
Os partidos tradicionais, os grandes medios de comunicación, as elites empresariais e culturais, aquilo que se ven denominando réxime do 78, non acaba de entender o que sucede dende outros dous maios consecutivos. Desta vez no 2014, cando irrompe Podemos nas europeas, e no 2015, cando as principais cidades do Estado pasaron a ser gobernadas por espazos de confluencia, con maior ou menor peso das forzas políticas, pero cun claro motor cidadán. Van xurdindo así, espazos mestizos e candidaturas onde se atopan diferentes sensibilidades e que compaxinan as formas asemblearias achegadas máis aos movementos sociais con fórmulas de representatividade e organicidade que permitan ser máis eficaces e disputar a victoria na loita institucional. En resumo, fomos quen de mover o taboleiro pero aínda non cambiamos as regras do xogo.
Estas xornadas, queren servir como punto de encontro para reflexionar conxuntamente sobre o camiño percorrido e as perspectivas de traballo futuro, tendo en conta os límites do institucional coa correlación de forzas actuais e as posibilidades de desborde que deberiamos implementar para seguir camiñando cara un horizonte de emancipación e xustiza social, igualitario na diversidade. Un horizonte polo que traballar dende Galicia, e ao mesmo tempo no plano estatal e europeo, que permita seguir afondando a democracia e concretando as políticas do ben común en favor das grandes maiorías sociais.
PROGRAMA:
- Mesa 1. "Das prazas ás institución. Percorrido da articulación cidadá"
- Mesa 2: "Feminización da política para unha democracia radical"
- Mesa 3: "Novas ferramentas para o cambio: ampliando as lóxicas partidarias "
- Mesa 4: "Camiñar dende a diversidade para construír un estado plurinacional"
- Mesa Clausura: “Patear o taboleiro galego para devolverllo á súa xente”
(Ampliaremos información nas próximas horas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.