Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de marzo de 2020

O CEIP PLURILINGÜE DE MEAÑO-AS COVAS RECIBE O RECOÑECEMENTO DE UNICEF



CEIP plurilingüe de Meaño-As Covas recibe o recoñecemento de Unicef como centro referente en educación en dereitos de infancia e cidadanía global
Trátase do único colexio galego nesta rede de 109 centros en toda España
Hoxe tivo lugar o acto de recoñecemento ao CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas como Centro Referente en Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global, outorgado por UNICEF. Este é o primeiro colexio galego nesta rede, do total de 109 centros recoñecidos en toda España. No acto participaron a presidenta de UNICEF Galicia, Myriam Garabito; a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o director do centro, Paulo Nogueira, e alumnado do CEIP.
Tal e como explicou a conselleira, é un “un orgullo que UNICEF recoñeza un colexio galego como Centro Referente na promoción de todos estes principios, dereitos e garantías. Sodes un exemplo e un espello no que mirarnos”. Neste sentido explicou que “a educación en valores que fomenten a solidariedade, a cooperación e o recoñecemento das diferenzas como unha oportunidade é unha das nosas liñas prioritarias como Consellería, dado que estes valores son indispensables para construír unha escola inclusiva”. “Inciden tamén –dixo– na mellora da convivencia escolar, outro dos nosos eixos estratéxicos de actuación”.
Carmen Pomar quixo agradecer o traballo de toda a comunidade educativa deste centro, que fai del un referente. Non en balde, ademais de ser plurilingüe, o colexio meañés participa no Plan Proxecta, no proxecto E-Dixgal e no programa piloto Bibliotecas Lía.2, a través do que este espazo se converte nun laboratorio de aprendizaxes. “Parabéns e moitísimas grazas polo voso traballo, que pon de manifesto que o ensino público de calidade no rural é unha realidade en Galicia”, dixo.

Colaboración con UNICEF

A Consellería de Educación mantén un convenio de colaboración con UNICEF para o desenvolvemento de accións conxuntas no eido educativo a prol da promoción e a difusión dos dereitos de infancia e cidadanía global. A través del facilítase o acceso dos centros de ensino aos recursos educativos e metodoloxía de autoavaliación en Educación en Dereitos de Infancia dispoñible na web de UNICEF Comité Español.
Ademais, UNICEF pon a disposición dos centros educativos os materiais de autoavaliación institucional sobre dereitos de infancia e cidadanía global e lanza cada curso unha convocatoria para recoñecer centros de ensino como referentes en Educación en Dereitos de Infancia, convocatoria dentro da que foi recoñecido o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.