O vindeiro venres 30 de Outubro vai ser finalmente a data elixida para celebrar o Samaín e o Magosto no Concello de Cambados.
A Concellería de Cultura decidíu adiantar esta actividade para que non coincidise coa homenaxe que o sábado 31 se vai a realizar na biblioteca municipal en recordo do seu bibliotecario Luis Rei, falecido este verán.
O lugar escollido este ano para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal e a rúa San Francisco que se pechará ao tráfico. A partir das 17.30 horas, se o tempo o permité haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos. Maquillaxes, globoflexia, tirada de trompos, xincanas, formarán parte da programación proposta. Ademais contarán cos doces típicos destas datas grazas á Asociación de Amas de Casa Albariño e haberá tamén, como non, castañas asadas. Para rematar a xornada contarán coa actuación da Escola de Batucada, que porá unha mesa informativa para todos aqueles interesados en formar parte da mesma.
Se o tempo non o permite, cambiarase a ubicación da festa ao pavillón do Colexio de Magariños, dado que o Salón J. Peña estará co Mercadiño das Flores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.