Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de octubre de 2017

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O SAMAÍN E MAGOSTO












A Biblioteca Municipal Luís Rei ten preparado un gran abano de actividades para celebrar o Samaín e Magosto.
Ás 17:30 horas, nos Xardíns da Biblioteca, contaremos cunha procesión funesta acompañados de Batukada. Haberá doces típicos feitos pola Asociación de Amas de Casa Albariño, castañas asadas, música e moitas sorpresas.
Ademais, celebrarase un concurso de cabazas. Haberá 3 categorías: 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º. O concurso comezou onte mércores 25 ata o luns 30 de outubro ás 23:00 horas.
Os participantes terán que subir una foto da cabaza ao facebook  “Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei” e ser seguidor da páxina. A foto de cada categoría que reciba máis “Me gusta” terá un agasallo.
Os concursantes traerán as súas cabazas durante o luns 30 de outubro para exhibilas nos Xardíns da Biblioteca durante a tarde do Samaín.
Dende a Concellería de Ensino, Deporte e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a gozar destas actividades.
Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.