Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ATLETISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ATLETISMO. Mostrar todas las entradas

4 de diciembre de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA A SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS

A San Silvestre Solidaria de Cambados organizada polo Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval e o concello de Cambados, mantén o seu espírito orixinal de servir de pequeno gran de area social, ao incluír entre as súas contadas esixencias de participación a entrega de 1 quilogramo de comida non perecedoira no momento da recollida do dorsal. Comida que irá destinada ao banco de alimentos do departamento de servizos sociais do Concello da vila do albariño.

Aberta a corredores de tres anos en diante, os responsables da V San Silvestre Solidaria fixan unha proba reina de 5 quilómetros para aqueles atletas que cumprisen polo menos os 14 anos de idade. Para eles deseñouse un circuíto urbano, con dúas voltas de 2,5 quilómetros ao mesmo con saída ás 17.30 horas desde a Praza do Concello, que tamén servirá de punto de meta. No caso dos menores de 14 anos o C.A. C.-Seguros Noval deseñou tres categorías, coas súas diferentes distancias. A chupete, para nenos de 3 a 7 anos, cun percorrido de 100 metros pola Avenida de Galicia e saída ás 16.40 horas. A mini, para os rapaces de 8, 9 e 10 anos, que correrán 400 metros polo centro urbano de Cambados. E a promesas, limitada aos mozos de 11, 12 e 13 anos, con 800 metros por diante.
Os interesados poden anotarse ata as 23.59 horas do xoves día 28 na web www.galitiming.com. O custo é de 2 euros para a categoría absoluta -14 anos en diante-, e gratuíta para o resto.

A última cita deportiva do ano en Arousa conta coa colaboración do Concello de Cambados, DIVADIV, Larsa, Panadería A Modia, ABANCA, Noval Xestión Inmobiliaria, Eroski Center e Gadis.

Ao termo da carreira haberá repartición de premios. Con medallas e trofeos no caso dos máis pequenos. E cesta de nadal para o campión masculino e a feminina, e lotes do Nadal para os segundos e terceiros, ademais de senllos trofeos para todos eles.Curiosamente, tamén haberá recompensas en metálico. Só que non premiarán aos máis rápidos, senón aos máis audaces. Con 100, 75 e 50 euros para os participantes mellor disfrazados en opinión do xurado da proba, e de 150 no caso dos disfraces en grupo, considerado como tal o formado por polo menos tres atletas.



Categorías

Chupetes (3 a 7 anos). 100m 
Mini (8 a 10 anos). 400m 
Promesa (11 a 13 anos). 800m 
Absoluto (a partir de 14 anos). 5 Kilometros 

Premios:

Chupetes. Medalla conmemorativa para todolos participantes 
Mini. Trofeo para os tres primeiros e medalla conmemorativa para todolos participantes 
Promesa. Trofeo para os tres primeiros e medalla conmemorativa para tódolos participantes 
Absoluto. Triofeo e cesta de nadal para os tres primeiros clasificados Masculino e Femenino.

E se vas disfrazado:
Mellor disfraz individual. 1º-100€, 2º-75€. 3º- 50€ 
Mellor disfraz en grupo (Mínimo 3 compoñentes) 150€
Rosca e refresco para todos ó finalizar a carreira

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!




1 de octubre de 2018

O ATLETISMO CAMBADOS ESPAREXEU OS SEUS DEPORTISTAS EN VARIAS PROBAS DA XEOGRAFÍA GALEGA




Esta fin de semana os nosos atletas desprazáronse a tres puntos da xeografía galega para disfrutar de sendas probas deportivas: A Carreira Popular de Santa Uxía, cun trazado de dez kilómetros e que este ano cumplía a súa vixésimo primeira edición, a Volta Pedestre a Aios, unha proba de casi seis kilómetros que leva disputándose nada menos que trinta e un anños; e unha das últimas grandes probas do ano no calendario deportivo gallego: Os 21K da Costa da Vela, unha das probas máis exixentes e co percorrido máis espectacular, que este ano a piques estivo de non celebrarse.

CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA DE RIVEIRA

A Carreira Popular Santa Uxía, que este ano cumplíu 21 años, contou nesta edición con cerca de 300 corredores dispostos a completar un percorrido de 10 kilómetros que arrancou no Malecón de Santa Uxía e que llevou aos participantes hasta a escola unitaria de Coroso e ao areal da capital do Barbaza, dende onde tiveron que regresar ao centro da cidade para, acto seguido, completar unha segunda volta. O Club Atletismo Cambados tivo unha representación de oito corredores: Lucas, Maxi, Juanlu, Ángel Zhingre, Sergio Soto, Javi Fariña, Diego Martínez y Antón Cordal, que acadaron os siguientes resultados:

16 Lucas Pouso 35:49 - 2º na súa categoría
28 Maxi Oubiña 36:53
51 Juanlu García 38:06  - 1º na súa categoría
67 Ángel Zhingre 40:15
121 Sergio Soto 43:11
143 Javi Fariña 44:23
171 Diego Martínez 45:54
198 Antón Cordal 48:20

Parabéns a todos e en especial a Lucas e Juanlu por conseguir esos podios. A seguir así!

Aquí podedes ver as fotos: https://photos.app.goo.gl/8HNKczZ2T9oHBBmF8

XXXI VOLTA PEDESTRE A AIOS


Nova edición desta carreira que se disputa no Lugar de Aios, pertencente á parroquia de Noalla, no municipio de Sanxenxo. A proba absoluta comenzou ás 11:45 e os participantes tiveron que completar un percorrido de 5,75 Km. Entre os 64 corredores que completaron o circuito estiveron os nosos compañeiros Roberto Trigo e Joaquín Rodiño, que conseguiron estos resultados: 

Roberto Trigo 21:12 - 1° na categoría Promesa
38 Joaquín Rodiño 27:18

¡Felicidades aos dous!

 21K COSTA DA VELA
O Faro de Cabo Home, un dos máis altos de Galicia, os acantilados de Donón, o mítico Monte do Facho, co seu antigo castro e santuario celta, e unha vista privilexiada das Illas Cíes é o que agarda aos visitantes que desexen coñecer un dos enclaves máis atractivos da costa galega, como é a Costa da Vela. Neste idílico paraxe é onde se disputan os 21K da Costa da Vela, unha proba que xunta espectacularidade e exixencia e que arranca en asfalto pero que transcurre na súa totalidade polos montes cangueses e que baixa ata a area de paradisíacas praias como a de Melide, Barra, Nerga ou Limens. 
Este ano, debido á imposibilidade do Club Playa de Melide, o cal levou a bo porto a proba en edicións anteriores, de facerse coa organización da mesma e ante a posibilidade de que non se disputase, o Clube de Atletismo Corredoiras de Bueu decidiu dar un paso á fronte e asumir a organización, para que os 21K da Costa da Vela puidesen cumplir a súa quinta edición. O CAC estivo presente nesta proba gracias a cinco dos nosos atletas: Pablo Otero, Juan Rivas, Rubén, Gelo e Lupe, que conseguiron estos fantásticos resultados entre os máis de 550 corredores que terminaron a proba:

31 Pablo Otero 1:37:56
34 Juan Rivas 1:38:40
162 Rubén Núñez 1:52:11
220 Gelo Pérez 1:57:08
530 Lupe Vilar 2:30:38

¡Parabéns aos cinco!





23 de agosto de 2018

I CARREIRA FESTAS DA VALVANERA



O paseo marítimo acollerá o sábado 8 de setembro, a parires das 7 da tarde, a I Carreira Festas da Valvanera, para nenos e nenas nados entre 2003 e 2015.
As inscricións faranse o mesmo día d aproba de 17:00 a 18:30 ou nos teléfonos 659595613 (Ana) e 606150164 (Kinso).
Organiza: Comisión de Festas da Valvanera
Colaboran: Club Atletismo Cambados e Concello de Cambados


8 de agosto de 2018

MILLA URBANA E CICLISMO ESTE SÁBADO EN CAMBADOS


A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 10 de agosto, a partir das 19:00 da tarde no Paseo Marítimo de Cambados, disputarase a XXVI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: @s nen@s de 10 a 13 anos correrán 800m, @s de 14 a 18 anos, 800m, @s veteran@s (maiores de 36 anos) correrán unha milla (1609m), e a categoría absoluta (de 18 a 35 anos) unha doble milla (3218m). Para estes últimos haberá premios en metálico e trofeos e medallas para os primeiros clasificados de cada categoría.
A inscrición podese facer no mesmo lugar da proba ata media hora antes do inicio da mesma (18:30 h.) e tamén e de 09:30 a 14:00 horas no teléfono 607 51 84 38 (Alfredo V. Oliveira)

Podedes consultar o Regulamento e Categorías da proba no seguinte enlace:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=6048&date=20180810
O sábado, día 11 de agosto, será o día do ciclismo, posto que se disputa o L GRAN PREMIO CICLISTA DO ALBARIÑO. A partir das 17:00 da tarde e no circuito urbano de Cambados, tódolos siareiros poderán gozar do deporte do pedal con categorías Junior, Escuelas, Cadete, Junior Fem., Cadete Fem., Sub23 Fem., Élite Fem.


7 de julio de 2018

MAÑÁN CELÉBRASE A VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS


A VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados, celebrarase o vindeiro domingo, 8 de xullo ás 10:30 horas, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns.
Con unha distancia de 10.000 metros que están homologados pola RFEA os 300  inscritos ata o pasado xoves, último día para facelo, contarán cunha madriña de excepción, Solange Pareira, mediofondista internacional galega, e que ven de participar nos ogos do Mediterráneo.
A recollida de dorsais e chips realizarase o minutos antes da proba no ARCO DO PAZO DE FEFIÑÁNS (NA MESMA PRAZA), a partir das 8: 30 horas ata media hora antes do inicio da proba.
Os participantes contarán con vestiarios e duchas no Pavillón Municipal de O Pombal dende as 11:00 ás 14:00 horas.


17 de junio de 2018

OS CADETES NEREA GARCÍA BUSTOS E JORGE GONZÁLEZ, VENCEDORES DO TRÍATLON POPULAR DE CAMBADOS


Os cadetes do Centro Galego de Tecnificación Deportiva Nerea García Bustos (Náutico de Narón) e Jorge González (Natación Riveira) proclamáronse hoxe vencedores do Tríatlon Popular de Cambados, no que participaron 200 deportistas nun soleado día.
Nerea García foi moi superior e venceu con bastante comodidade cun tempo de 1:08:38. A segunda posición foi para Aída García (Tríatlon Rías Baixas) cun tempo de 1:12:08 e terceira foi María Martínez (Atletismo Porriño) cun tempo de 1:12:30.
Na categoría masculina, Jorge González logrou o seu triunfo cunha magnífica carreira a pe, na que foi o máis rápido para chegar a meta en primeira posición (58:52) por diante de Ismael Vieitez (Tríatlon Arteixo) cun tempo de 59:06. O terceiro posto foi para Estebvan Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) cun tempo de 59:43.
No documento adxunto tedes as clasificacións.


13 de junio de 2018

III TRIATLÓN CONCELLO DE CAMBADOS



Este sábado desenrolarase polo centro de Cambados o III Triatlón Popular Concello de Cambados. 


NATACIÓN: 1 VOLTA - 750 m Discorrerá dende as inmediacións do illote de San Sadurniño con saída na auga sobre un percorrido balizado ata a Praia pasando por debaixo do espigón do muelle de Santo Tomé. 
A saída estará situada a 400m da transición. 

CICLISMO: 4 VOLTAS - 20 Km O inicio da proba farase saíndo do muelle de Santo Tomé pola Alameda de Santo Tomé para continuar pola Avenida de Galicia, Ribeira de Fefiñáns e Beiramar chegando ó Porto de Tragove onde será o punto de retorno, volvendo polo mesmo percorrido ata a zona de transición onde se cumpre unha volta. Na cuarta volta entrarase de novo na transición. Percorrido de dureza baixa e pouco técnico. 

CARREIRA A PÉ: 2 VOLTAS - 5 KM O inicio da proba farase dende a transición, situada na escalinata do muelle de Santo Tomé seguindo o paseo Marítimo ata o punto de retorno que estará situado aproximadamente no comezo do muelle de Tragove volvendo polo mesmo paseo ata a zona de partida completando así unha volta. Na segunda volta os corredores entrarán na meta. 
Percorrido de dureza baixa.


Regulamento Tríatlon Cambados V2

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlonwww.fegatri.org , no apartado Competicións/Inscricións.





10 de mayo de 2018

XXIX MARATÓN POPULAR DE OUBIÑA, MEMORIAL MANUEL MARIÑO CASTRO



O domingo 13 de maio dispútase o XXIX Maratón Popular de Oubiña (memorial Manuel Mariño Castro), que sairá ás 11:30 da mañán.
A lonxitude do circuíto será de 5km, e na categoría absoluta de 10 km. Haberá 9 categorías segundo as franxas de idade.
Entregarase un trofeo para o primeiro clasificado de cada categoría dos distintos sexos e unha medalla conmemorativa para o segundo e terceiro. Ademáis, na categoría absoluta (aberto), haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada sexo.
Para todas as categorías, estarán abertas as inscricións dende unha hora antes da proba no centro cultural.
Sortearase un chándal entre tod@s @s asistentes.
Para máis información, no correo as.oubunha@gmail.com ou no teléfono 686 388 658


9 de marzo de 2018

DOUS ATLETAS CAMBADESES DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE GALICIA






Dous atletas máis do CLUBE ATLETISMO CAMBADOS-SEGUROS NOVAL conseguiron as marcas mínimas para participar no Campionato de Galicia Sub16 (cadete) de Pista Cuberta en Ourense mañán sábado día 10 de marzo.

Os atletas son:

- Candela Castro Padin (irmán da campeona, Celia Castro Padín, hai 15 dias no mesmo Campeonato pero en categoria alevín) que consegui a minima para participar na proba de 600 m.

- Marco Sineiro Feijoo que conseguiu a minima para participar no concurso de Lanzamento de Peso.

Os dous en Categoria cadete.

Despois do exito acadado hai duas semanas no mesmo Campionato pero en categoria Alevín e Benxamín, temos a estes dous atletas clasificados pero en categoria cadete para o mesmo Campionato, polo que demostra a boa canteira que temos en Cambados.






4 de marzo de 2018

RECEPCIÓN CAMPIOA GALEGA DO CLUB ATLETISMO CAMBADOS










A alcaldesa Fátima Abal recibiu no día de onte á campioa Galega de Atletismo na modalidade de 500m
A Alcaldesa Fátima Abal acompañada do concelleiro de Deportes Víctor Caamaño, dos concelleiros de Facenda Xurxo Charlín e de Constantino Cordal de Servizos Sociais recibiron no día de hoxe á deportista CELIA CASTRO PADÍN campioa Galega de Atletismo na modalidade de 500 m no Salón de Plenos do Concello pertencente ao CLUB ATLETISMO CAMBADOS.
A alcaldesa de Cambados quixo agradecer a toda a directiva a Fernando e moi especialmente a CELIA CASTRO PADÍN “que grazas ao seu labor e esforzo conseguise que a nosa vila o CLUB ATLETISMO DE CAMBADOS conte por primeira vez cunha campioa Galega na modalidade de 500 metros, sendo así un referente na comarca, sen esquecerme por suposto dos magníficos adestradores como son ANDREA BAULO E JOAQUIN RODIÑO, os cales a día de hoxe poden presumir que contan cunha gran canteira na cal se atopan nenos como ANDREA REY PADÍN que conseguiu un marabilloso 6º posto en lanzamento de peso e a LUCAS SOMOZA FEIJOO conseguindo notable 10º posto en 50 metros lisos.”
Tamén fixo unha exposición breve da traxectoria do Club do cal dixo que “a pesar de ser un club relativamente novo que foi creado no ano 2011, pasou por varias transformacións sendo unha das máis relevantes o cambio de directiva en outubro de 2014 na cal tomaría as rendas como presidente Fernando Patricio realizando as primeiras actividades en decembro de leste mesmo ano coa 1ª San Silvestre como presentación e en 2015 este club centro os seus esforzos na captación de novos socios conseguindo ese mesmo ano chegar aos 80 socios incrementándose estes números ata os 102 no ano 2016, onde ese mesmo ano comezan coa escola de atletismo cos seus primeiros 20 nenos; na tempada 2017-2018 teño constancia de que este club xa conta con 50 alumnos de toda a comarca ( Meaño, Sansenxo, Vilanova, A Illa, etc..)”
Fátima Abal recalco que vén colaborando co club cunha subvención de 2.000€ que o último ano incrementouse en máis dun 67% contando neste momento cunha subvención de 3.350€ que por suposto quedou probado que foi un gran investimento despois dos éxitos alcanzados, e dixo “por suposto seguiremos colaborando en sucesivos anos e atenderemos as necesidades que o club teña dentro das posibilidades do concello e agradecer estas iniciativas veciñais que tanto achegan ao noso concello.”
Victor Caamaño na sua elocución quixo desde as súas palabras reforzar o compromiso que existe con este club e animou a todos e a todas a involucrarse co deporte xa que aínda que o atletismo adoita ser un deporte individualista tamén fomenta a competitividade, o compañeirismo e a amizade entre os mais mozos.
O presidente do Club Fernando Patricio aproveitou o acto, para agradecer aos socios, socias, alumnos e alumnas ademais dos adestradores o esforzo que teñen que facer diariamente para ser cada vez máis competitivos, abrigo recalcou o bo facer dos adestradores ANDREA BAULO E JOAQUIN RODIÑO, os cales a día de hoxe poden presumir que contan cunha gran canteira na cal se atopan nenos como ANDREA REY PADÍN que conseguiu un marabilloso 8º posto en lanzamento de peso e a LUCAS SOMOZA FEIJOO conseguindo un notable 10º posto en 50 metros lisos. Desde o club queren agradecer as achegas do concello que se viron incrementadas en mais dun 67% este último ano pero tamén solicitou melloras nas instalacións para poder realizar outras modalidades.




27 de febrero de 2018

HISTORICO PARA A VILA - PRIMEIRA CAMBADESA EN SER CAMPEONA GALEGA EN ATLETISMO













Este domingo celebrouse en Ourense o campeonato galego Benxamin,alevín e infantil en pista cuberta.
Con moito frío pero con mais gañas e ilusión partimos hacia ala.

A primeira en participar foi Celia Castro nas semifinales de 60mts ,conseguindo o 6º mellor tempo e clasificandose para a posterior final na que rematou en 6º lugar.

Logo tocoulle a Lucas Somoza en 50mts quedando a escasas 15 centésimas para entrar na final. O seu posto final foi o 10º.

Andrea Rey foi a seguinte,a pesar de levar toda a semana sin entrenar debido a un proceso gripal e gracias o seu esforzo consigue rematar en lanzamento de peso nun gran 6º posto.

Finalmente quedaba a proba no que se concentraron todas as nosas emocións, Celia Castro participaba na proba de 500 m, coa mellor marca da tempada e gran favorita ao triunfo. Con moitos nervios e tras una grandísima carreira rematou gañando e proclamandose campeona galega alevin en pista cuberta en 500 m. cunha marca de 1.32.35.

Esta medalla conseguida nun campeonato galego e un feito historico tanto para o Clube coma para o Concello de Cambados, xa que e a primeira Cambadesa que se proclama Campeona Galega no deporte do Atletismo, o que ven demostrar o bo traballo da Escola de Atletismo do C.A.Cambados-Seguros Noval e a aposta polo deporte base que, gracias ao patrocinador Seguros Noval, estamos tendo.

O Concello ten previsto facerlle un pequeno acto de homenaxe o vindeiro Sabado no Salón de Plenos que estará aberto a todos para felicitar a nosa Campeona.

O Balance final dos resultados foi o seguinte:

50 m Masculinos. Cat. Benxamín:
10º. Lucas Somoza Feijoo         8.66 seg.

Lanzamento de Peso Femenino. Cat. Benxamín
8ª Andrea Rey Padin                 4.82 m.

60 m Femeninos. Cat. Alevín
6ª Celia Castro Padín               9.28 seg.

500 m Femeninos. Cat.Alevín
1ª CELIA CASTRO PADÍN        1 min 32 seg 35 cent. (CAMPEONA GALEGA)



2 NOVOS PODIOS DOS NOSOS ATLETAS EN PADRÓN E PONTEVEDRA !!
O pasado sábado 24 de febreiro o Clube Atletismo CAMBADOS - SEGUROS NOVAL participou en dúas probas, colleitando dous novos podios por categorías de man de Juanlu García ( 1°) cun tempo de 1:00:14 no URBAN TRAIL NIGHT de Pontevedra (14km) e Rodrigo Argibay ( 2° co tempo de 17:51 que fixo nos 5k de Padrón na proba xuvenil!.


Nos 10k de Padrón os nosos atletas conseguiron os seguintes resultados:
Pablo Santos (36:41), Carmelo (37:22), Carlos Señoráns (39:30), Lores (42:16), Cándido (45:05), Sergio Soto (45:37), Jose Bioque (46:10), Kinso (47:22), Mónica (47:30) e Moncho (47:54)
No Urban Trail Night a representación cambadesa competiu do seguinte xeito:
Lucho (57:34), Juanlu (1:00:14), Rubén Núñez (1:01:04), Pintado (1:01:33), Porfirio (1:20:07) e Mica (1:20:07)



16 de enero de 2018

NOVIDADES PARA A SEGUNDA EDICIÓN DO OCEAN LAVA GALICIA A CORRER EN CAMBADOS











Este ano melloráronse os circuítos da proba


Despois do éxito conseguido na primeira edición, Ocean Lava Galicia buscará consolidarse este 2018. Sobre os mesmos paraxes que na edición de 2017, o 29 de abril disputarase a segunda edición.
O cambio de data é a gran novidade desta edición, onde a organización tivo que adaptala polo comprimido calendario de tríatlon da federación galega de tríatlon. Tentando mellorar a experiencia dos triatletas, a organización deseñaron os circuítos sobre a base dos utilizados na pasada edición, pero tratando de mellorar os aspectos os puntos débiles detectados na proba. A natación será en liña como en 2017 con saída no Porto de Santo Tomei e chegada no porto de Tragove, os dous na localidade de Cambados, coa novidade de que este ano a natación farase pola parte de fóra do peirao para que sexa unha natación moito máis limpa. No segmento de ciclismo simplifícase a ligazón evitando o primeiro tramo urbano, e sinalizando e arrombando a zona máis complicada de leste. Seguirán sendo 4 voltas, pero coa eliminación da ligazón pasan a ser 80 quilómetros. Aínda así, o segmento ciclista mellora moito coa eliminación dese primeiro tramo de ligazón. No segmento de carreira, na distancia half a ponte da Illa de Arousa seguirá sendo un dos emblemas da proba. Redúcese tamén o tramo urbano, que se fará ao principio do media maratón investindo así a orde con respecto á edición de 2017. O segmento de carreira a pé sairá de Cambados, pasando por Vilanova de Arousa ata a Illa de Arousa onde se dará volta para volver a Cambados onde estará situada a meta.



Actualmente, só está aberta a inscrición da distancia half e en caso de non alcanzarse os 200 deportistas inscritos ao 15 de febreiro, abrirase a inscrición para a distancia curta. Esta distancia abriríase en principio con soamente 100 prazas, limitando sempre en todo caso a proba a 350 inscritos entre as dúas distancias, pois un dos obxectivos da organización é a loita contra o drafting. Ademais nesta edición incorpórase como coorganizador o club Olímpico de Vedra e manterán o apoio á proba os clubs locais: club piraguismo Cambados, club ciclista do Salnés, club ciclista Cambados e club atletismo Cambados ademais da Mancomunidade do Salnés, especialmente os concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, con colaboración tanto en recursos humanos (Policía e Protección Civil) como medios técnicos. En total un dispositivo de aproximadamente 130 voluntarios, aos que tamén se unirán as agrupacións de Protección Civil de Caldas e Ribadumia. Máis información:http://oceanlavagalicia.com/ Foto e Info: Ocean Lava Galicia




4 de enero de 2018

CAMBADOS RECOLLEU MÁIS DE 2600 QG DE ALIMENTOS E MÁIS DUN CENTO DE XOGUETES POLO NADAL









O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, amosa a súa satisfacción polo éxito da campaña de Nadal que serviu para recoller alimentos non perecedoiros, típicos do Nadal, produtos de hixiene corporal e xoguetes novos ou en bo estado de uso.

Esta campaña do Nadal realizouse grazas á colaboración da Agrupación de Protección Civil de Cambados, a Asociación de Comerciantes Zona Centro, o Club Atletismo de Cambados, o Club Xuventude de Baloncesto, a empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, e todas as ANPAS dos colexios e institutos do noso municipio: Os Caeiros, Os Olmos, Santa Mariña Dozo, Arco de Fefiñáns, Con de Sete Pías, O Estanque, O Castro e A Pastora.

Nos colexios e institutos de Cambados as ANPAS recolleron ao longo de cinco días (do luns 11 ata o venres 15 de decembro) arredor de 500 quilogramos de alimentos non perecedeiros e típicos do Nadal, ademais de produtos de hixiene corporal. Este material foi recollido, ordenado e almacenado polo persoal dos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen procedeu ao seu posterior reparto entre as familias necesitadas os días 20, 21 e 22 de decembro.

En varios supermercados da nosa localidade tamén se recolleron alimentos non perecedeiros , típicos do Nadal e produtos de hixiene corporal. Foi a Agrupación de Protección Civil de Cambados quen se encargou de recollelos e entregarllos posteriormente aos Servizos Sociais do Concello. Neste caso, acadouse unha gran cantidade de alimentos, superando os 1500 kilogramos.

A empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, recolleu no seu maratón navideño solidario de actividades, realizado o 29 de decembro, máis de cen quilogramos de bebidas non perecedeira (augas, zumes, etc.) e produtos de hixiene persoal (xabón, xel, xampú, etc.), que foron igualmente doados aos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen se encarga de distribuílos entre as familias necesitadas da nosa localidade.  

Na IV Carreira San Silvestre Solidaria de Cambados do 31 de decembro, o Club Atletismo de Cambado recolleu uns 500 kilogramos de alimentos non perecedeiros, aproximadamente, e varias ducias de xoguetes. Tamén se recolleron varias ducias de xoguetes no partido do Club Xuventude de Baloncesto celebrado no pavillón do Pombal o pasado 29 de decembro.
A recollida de xoguetes efectuada nas dependencias de Zona Centro e dos propios Servizos Sociais do Concello situadas no edificio de oficinas e servizos municipais da rúa Ourense foi algo máis abundante, pois neste caso superouse o centenar de xoguetes. Os xoguetes novos ou en bo estado de uso estanse a entregar ás familias necesitadas de Cambados nestes días previos á chegada dos Reis Magos. Segundo Cordal, “tratamos de evitar que ningún neno ou nena de Cambados quede sen xoguetes, independentemente da precariedade da situación económica da súa familia”.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, agradécelle a todas as ANPAS, á Agrupación de Protección Civil de Cambados, á Asociación de Comerciantes Zona Centro, ao Club Atletismo de Cambados, ao Club Xuventude de Baloncesto e a empresa Aquafit a súa colaboración con esta campaña.
Cordal considera ademais que “entre os obxectivos desta campaña do Nadal tamén estaba transmitir á poboación cambadesa valores como a solidariedade entre veciños, sobre todo nos casos en que existen necesidades evidentes”. “Ser bo cidadán implica ser solidario e axudar aos teus veciños cando o precisan, e non só durante as festas do Nadal”.
Logo desta campaña solidaria do Nadal o Banco de Alimentos do Servizos Sociais de Cambados está practicamente cheo, tendo existencias para repartir entre as familias máis necesitadas do noso Concello durante varios meses. En definitiva, todo un éxito. 





26 de diciembre de 2017

IV SAN SILVESTRE SOLIDARIA CAMBADOS














Quedan poucas horas para pechar as inscricións na San Silvestre Solidaria de Cambados.


Como cada ano, a acción solidaria estará presente na San Silvestre Cambados. Así que, non esquezades facer entrega de alimentos non perecedoiros cando recollades o voso dorsal, ademais este ano, os que queirades podedes entregar un xoguete, para que este Nadal os Reis Magos cheguen a tódolos fogares.
Todo o recadado, irá destinado ó Banco de Alimentos dos Servizos Sociais do Concello de Cambados.
Ademais de despedir o ano pasándoo ben, podedes levarvos un dos premios os mellores disfraces.
Así que tirade de inxenio e lucide as cosas mellores galas na San Silvestre Solidaria de Cambados.



Lembrade que as inscripción están abertas ata o xoves 28 ás 23:59 horas en www.galitiming.com