sumilliers Gallaecia, finalista varios anos como Nariz de Oro de España, e actual Campión do Mundo de Cata. Esta clase maxistral será en colaboración coa Ruta do Viño Rías Baixas.


Dentro destas xornadas tamén poderase desfrutar de concertos, como o do contrabaixista de Jazz Paco Charlín, vilanovés formado entre escolas galegas, Tel-Aviv, Copenhage ou a Universidade de Berklee, en Boston, tocando con músicos da talla de Chano Dominguez, Perico Sambeat, Jorge Pardo, etc...


Todo isto nunha entorna incomparable que é a Fundación Manolo Paz, gozando da arte, da natureza e da paisaxe na desembocadura do Umia entre as pedras e piñeiros da parroquia de Castrelo, en Cambados.




12 de diciembre de 2013

XORNADAS DE DEGUSTACIÓN E MARIDAXE DAS AUGARDENTES E LICORES GALEGOS




O CRIIGG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, en colaboración co Concello de Cambados, presentará este xoves no Salón José Pena as Xornadas de Degustación e Maridaxe dás Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que se celebrarán por vez primeira en Cambados co obxectivo de achegar ao consumidor final todas as posibilidades que ofrecen estes destilados de calidade diferenciada. Ao acto de presentación asistirá o presidente do CRIIGG, José Antonio Feijoo, e o alcalde de Cambados,  Luís Aragunde.
As actividades proposta polo Consello 
Regulador desenvolveranse en horario de sábado tarde e domingo pola mañá co obxectivo de ampliar as posibilidades do público para poder participar nesta novedosa iniciativa que incluirá unha cata comentada destes destilados e un showcooking a cargo dos prestixiosos restauradores do Grupo Nove Yayo Daporta (sábado) e Antonio Botada (domingo) que empregarán en distintas elaboracións os cinco produtos amparados por este Consello Regulador, así como outros produtos con denominación de orixe como a DOP Queixo Tetilla e IXP Mel de GaliciaTetilla e IXP Mel de Galicia.


O showcooking combinarase, ademais, coa elaboración de varios cócteles con base nos destilados galegos amparados e que estará a cargo do coctelero Anxo Camiña. Así mesmo, e durante todo o tempo en que se estean desenvolvendo estas actividades, o Salón José Pena tamén acollerá un Túnel dás Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, na que se expoñerán e poderanse degustar os destilados amparados das empresas asociadas ao Consello Regulador da comarca.