Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas

30 de octubre de 2018

SAMAÍN NA BIBLIOTECA LUÍS REI DE CAMBADOS




Mañá 31 de outubro, das 17 ás 20 horas na bilioteca municipal Luis Rei celebrarase o Samaín e o Magosto, nunha xornada na que haberá castañas, xogos tradicionais, batukada, obradoiros para nenos e nenas, e doces típicos elaborados pola asociación de amas de casa Albariño.
O lugar para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal, se o tempo o permite haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos.





26 de octubre de 2017

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O SAMAÍN E MAGOSTO












A Biblioteca Municipal Luís Rei ten preparado un gran abano de actividades para celebrar o Samaín e Magosto.
Ás 17:30 horas, nos Xardíns da Biblioteca, contaremos cunha procesión funesta acompañados de Batukada. Haberá doces típicos feitos pola Asociación de Amas de Casa Albariño, castañas asadas, música e moitas sorpresas.
Ademais, celebrarase un concurso de cabazas. Haberá 3 categorías: 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º. O concurso comezou onte mércores 25 ata o luns 30 de outubro ás 23:00 horas.
Os participantes terán que subir una foto da cabaza ao facebook  “Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei” e ser seguidor da páxina. A foto de cada categoría que reciba máis “Me gusta” terá un agasallo.
Os concursantes traerán as súas cabazas durante o luns 30 de outubro para exhibilas nos Xardíns da Biblioteca durante a tarde do Samaín.
Dende a Concellería de Ensino, Deporte e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a gozar destas actividades.
Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.





25 de octubre de 2016

O CONCELLO DE CAMBADOS ORGANIZA O SAMAÍN E MAGOSTO, ESTE VENRES 28 DE OUTUBRO











O vindeiro venres 28 de Outubro vai ser finalmente a data elixida para celebrar o Samaín e o Magosto no Concello de Cambados.

A Concellería de Cultura decidíu adiantar esta actividade para que coincidise en venres e vaise a realizar na biblioteca municipal Luis Rei.

O lugar escollido este ano para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal, se o tempo o permite haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos. 









28 de octubre de 2015

CAMBADOS CELEBRA O SAMAÍN E O MAGOSTO ESTE VENRES











O vindeiro venres 30 de Outubro vai ser finalmente a data elixida para celebrar o Samaín e o Magosto no Concello de Cambados.


A Concellería de Cultura decidíu adiantar esta actividade para que non coincidise coa homenaxe que o sábado 31 se vai a realizar na biblioteca municipal en recordo do seu bibliotecario Luis Rei, falecido este verán.

O lugar escollido este ano para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal e a rúa San Francisco que se pechará ao tráfico. A partir das 17.30 horas, se o tempo o permité haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos. Maquillaxes, globoflexia, tirada de trompos, xincanas, formarán parte da programación proposta. Ademais contarán cos doces típicos destas datas grazas á  Asociación de Amas de Casa Albariño e haberá tamén, como non, castañas asadas. Para rematar a xornada contarán coa actuación da Escola de Batucada, que porá unha mesa informativa para todos aqueles interesados en formar parte da mesma.

Se o tempo non o permite, cambiarase a ubicación da festa ao pavillón do Colexio de Magariños, dado que o Salón J. Peña estará co Mercadiño das Flores.